O candidato socialista, Manuel Vázquez, acompañado do seu equipo durante o mítin
[Redacción] O PSOE da Illa de Arousa presentou a súa candidatura durante a Semana Santa, ante un entregado público de simpatizantes que abarrotaron o auditorio municipal. Abriu o acto Raquel Rial, número 6, en representación dos mozos que veñen de incorporarse á lista (ademais dela, Carlos Iglesias, Raquel Dacosta, Iria Dios e Luis Arosa). E pechouno o alcalde, Manuel Vázquez, que centrou a súa intervención en repasar os logros acadados durante o seu mandato. “Somos o partido que máis se parece á Arousa”, insistiu.
Manuel Vázquez, que repite por 4º vez candidatura á alcadía, estivo arroupado no seu primeiro mitin da campaña polo secretario xeral do PsdeG, Patxi Vázquez, quen se referiu á Illa como “unha canteira”, un “referente para o socialismo galego”, e polo Ministro de Fomento, José Blanco, un habitual da illa nos períodos de vacacións. Blanco foi presentado por Patxi Vázquez “como o home que está facendo de presidente de Galicia”, e así actuou o ministro durante o seu discurso, no que incluíu referencias á política local, autonómica e tamén do Estado. Unha das maiores ovacións recibiunas cando anunciou que “imos dar a batalla para gañar a Deputación de Pontevedra”. Blanco tamén se referiu ás "infamias" que houbo de aguantar desde que decidiu asentar na Illa.
Manuel Vázquez, que repite por 4º vez candidatura á alcadía, estivo arroupado no seu primeiro mitin da campaña polo secretario xeral do PsdeG, Patxi Vázquez, quen se referiu á Illa como “unha canteira”, un “referente para o socialismo galego”, e polo Ministro de Fomento, José Blanco, un habitual da illa nos períodos de vacacións. Blanco foi presentado por Patxi Vázquez “como o home que está facendo de presidente de Galicia”, e así actuou o ministro durante o seu discurso, no que incluíu referencias á política local, autonómica e tamén do Estado. Unha das maiores ovacións recibiunas cando anunciou que “imos dar a batalla para gañar a Deputación de Pontevedra”. Blanco tamén se referiu ás "infamias" que houbo de aguantar desde que decidiu asentar na Illa.
Candidatura do PSOE á alcaldía da Illa de Arousa
1. José Manuel Vázquez
2. Carlos Iglesias Cores
3. Fátima Rivas González
4. M. Dolores Folgar Vilas
5. J. Isidro García García
6. Raquel Rial Villanueva
7. Raquel Dacosta Otero
8. Alfonso Salgado Alonso
9. Iria Dios Oliveira
10. Alfredo Otero Lojo
11. Luis Arosa García.
12. Juan L. Otero Besada
13. Juliana Dios Barreiro
14. Manuel García Poza
15. Lucinda Diz Besada
Ainda me toca na familia aljún... Pero sintindoo moito, estou farto de falsas promesas.
ResponderEliminarE o bo da democracia, que podes votar a quen queiras. ;)
ResponderEliminarPois claro que si.
ResponderEliminar“Somos o partido que máis se parece á Arousa”
ResponderEliminarDesde lojo, que testarudos, pois eu a Lusita non me paresco en nada e menos a doña lola. E o sejundo de abordo que, xa acabou a carreira ou esta a esperar chollo no axuntamento. Manda carallo.
Eu penso qe vos paresedes pero a parte de Jidoiros, ou os ratos do areoso.
que pasa con Juliana?? foi tan mala concelleira? porque vai de suplente?? porque no acto de presentación que acabo de ver na internete non se lle dan nin as gracias!o alcalde bica a todos e abraza a todos con ela é moi frío! e na súa presentación só fai referencia o seu gran curriculum... é unha pena!
