Publicacións

Nova ferramenta para valorar os comentarios

Imaxe
[Redacción] Despois da polémica xenerada nas últimas semanas, debido ao abuso que fan determinados usuarios da posibilidade de facer c omentarios de xeito libre e anónimo , presentámoslles unha nova ferramenta que lles permitirá puntuar de forma negativa ou positiva cada unha das opinións. A partir de agora,  atoparán ao pé de cada comentario a icona de dúas manciñas, para que voten a que consideren conveniente.

Non me dighas!

Imaxe

A enquisa sobre o POL

Imaxe
[Redacción] A xulgar polos resultados colleitados na enquisa, o Plan de Ordenación do Litoral (POL),  aprobado recentemente pola Xunta, non xenera o rexeitamento rotundo que cabería esperar, tendo en conta o posicionamento en contra que amosaron todas as forzas políticas da Arousa. A normativa do POL, que restrinxe as áreas nas que se pode construír, será recorrida polo Concello, segundo anunciou o alcalde publicamente en varias ocasións.

Fin de semana de Confirmacións

Imaxe
 Un momento da cerimonia da Confirmación, o pasado domingo [Susi Rial] A Confirmación quizais sexa o sacramento do que máis nos custa entender a súa utilidade, pero iso non evita que cada ano os novos da Illa se animen a participar nela. E é que, hoxe por hoxe, a Confirmación marca o inicio da xuventude e para moitos rapaces significa tamén a súa primeira gran saída nocturna. Por esta razón, e coa esperanza de non desviar o motivo real do sacramento, dende a igrexa da Illa decidiuse que este ano as confirmacións serían celebradas en domingo. Á parte do cambio de día, poucas diferenzas se produciron en relación con outros anos. Despois da misa, tiveron lugar as tradicionais comidas con familiares e amigos e poucos foron os rapaces que renunciaron á festa. Iso si, presúmese que foron moi poucos tamén os que o luns se presentaron no instituto.

A Illa nos mapas antigos I: o mapa de Tomás López

Imaxe
[Susi Rial] Con este artigo, comezamos unha serie na que veremos as diferentes maneiras nas que se representaba a Illa de Arousa nos primeiros mapas. Naqueles séculos, os mapas confeccionábanse a través das informacións achegadas polos exploradores, porque para determinar a forma topográfica de calquera lugar, non había máis remedio que viaxar até alí. Era un duro traballo para o cartógrafo, que ademais tiña que consultar multitude de fontes para completar toda a información.

O BNG incorpora a Rosa Núñez como número 2 da súa candidatura

Imaxe
Parte da candidatura do BNG á alcaldía da Illa de Arousa [Redacción] O candidato do BNG á alcaldía da Illa de Arousa, Carlos Otero, deu a coñecer a lista completa da súa candidatura o pasado luns, na Brasería A Salga. O acto foi presentado por Rosa Núñez, unha das novas fichaxes dos nacionalistas arousáns, que concorre por primeira vez ás eleccións municipais nun significativo posto número dous. Otero e Núñez estiveron acompañados polo deputado Bieito Lobeira, quen presentou o BNG como unha alternativa ás políticas antisociais do PP e PSOE, que “cargan o peso da crise económica nos máis desfavorecidos e priman os intereses da grande banca e do capital”. Pola súa banda, Carlos Otero referiuse á oportunidade que ten a xente de dignificar e limpar a política, botando das administracións a aqueles que as utilizan para beneficio propio ou dos seus amigos, “prácticas habituais do PP e do PSOE alí onde gobernan”. Tamén salientou a capacidade e a forza da súa candidatura para facer “política...

Vázquez presenta candidatura acompañado dos pesos pesados do socialismo galego

Imaxe
O candidato socialista, Manuel Vázquez, acompañado do seu equipo durante o mítin [Redacción] O PSOE da Illa de Arousa presentou a súa candidatura durante a Semana Santa, ante un entregado público de simpatizantes que abarrotaron o auditorio municipal. Abriu o acto Raquel Rial, número 6, en representación dos mozos que veñen de incorporarse á lista (ademais dela, Carlos Iglesias, Raquel Dacosta, Iria Dios e Luis Arosa). E pechouno o alcalde, Manuel Vázquez, que centrou a súa intervención en repasar os logros acadados durante o seu mandato. “Somos o partido que máis se parece á Arousa”, insistiu. Manuel Vázquez, que repite por 4º vez candidatura á alcadía, estivo arroupado no seu primeiro mitin da campaña polo secretario xeral do PsdeG, Patxi Vázquez, quen se referiu á Illa como “unha canteira”, un “referente para o socialismo galego”, e polo Ministro de Fomento, José Blanco, un habitual da illa nos períodos de vacacións. Blanco foi presentado por Patxi Vázquez “como o home que está fa...