Buscar neste blog

1 de xuño de 2011

O Céltiga remata a tempada con boas sensacións

 O campo Salvador Otero

[Susi Rial] O Céltiga comezaba a tempada 2010-2011 na categoría de Rexional Preferente co marcado obxectivo do ascenso a Terceira División. Pero as cousas non foron como se esperaba e, xa en xaneiro, o equipo que daquela adestraba José María Rial tiña moi difícil o ascenso. A directiva pediu entón, tanto ós xogadores coma ó corpo técnico, un cambio de actitude, pero en febreiro dimitía José María Rial alegando que o que precisaba o equipo eran aires novos. E algo de razón si que tivo, posto que tras o breve paso de “Carducho” polo banco arousán, a chegada de Manolo Núñez dou lugar ó esperado cambio. O Céltiga comezou a encadear vitorias, de tal maneira que chegou á última xornada da liga con opcións ó ascenso. Unha vitoria contra o Arousa, daríalle o pase para xogar o “play-off”, pero finalmente ambos os dous equipos empataron a dous goles. Agardaremos pois, á seguinte tempada, na que unha nova historia comezará a escribirse.

1 comentario:

  1. Pois vou ser o primeiro que o di, pero aí vai:
    NORABOA CÉLTIGA.
    A ver se a tempada que ven é toda coma esta segunda volta e volve o equipo a 3ª.

    De paso, noraboa tamén ao Baloncesto Dorna, ao Piragüismo, e ao clube de Ximnasia Rítmica, que o están a facer moi ben.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.