ResponderEliminarManda carallo 4 , manda carallo, ahora vaite a mirar a foto da ponte da braña da veiga e mira os que obtuveron un choio por sair en ela, eu asi a bote pronto conto hasta 6 .
ResponderEliminarMoi ben 6!!!!
ResponderEliminarhttp://www.ciudadanosenblanco.com/
ResponderEliminarpolo cambio na lei electoral
pareceme increible increible que poidan desir que son o partido que mais se parese a Arousa!! a xente da arousa non ten por costumbre mentir, enganar, facer falsas promesas e vender fume.... neste jrupiño a unica que é persona é Fatima se a deixasen a ela facer as cousas outro galo cantaria, pero como non é asi, que nese partido xa sabemos todos como se fan as cousas así nos vai a todos.
ResponderEliminarnon creo que Fatima sexa a mais adecuada, en cambio fagome eco do comentario 5, porque botan a Juliana? seguramente non esté de acordo coque se fai
ResponderEliminareu creo que o 10 ten razon, porque largan a Juliana sin pena nin gloria?, ata no seu facebook o PSOE cando os presentan a todos lles largan unhas flores..e o que mais ou que menos agradecenlle o traballo destes anos, a pobre Juliana nin eso, son malos ata con eles mismos, si non pensas igual xa non sirves, e a Fatima parece que non leva pero aprendeu moito destos ...
ResponderEliminarPois esta candidatura ten todo o meu apoio, porque hai un traballo no eido social neste pobo que non se mira a simple vista pero que esta dentro das vidas de moita xente.
ResponderEliminarnumero 6 e que vuscaran aljun s que non acabaron a carreira
ResponderEliminarimpresionante número 12 impresionante!!! o traballo no eido social!!! cantos concelleiros ten o ayuntamiento da illa?? todos eles adicados o eido social! eu simplemente esta vez non vou votar!! son todos iguales!!
ResponderEliminarhome, a mín eso de "para que gane tu cuidad" chegoume á alma. A finura castejana esténdese coma un virus...
ResponderEliminare que se janan os sosialistas a arousa vai ser unha ciudad
ResponderEliminar16 non por escribir con seseo eres mais galego.
ResponderEliminarpero ten mais rason 17
ResponderEliminarOs idiomas non me serven para ser máis galego ou máis inglés senón para comunicarme que é a súa finalidade última utilisando seseo ou non. Simplemente a ún lle é máis fásil espresarse como fala habitualmente.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarJuliana foi a que mellor o fixo nestes últimos anos, sen lugar a dúbidas; desde aquí quero animala a que se volva a presentar nas seguintes eleccións no sitio Fátima, penso que ela o pode facer mellor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarDiferencias inrreconciliables? Dentro dun mesmo partido? Ídelle dando, que isto promete!!
ResponderEliminarPor certo PSOE ILLA DE AROUSA... este ano tamén tirades de DVD´s? Onde están todas esas promesas publicadas hai 4 anos? Se o final, a culpa é de quen vos fai caso.
moi ben nº23
ResponderEliminarPSOE ILLA DE AROUSA.Estamos esperando respostas o comentario
22 Qué parida de comentario.
ResponderEliminarQue si ala o PSOE e malisimo, e non fixo nada, imos ter que chamar a ONCE que aqui teñen socios que non lle figuran no censo.
ResponderEliminarAínda que nos pese, debo darlle a razón ó comentario nº23. Non fomos quen de cumprir as promesas que fixemos para saír elexidos na anterior candidatura. Pero servíronnos para chegar ó poder que é o realmente importante. Este ano outras tantas, a ver se nos sigue funcionando. Por certo, xa que estamos, vamos a cambiar o nome oficial do pobo por ISLA DE AROSA, que agora aficionámonos ó castelán. Un saúdo a tod@s.
ResponderEliminarMe llena de orgullo y satisfacción ver que el numero 27 sabe suplantar identidades de una manera magistral, muchas gracias por dejarnos ver tu faceta mas demagoga y por que no decirlo puede que algo delictiva.
