A Arousa acada os 5.000 habitantes

[Redacción] Nin un máis, nin un menos. A Illa de Arousa conta na actualidade cun censo oficial de 5.000 habitantes, de acordo cos datos que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estadística . Esta cifra supón un incremento da poboación en 18 persoas con respecto ao 2009, pero non logra a ansiada meta demográfica que lle permitiría ao Concello ascender de categoría, e aumentar así o seu financiamento. Na enquisa que publicamos hai uns días sobre este tema, a maioría das persoas que participaron consideraban a consecución dos 5.000 habitantes un fito relevante. Faltounos un [Manuel Suárez Nieto] Despois da lotaría, hoxe o BOE publica o Real Decreto 1612/2010, de 7 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación referidas a 01/01/2010. Xa somos 5.000 veciños. Estes dados, como xa apuntáramos , valen, entre outras cousas, para fixar a participación nos fondos do Estado e tamén para establecer o número de concelleiros que compoñen a corporación municip...