Publicacións

Descontento coa proxección mediática

Imaxe
[Redacción] Ningunha das enquisas realizadas ata o momento foi tan rotunda coma esta, sobre a representación da Arousa nos medios de comunicación. O 95% dos participantes están descontentos coa imaxe do pobo arousán que reflicten os medios de comunicación. Temporais, sucesos, narcotráfico e campañas marisqueiras adoitan ser os temas recorrentes nos que aparece enmarcada a ínsula, cando é noticia nos grandes medios. As delegacións locais da prensa galega, con sede central en Vilagarcía, adoitan cubrir un rango de temas máis variado e cercano ás necesidades dos veciños, pero aínda así, contemplan a comarca enteira, coa Arousa incluída, dende a lonxanía, como se se tratase da periferia da “Vila”. Por outra banda, non é raro que moitas das reportaxes referidas á Arousa deixen un pouso de prexuízos, que se moven entre a fascinación antropolóxica, a condescendencia e o descoñecemento. Nalgunha ocasión, xa temos falado aquí da visión mediática ( Cen por cen illa ; caso Willisch ) e, na mes...

A Illa prepárase para vivir sen fume

Imaxe
[Susi Rial] Continuas subas, prohibicións cada vez máis estritas de fumar en lugares públicos... as continuas medidas do goberno relacionadas co tabaco están creando un cerco ó fumador, que cada vez ten que agudizar máis a imaxinación para gozar dun cigarro. O feito de que calquera paquete de tabaco, incluso as marcas clasicamente máis accesibles, acadasen altos prezos, fixo que na Illa cada vez sexa máis habitual que os fumadores se pasen ó tabaco de lear, máis económico, pero tamén con necesidade de accesorios "extra", como filtros, papel e ata un sofisticado aparello que axuda a facer o cigarro de maneira perfecta en apenas uns segundos. A nova lei antitabaco prohibirá fumar en calquera lugar público, incluído bares de tódolos tamaños, a partir do 1 de xaneiro, aínda que estará permitido na noite de fin de ano. Serán as últimas festas de Nadal nas que se fume nos bares. A partir de aí, os cafés, as partidas de cartas e os "cubatas" nos bares e cafeterías, non po...

Canda a lotaría

Imaxe
Nenos á entrada do auditorio [Manuel Suárez Nieto] Pois si, o Consello de Ministros non para. Estragóuselles a ponte, a eles e a algúns máis. O pasado venres 3 de decembro aprobou o “ Real Decreto Lei de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar de forma inmediata o investimento e a creación de emprego ”; máis unha, das xa moitas medidas que non conseguen os obxectivos para o que foron ditadas, baixar o desemprego. Todo a estribor, voga de couso na política económica. Séguese o ronsel das medidas propostas pola doutrina neoliberal, que non deixaron de poñerse en práctica dende finais da era Felipe González, con Pedro Solbes como Ministro de Economía, quen continuou coas mesmas de volta no goberno, aló polo 2004, moi na liña das preocupacións de Rato e do seu temor ao “tsunami regulatorio”. Pero nese Consello de Ministros houbo máis. Tamén se aprobou, coma tódolos anos, a proposta do Ministerio de Economía e Facenda, o RD que declara oficiais as cifras de p...

De cando a roupa se botaba ao clareo

Imaxe
O  río da Abilleira [María García] Os maiores de 40 anos acordaranse de que non sempre se lavou a roupa na lavadora. Antes de que este bendito aparello entrara nas nosas casas, eran as mulleres as que ían ó río a lavar a roupa; non é que foran a un río a lavar, é que así se lles chamaba ós puntos onde había lavadoiros con pozo. Nos lavadoiros xuntábanse a diario moitas mulleres, así que había que madrugar para coller sitio. As que chegaban máis tarde tiñan que esperar a que algunha madrugadora acabara de lavar. Era o lugar de rexouba por excelencia; as mulleres non ían ás cafeterías, non ían andar, pero no río tamén se fasía “vida social”.

Pisos pantasma

Imaxe
Pisos á venda na Avenida da Ponte [Susi Rial] A aprobación do PXOM na Illa de Arousa, en febreiro de 2002, marca o inicio dun proceso de construción masiva. O ordenamento do urbanismo na Illa daba lugar á posibilidade de edificar e moitos construtores, promotores e inmobiliarias non tardaron en sentirse atraídos polo potencial da nosa Illa. O fenómeno da "burbulla inmobiliaria" tamén tivo lugar aquí, e o seu resultado é un exceso tal de oferta de vivenda, que non pode ser abarcada polo mercado. A consecuente crise económica mundial chegou a finais de 2007, chegando a fin do proceso. Cabe preguntarnos qué ocorrería se este fenómeno durase máis tempo, chegaría a converterse a Illa nunha vila pantasma?. Polo momento, quedounos unha morea de pisos inhabitados, eternamente á venda. Edificios enteiros cheos de frialdade e de eco retumbando. Sen cortinas, sen luces prendidas, sen nada. Poderíase pensar que isto débese á época do ano na que estamos, na que case non hai turistas. Per...

A visibilidade do Igafa, e da FP

Imaxe
  O Igafa, visto desde o mar [Manuel Suárez Nieto] Se facemos unha pescuda no buscador de na illa co termo "Igafa", o primeiro que nos sae é unha entrada do 2008 , na que se denuncia a invisibilidade do instituto na rede e a imposibilidade de consultar a oferta formativa e os proxectos de investigación que se estaban a levar a cabo. Afortunadamente, isto mudou. Dende febreiro de 2009, está rexistrado o dominio www.igafa.es . Unha web, ben bonita e entretida por certo, na que se pode atopar toda a información. A Formación Profesional avanzou de xeito importante no sistema educativo español. Aquela FP marxinal e sen recursos pasou á historia, aínda que é frecuente escoitar algúns tertuliáns que non se puxeron ao día reproducir argumentos do pasado. Hai ciclos formativos cun nivel moi alto, do que os alumnos saen con altas capacidades para o desenvolvemento de profesións cualificadas. Sería unha pena que este camiño comezado fai algúns anos e ao que tanto esforzo se ten ded...

O mantemento do Chufre

Imaxe
[Susi Rial] O Chufre é o centro neurálxico da vida pesqueira da Illa, así como o lugar máis visitado polos turistas nos meses de verán. Aínda con iso, e unha vez máis, a iniciativa de limpar os seus fondos tivo que chegar dende o colectivo das mariscadoras. Grazas á súa boa organización e ó seu compromiso firme por coidar, manter, vixiar e limpar as praias, as mariscadoras aproveitaron as grandes secas para a limpeza do Chufre, mediante quendas de grupos de mulleres nas fins de semana. Entre o lixo retirado, había moito expulsado polo propio mar durante os temporais, por iso non deixaba de sorprender o número de pneumáticos aparecidos procedentes dos barcos, así como cordas, taboleiros de tódolos tamaños e todo tipo de botes e fragmentos de diferentes materiais. No contorno do Chufre e do Naval sempre se foi á seca. Agora, mediante esta limpeza, espérase que aumente a produción marisqueira nestas zonas. A pesar da cantidade de lixo retirado, presúmese que non se chegou nin á metade...