ResponderEliminarPor certo nº 28, ademáis de non estar moi posto en historia (Carlos I de España e V de Alemania, non Juan Carlos) vexo que non estás ó tanto da política española, xa que de demagogia e de delincuencia non anda nada mal. O nº27 non fixo máis que facer política á española...
ResponderEliminarDi o 23: «sosialiiiiiistas, ide traballare e acabare a carreira». Acaso o PP está a competir en estudios? Pois non o levan moi ben.
ResponderEliminarHai socialistas que acabaron a carreira (con esforzo, e si ao alcalde lle costou sacar a carreira, qué pasa?), e tamén hai pepeiros que non poden traballar, que os enchufes non dan pa todos. Feijoo non "acabou coa crisi en 40 días", máis ben ao revés: ésta foi a Comunidade onde máis aumentou o paro.
Do que din o 21 e 22 de que levan delincuentes, home, nesta non sei pero nas pasadas encheron as listas. E non solo na Arousa. Cantos narcos recibiron a medalla de ouro e diamantes do partido? Cantos financiaron o PP?
Para todo teñen excusa, coma o que dixo "yo no soy adicto al sexo, lo soy a las drogas", cando viron que gastara 50000 euros en saunas gay coa tarxeta da empresa pública:
http://www.publico.es/espana/251780/un-ex-concejal-del-pp-yo-soy-adicto-a-la-droga-y-no-al-sexo
Ou coma o presidente do PP de Los Cortijos que foi detido onte cando recollía casi kilo e medio de fariña:
http://www.abc.es/20110503/espana/abci-cocaina-201105031656.html
De pena que esa xente nos queira governar a todos. No PP hai boa xente, pero a raíz está podre.
Eu penso o mesmo, no Psoe hai boa xente coma Carlos, ou Alfredo ou Poza pero a raiz esta podre. La mano que mece la cuna.
ResponderEliminarEu penso que os que di 31 son boa xente, e nos tres partidos a hai, pero eso é aparte. Seguindo a pregunta do 30, cantos narcos recibiron a medalla de ouro e diamantes do BNG ou do PSdG?
ResponderEliminarQue facil e falar de maneira anónima, que facil e insultar, criticar e sobre todo descalificar, o díficil e dar a cara, o díficil e governar, e traballar para que A Illa mellore e sexa un gran pobo. Por iso sentarse diante dun ordenador e entrar nun foro, no que ainda enrriba o fas de maneira anónima, iso e demasiado facil. Por iso todos esos que ven que as cousas están tan mal na Illa por que non se esforzan un pouco e se poñen a traballar por él.
ResponderEliminarNon o fan porque eso leva tempo, hai que adicarlle moitas horas, romperse moito a cabeza, e sacrificar moitas cousas persoais para buscar o beneficio para todo un pobo, por iso adicade menos tempo a críticar e adicade un pouco mais a facer algo polo voso pobo.
Porque alguen se atreve a utilizar un nome falso e a nombrar a duas concelleiras e sobre todo a falar da vida persoal de unha delas.
ResponderEliminarCada un ten dereito a decidir sobre a sua vida, e si un decide non seguir en postos de saída nun partido será porque as suas razóns terá. Deixade de malmeter facendo comentarios absurdos, e valorade a sua traxectoria e o que aportou a este pobo neses catro anos.
Tamén outros de outros partidos se van dos postos de saída, que pasa con eles, será porque xa teñen o que querían, mellorar a sua vida persoal, e non mellorar o seu pobo e mirar polos intereses comúns de todos, e non solo polos seus propios.
