Publicacións

Pisos pantasma

Imaxe
Pisos á venda na Avenida da Ponte [Susi Rial] A aprobación do PXOM na Illa de Arousa, en febreiro de 2002, marca o inicio dun proceso de construción masiva. O ordenamento do urbanismo na Illa daba lugar á posibilidade de edificar e moitos construtores, promotores e inmobiliarias non tardaron en sentirse atraídos polo potencial da nosa Illa. O fenómeno da "burbulla inmobiliaria" tamén tivo lugar aquí, e o seu resultado é un exceso tal de oferta de vivenda, que non pode ser abarcada polo mercado. A consecuente crise económica mundial chegou a finais de 2007, chegando a fin do proceso. Cabe preguntarnos qué ocorrería se este fenómeno durase máis tempo, chegaría a converterse a Illa nunha vila pantasma?. Polo momento, quedounos unha morea de pisos inhabitados, eternamente á venda. Edificios enteiros cheos de frialdade e de eco retumbando. Sen cortinas, sen luces prendidas, sen nada. Poderíase pensar que isto débese á época do ano na que estamos, na que case non hai turistas. Per...

A visibilidade do Igafa, e da FP

Imaxe
  O Igafa, visto desde o mar [Manuel Suárez Nieto] Se facemos unha pescuda no buscador de na illa co termo "Igafa", o primeiro que nos sae é unha entrada do 2008 , na que se denuncia a invisibilidade do instituto na rede e a imposibilidade de consultar a oferta formativa e os proxectos de investigación que se estaban a levar a cabo. Afortunadamente, isto mudou. Dende febreiro de 2009, está rexistrado o dominio www.igafa.es . Unha web, ben bonita e entretida por certo, na que se pode atopar toda a información. A Formación Profesional avanzou de xeito importante no sistema educativo español. Aquela FP marxinal e sen recursos pasou á historia, aínda que é frecuente escoitar algúns tertuliáns que non se puxeron ao día reproducir argumentos do pasado. Hai ciclos formativos cun nivel moi alto, do que os alumnos saen con altas capacidades para o desenvolvemento de profesións cualificadas. Sería unha pena que este camiño comezado fai algúns anos e ao que tanto esforzo se ten ded...

O mantemento do Chufre

Imaxe
[Susi Rial] O Chufre é o centro neurálxico da vida pesqueira da Illa, así como o lugar máis visitado polos turistas nos meses de verán. Aínda con iso, e unha vez máis, a iniciativa de limpar os seus fondos tivo que chegar dende o colectivo das mariscadoras. Grazas á súa boa organización e ó seu compromiso firme por coidar, manter, vixiar e limpar as praias, as mariscadoras aproveitaron as grandes secas para a limpeza do Chufre, mediante quendas de grupos de mulleres nas fins de semana. Entre o lixo retirado, había moito expulsado polo propio mar durante os temporais, por iso non deixaba de sorprender o número de pneumáticos aparecidos procedentes dos barcos, así como cordas, taboleiros de tódolos tamaños e todo tipo de botes e fragmentos de diferentes materiais. No contorno do Chufre e do Naval sempre se foi á seca. Agora, mediante esta limpeza, espérase que aumente a produción marisqueira nestas zonas. A pesar da cantidade de lixo retirado, presúmese que non se chegou nin á metade...

A enquisa do mexillón: nin si, nin non

Imaxe
[Redacción] A 40 céntimos o pequeno; 70 céntimos, o normal, e 85, o grande. Eis o prezo medio aproximado ao que os produtores están a vender o mexillón na actualidade. O prezo do molusco mantense en niveis aceptables e a demanda do mercado responde, logo da vaga de toxina que mantivo pechados a maioría dos polígonos de bateas o pasado mes de setembro. Os mexilloeiros reciben así un pulo, para pechar un ano que destacou pola crise do Consello Regulador do Mexillón, a institución encargada de implantar a denominación de orixe. Por unha banda, a Consellería do Mar recurtou a mínimos históricos o orzamento do Consello, cuxo principal gasto é o mantemento dos axentes controladores do produto nos peiraos; e por outra banda, o Tribunal Superior de Xustiza anulou o regulamento da denominación de orixe, sentenza que foi recorrida polo Consello e que agora mesmo está pendente de resolución. Con estas dúas frontes abertas, o sector encara un ano de incógnitas, sen unha visión unánime sobre o fut...

Garzas urbanas

Imaxe
[Susi Rial] Cada vez é máis habitual ver na beira do mar, nas praias preto das nosas casas, esta maxestosa ave. As garzas viven en bandadas nos cons preto de Carreirón. Pero vese que, de cando en vez, algunha se afasta do grupo, ou se extravía, e quizais animada pola presenza de outras aves como os patos, fica a vivir preto de nós. E iso é o estraño, porque, polo xeral, son animais esquivos que nin sequera gustan das miradas da xente pousadas nelas. Pero aí aparecen, dende o Chufre ata a Salga, cada vez dunha maneira máis frecuente. Adoitan estar dúas especies: a garzota común, máis pequena e de cor branco inmaculado; e a impresionante garza real, de cor agrisada e duns 90 centímetros de lonxitude. A cotío aparecen estáticas sobre un con ou nun peirao, ou cazando algunha presa que xantar, cando hai marea baixa. En calquera caso, semella que estas fermosas aves están descubrindo, ó igual que moita xente, o ben que se vive na Illa de Arousa.

Un adianto sobre o 'Entroido na Arousa'

Imaxe
[Redacción] Logo de moito tempo de traballo , Antonio Millán ofrece o sábado ás 19.00 horas un adianto do libro "Entroido na Arousa", que el mesmo está preparando, en colaboración co fotógrafo Miguel Chazo. O acto consistirá nunha pequena presentación dos contidos e mais a proxección de fotografías, antigas e recentes, do Carnaval arousán. Os autores agardan que a obra poida estar lista para a  venda nos vindeiros meses.

Informe do Consello de Contas: a débeda

Imaxe
Fonte: Consello de Contas [Manuel Suárez Nieto] Seguindo co resumo das últimas contas municipais fiscalizadas polo Consello de Contas, nesta ocasión, examinamos a débeda e mais o apartado referido ao resultado. O Concello da Arousa acumula unha débeda viva a longo prazo -basicamente herdada da segregación- de 1,3 millóns de euros, case 227 millóns das antigas pesetas. En canto ao resultado, foi positivo, como xa dixemos, froito dos elevados ingresos, fundamentalmente das transferencias e subvencións por habitante. En xeral, o do 2007 foi un orzamento froito da conxuntura económica e política do momento.