Animo a todos os demócratas da Illa a que deixemos de visitar esta páxina e por suposto de escribir, o que pretenden os FACHAS é que nos poñamos á sua altura enmerdando todo, e calumniando agochados no anonimato, e por suposto a que denunciemos todos esta páxina que deixa introducir todo tipo de comentarios calimniosos e inxuriosos sin pedir identificación algunha da persoa. Como di o refran "NON HAI MAIOR DESPREZO QUE NON DAR APREZO" PASADEO
ResponderEliminaro poblema é que aquí de escoitar o que non gusta ao insulto hai un paso, e non penso que sexa un defecto de alguén concreto senón de todo mundo en xeral
ResponderEliminarpor certo 35, o teu comentario está de máis e fas todo o contrario do que predicas
35 xa que pides censura dos comentarios, podían empezar polo teu eh, tela campañeiro
ResponderEliminarpenso que a Illa necesita urxentemente un cambio e unha limpeza... máis que nada por hixiene...a parte de ser bo, tamén hai que parecelo.... poñédemesme difícil o exercicio do dereito a votar pois si recurro ó voto útil estou traizoando os meus principios!!
ResponderEliminaro psoe non trae nin unha sola proposta solo críticas o pp (que non goberna) descalificativos os integrantes da lista para dispersar a atención e ninguén lle pregunte porque non hai nada na Arousa.. e o peor q ninguén lle pregunte por que utilizan tanta merda para non perder a alcaldía, acaso teñen medo a q o que entre se encontre moitas sorpresas no concello de A Illa?
ResponderEliminaraqui acabo de ver que os do pp mellor que outros se están comportando. non vexo por que non sodes capaces a facer unha campaña limpa, dende un programa electoral e dende as ideas, socialistas de A Illa, DEFRAUDASTEDESME INDA MAIS COS VOSOS COMENTARIOS que co dvd do ano pasado.
Para min o que pasou o día que se puxo a primeira pedra da carretera de acceso e moito peor que o do DVD.
ResponderEliminarTi podes prometer cousas e non cumplilas, e norma de calquer politico, ainda que o do DVD no creia nin o tato, pero poñer a uns veciños en contra de outros por defender os seus intereses non se pode nin debe permitir, e oxala polo ben do pobo non volva pasar. Eu non estou o tanto dos trazados, contenciosos, e rollos que hai houbo. Eu so sei que si un veciño defende a sua vivenda onde vive coa sua familia, e alguns radicais e veciños a vez non lle parece ben, e que non entendo nada. So e unha cousa de sentido común, eu defendo os meus intereses ante o que creo unha inxustiza, e os politicos teñenme que escoitar, que para esto estan non para tiranme os cans a xugular.
Por eso a min cando me falan de pobo unido, dame a risa, cada un cos seus problemas que se joda. Eu teño unha filosofia na vida, o que non queiras para ti non pidas para ninguen, e a min non me gustaria que me tiranse a casa ou o negocio ou me expropiaran un terreo, seo fan teño dereito a queixarme e ninguen se ten porque ofender. Nada mais, un saudo so espero que o meu comentario sirva polo menos de reflexión.
os políticos apestades este blog!!!!!
ResponderEliminarainda que algun non debera falar sen argumentos nin formas,é bó e quizais necesario falar, non so de politica,si non de calquera tema
ResponderEliminarClaro nº40 , por un lado dis que non sabes nada de recursos nin de trazados, e por outro dis que o pobo non esta unido.
ResponderEliminarPa que che quede claro, o primeiro trazado non tiraba casa ningunha, e os artistas da sapeira puxeron o contencioso e paralizaron a carretera.
Solucion darlle uns metros mais para arriba, chabola abaixo, a mitade de cartarola tamen, e allesa tamen.
Ahora xa sabes porque o pobo nos apoiou , porque eles o buscaron , creendo que asi a carretera non se ia a facer.
Sinceramente eu non estou dacordo, creo que o que pensa distinto o que di o alcalde ou o equipo de goberno e un apestado. E recordoche que a de Cartarola queriana tirar toda, e polo menos arreglarono. Dentro duns dias vamos elixir os nosos representantes para os proximos catro anos, e estes teñen a obriga de defender os intereses dos 5000 veciños deste pobo, non so dos mais afins.
ResponderEliminarManel ainda que non revalide a maioria absoluta seguira sendo alcalde, pero na miña modesta opinión deberian cambiar a sua actitude, e facer algo de autocritica, porque para alguns todo o fan ben.
Nº 41 Non creo que sean os políticos os que apesten este medio de comunicación, quen realmente se aproveita do anonimato e lixa todo o que se lle pon por diante son os que non saben de política, e a falta de argumentos optan polas descalificacións. O sábado estaba nun bar ao meu lado había dous tipos falando de política e os argumentos eran moi parecidos a todas esas descalificacións que aparecen ás veces neste blog.
ResponderEliminarPor primeira vez puiden acceder ó blog chamado NA ILLA. Non me gustou o que alí tiven oportunidade de ler: descalificacións persoais, pouco civismo, excesivas opinións anónimas, exceso de libertinaxe á hora de escribir de xeito inapropiado...etc.
ResponderEliminarNa miña modestia opinión non creo que sexa un blog productivo para xente da Illa. Máis ben penso que axuda e potencia o enfrontamento entre visións distintas da vida na Illa e non topo moitos calificativos positivos para referirme a él.
Sí, é un blog no que se pode opinar libremente, si, é un blog con información da Illa, sí, é unha ferramenta de comunicación entre persoas dun mesmo pobo...etc, pero non é funcional, deixa de ser significativo para as persoas da Illa cando non se facilita ou promociona o entendemento entre persoas e tamén carece de poder comunicativo xa que non se sabe quen escribe os comentarios.
Para que exista comunicación deber haber un emisor (neste blog son descoñecidos a maioría), unha mensaxe (neste blog proliferan en exceso as mensaxes carentes de ser consideradas a ter en conta por calqueira persoa) e un receptor (neste blog os receptores existimos como elementos finais do proceso comunicativo pero sen reflexión nen autocrítica).
Se me permitides direi algúns aspectos que non me gustan do que sucede neste blog (sen entrar a valorar opinións nin posturas ideolóxicas):
- A información que se facilita nas opinións case sempre é escasa e pouco contrastada.
- A comunicación semella apresurada e opinamos con excesiva "mala hostia"
- Non hai temas a tratar concretos. Todo se externaliza demasiado.
- Non se respeta a opinión dos demáis.
- Os canais de comunicación aberta como este blog necesitan de mesura, reflexión e boa educación para ser útiles e funcionais.
- Resulta moi confuso atender ás opinións dos participantes xa que non se coñece o histórico de opinións de cada quen ( o excesivo anonimismo provoca que non percibamos cal é a maneira de pensar dunha determinada persoa que escribe)
- En todo intercambio de opinións (inda respetando ó máximo a liberdade de expresión) existen regras que non se deberían rebasar (suplantación de identidade, ataques persoais e familiares, comentarios sobre a saude das persoas ou a condición física...etc.)
- Creencia de que todo se sabe. É necesario maior profundización nos temas que se tratan. Poño un exemplo: A sociedade actual tende a ler a prensa sen profundidade (os titulares e novas de interese persoal), o periodista, dado o reducido espazo que lle permiten no medio de comunicación que traballa tende a profundizar pouco nos temas. Desta maneira se crean estereotipos, clixés que son moi doados de crear pero moi difíciles de eliminar. Pola contra un científico cando ten que publicar algo nunha revista ou outro medio de comunicación faino sen límite de espazo nin de tempo porque se considera que detrás do seu "escrito" hai moita profundización, moito estudo, moita reflexión e seguro que investigación. Ante esta comparación, resulta claro que o científico gaña en credibilidade.
Podería seguir pero prefiro non facelo. So, e por último, animo a que se analice, se investigue (se é necesario), se profundice e se reflexione máis antes de publicar os comentarios da maneira que se están escribindo. Desta maneira poderemos convivir nun útil blog sobre a Illa de Arousa e daremos a sensazón de ser máis creibles, serios, responsables e bos veciños.
Ahh, con este último comentario só pretendo facer unha crítica productiva. É dicir, coa proposición de que se cambie nas formas e nos modais cando menos. Se a cousa non mellora evidentemente e, sendo consecuente co que afirmo nos meus comentarios, deixarei de participar nel por conviccións persoais.
ResponderEliminarSo pretendo axudar a continuar cunha ferramenta que pode ser moi útil.
jarol cuanta razón, eres la cordura en los comentarios de este blog, yo ya lo puse en otro comentario, no me parece bien que desde el anonimato se injurie y calumnie tanto, bueno, y peor aun comentar poniendo como que eres alguien que realmente no eres... el blog estaria mejor con control de comentarios, publicar solo los de criticas constructivas y no mencionar a gente con nombre y apellidos y soltar las burradas que aquí se leen, que somos vecinos joder! y a quien le gusten las polemicas, el mal royito, el insulto... pues que mire los programas de telecinco y no se dedique a estropear la buena labor informativa de quien hace este blog
ResponderEliminarGrazas Jarol.
ResponderEliminarJaro, eres o irmán de Isidro?
ResponderEliminarParéceme aínda máis fora de tono a parrafada do amigo Jarol con ese tono paternalista e aleccionador que os insultos dos exaltados de sempre.
ResponderEliminarJarol ten razón no fondo, pero o ansia por querer quedar un escalón por encima do vulgo fai que o seu post sexa ridículo.
51 , ridículo quedas ti con ese comentario, ou sexa , que prefieres os insultos e as descalificacions anonnimas , a un comentario con mesura e firmado.
ResponderEliminaro teu e maldade, non ten remedio, e o peor e para ti. ;)
52, non entendiches nada... qué lle vamos a facer.
ResponderEliminarE, por suposto, non estou de acordo nin cos insultos nin coas faltas de respeto (como a que acabas de ter ti conmigo, 52).
ResponderEliminarSimplemente estou comentando que non me parece de recibo que me veñan a sermonear cunha pose de superioridade e paternalismo.
Sencillamente iso, entendeo se o queres entender e deixate de maldades sin remedio, anda.
...eu coincido co 51
ResponderEliminarMira 54 , que ti vexas un sermon e paternalismo no comentario , di moito de ti , el expresa a sua opinion, e de maneira moi correcta e di moitas verdades, ti interpretas que quere quedar por encima de todos, e eso di moito da tua calidade como persona, ou ben non conoces o jarold(si realmente e el) , para min , ver eso que ves ti e ter maldade.
ResponderEliminarrepitocho, o peor e para ti.
Xa estamos co de sempre. Eu son bo e os que non pensan coma mins son malísimos.
ResponderEliminarMira, voucho explicar facilísimo:
Hai cousas que son obxectivas (os insultos, por exemplo) e outras que son opinables. O feito de que a miña opinión sexa distinta da tua nin me fai malo a mín nin bo a ti.
Estamos falando da conveniencia de sermonear neste foro, non de que Jarol teña razón. Por certo, se les un pouco, que Jarol tiña razón xa o din por sentado un posts máis arriba.
A discusión son as maneiras e o tono, o tono e as maneiras... simplemente.
Se queres sacar as cousas de contexto e entendes que por non estar de acordo cos sermóns dominicais son malo e teño un problema, tí mesmo es o que se está calificando e caíndo no que pensas que defendes.
Insisto, deixa de ver maldades onde só hai opinións sobre cousas sobre as que se poden ter distintos puntos de vista.
E sobre todo, seguimos sendo todos bos aínda que opinemos :D
Home , pensei que non quedaba xente normal na Arousa....
ResponderEliminarP.S : nº 57 se che sirve de consolo no resto da ria ijualiño...e asi nos vai.
"Paréceme aínda máis fora de tono a parrafada do amigo Jarol con ese tono paternalista e aleccionador que os insultos dos exaltados de sempre.
ResponderEliminarJarol ten razón no fondo, pero o ansia por querer quedar un escalón por encima do vulgo fai que o seu post sexa ridículo"
este e o teu comentario , dis que che parece mais fora de tono o comentario do Jarold que os insultos, si ti ves mais fora de tono ese comentario , eu sigo opinando que o lees con maldade.
Todos somos bos , e todos opinamos diferente ,pero no fondo levamonos ben.
PD: ao mellor eu son mais malo ca ti.... ;)
Sorpréndeme moitísimo que me botes en cara unha cousa que, de xeito ademáis tan evidente, é unha hipérbole.
ResponderEliminarDa igual, porque no fondo pensamos o mismo... É unha cuestión de forma nada máis. Pola miña banda fin da discusión, un saúdo.
Boas, onte non puiden acceder pero hoxe teño a posibilidade de escribir algo máis.
ResponderEliminarSi, son o Harold (o que pasa é que estou acostumado a escribilo así: Jarol)
En primeiro lugar, animo a que todos poñamos o noso nick, inda que sexa inventado, para poder ter un seguimento do que cada un de nós vai dicindo e así percibir por onde van os seus comentarios e saber o que opina dos temas que van xurdindo. Si continuamos co anonimato faise difícil discutir, dialogar e intercambiar opinións.
En referncia ó compañeiro/a que afirmaba o do sermón paternalista, teño que recoñecer que, tal vez, teña razón. Cando escribo algo teño a mala costume de alargarme demáis ou dar excesivas explicacións, pero fagoo coa pretensión de que todolos participantes poidan comprender mellor o que penso, digo, afimo ou opino. Pero non podo estar dacordo coas afirmacións do compañeiro/a:
- De opinar coa intención de quedar por riba de alguén: Non o entendades así, quen me coñece saberá que son bastante aberto e modesto e sempre pretendo dar a miña opinión sen descartar nunca ás dos demáis. De feito ata procuro recoller algo dos demáis para enriquecerme.
- De sermón dominical: Non quixera, por nada do mundo, parecerme ós que soen dar sermóns dominicais.
- De paternalismo: Non o vira eu así, pero ata penso que nunca está demáis que unha persoa poida recordarlle a outras que hai unha serie de actitudes, valores e normas de convivencia que son necesarias respetar. Poder ser paternalismo, pero non creo que sexa negativo.
- De ser aleccionador: Entendo que para o/a compañeiro/a aleccionar é algo malo porque o ve como intentar amaestrar. Se o vedes así teño que pedir disculpas. Non é a miña pretensión que todo o mundo opine da mesma maneira senón que, inda con ideais distintos, poidamos construir un mellor futuro para todos.
Vedes! Xa me estou extendendo demasiado. Bueno, nada máis e un saudo para todos/as.
P.D. Espero que para vindeiras ocasións non teña que explicar sobre o que escribo e poder iniciar algún tema de debate.
Harold don´t worry, a min gostame moito leerche, para nada me parecen escritos paternalistas nin fora de lugar, parencenme comentarios feitos con cordura, respetuosos con todos os ideais, para min o bordas, rozas a perfección coas túas palabras, dende aquí...te animo a que sigas deleitandonos cos teus escritos, é un pracer leerche, en canto ao anonimato...eu prefiro seguir en el, algún día direiche o por qué cara a cara, que é como me gusta falar, unha aperta.
ResponderEliminarVeño de ler a carta que adica o PSOE aos cidadáns da Arousa e aínda flipo.
ResponderEliminar¿Quen redactou iso? ¿A supervisou algúen?
Se a chega a ler moita xente vaille facer máis mal que ben as posibilidades de repetir maioría.
Señores, hai que coidar estes detalles que as eleccións se gañan por moi pouco, e cousas coma esta restan bastante máis do que suman.
TODO O MEU APOIO PARA JULIANA e como podes ver toda a illa te apoia salvo alguns da tabla á banda
ResponderEliminarJuLIANA ESPERO QUE MELLORES!!!
adjtwm
ResponderEliminaren Vigo preto de 3000 persoas!!
ResponderEliminarhttp://www.elpais.com/articulo/espana/manifestacion/indignados/reune/varios/miles/personas/toda/Espana/elpepuesp/20110515elpepunac_12/Tes
!Atensión!...!Atensión!
ResponderEliminarAnda polo pueblo unha muller de aspecto raro, moi nerviosa e vestida rojo, que se alimenta de comerlle o tarro a diestro y siniestro. A xente está acojonada, pode entrarche na casa as 8 da mañan e salir as 12 da noite, cunha continua comedura de tarro hasta que cree ter conseguido o seu obxetivo. Moito vesiños xa estan coljando jabotas das portas, din que así, se espanta a xa non entra. O mellor do asunto, e que sólo pasa cando ahi que ir votar o resto do tempo non se acorda de nadie.
Segjiremos informando.
Creo que vin a esa muller en algun sitio, quixen alertar a xente que estaba conmigo, pero cando me din de conta estaban todos no allo. Tende moito coidado, pode chegar a actuar rápido cando lle ten conta. O seu aspecto pode variar moito dun dia a outro, depende das veses que vaia a peluqueria, e podedela atopar nos lugares que menos o esperas, tanto paseando pola porta da tua casa coma dando unha volta por jradín, ou espatalada na playa. Tede coidado, repito, tede coidado!
ResponderEliminarBueno bueno no que os do PP non andan por aí. Haise que joder, ainda o outro día vin o number one jodendolle a cabasa a familiares meus e a eses si que lle ai que ter medo!!
ResponderEliminarMema é como unha secta, o que entra non sale!! Jajajaj desde lo. É a parte tanto que desides que hai que dar a cara e poñer o seu nombre en ver de anonimo,que carallo eque nin vos vos enterades psss..
jajajaja eu non din o nome de ninguén, e non quero dar o meu, nin lle faltin o respeto a nadie. Están os nervios tesos por aqui polo que vexo..
ResponderEliminarQuero informar a todas as persoas que escriben neste foro que prácticamente todos os comentarios que falan mal do PSOE saen da mesma IP, que quere decir que se escriben no mesmo ordenador, eu vou a facer unha aposta casi segura o que escribe polo PP é Alberto o de Purita que vos parece? Creo que non me equivoco ji, ji, ji Alberto estás jodido da cabesa
ResponderEliminarEste último anónimo 69 polo que dí parece que fala en nome de "na Illa". Si non é así está a usurpar a titularidade do Blog, o que sendo básicamente de mal gusto ofrece indicios de delicto
ResponderEliminarSuponse que si realmente dispoñen das IP serían únicamente eles os que as teñen e o comentario publicaríano non como "anónimo" senon como "na Illa", do contrario estase a nomear a unha persoa polo feito de descalificala sin máis.
O do 69,
ResponderEliminar!non se pode ser mais ignorante!
Pedazo bulto!!
Estou destes comentarios ata o Carallo, sean do partido que sean, pero os do Psoe, sinto decilo, sodes os peores., Joder..
Todo o dia levo escoitando o coche altavoz prometendo cousas como devolver as pensions os que non cotizaron (non sabia que Manel tiña esas competencias), ou quitar o imposto que queren meter as bateas (cando portos subeu as tasas o 300% non dixeron nada), ou mellorar a sanidade, publica eso si. Discurso facilon, simplista e sin calado politico. Nada sobre o futuro, e alusions os malos que son os outros. Que campaña mais triste.
ResponderEliminar