Buscar neste blog

22 de nov. de 2010

A enquisa do mexillón: nin si, nin non


[Redacción] A 40 céntimos o pequeno; 70 céntimos, o normal, e 85, o grande. Eis o prezo medio aproximado ao que os produtores están a vender o mexillón na actualidade. O prezo do molusco mantense en niveis aceptables e a demanda do mercado responde, logo da vaga de toxina que mantivo pechados a maioría dos polígonos de bateas o pasado mes de setembro. Os mexilloeiros reciben así un pulo, para pechar un ano que destacou pola crise do Consello Regulador do Mexillón, a institución encargada de implantar a denominación de orixe. Por unha banda, a Consellería do Mar recurtou a mínimos históricos o orzamento do Consello, cuxo principal gasto é o mantemento dos axentes controladores do produto nos peiraos; e por outra banda, o Tribunal Superior de Xustiza anulou o regulamento da denominación de orixe, sentenza que foi recorrida polo Consello e que agora mesmo está pendente de resolución. Con estas dúas frontes abertas, o sector encara un ano de incógnitas, sen unha visión unánime sobre o futuro. Na nosa enquisa,  que rexistrou nesta ocasión unha baixa participación, un 50% considera que a situación mellorará no 2011, e outro 50% pensa que non.

2 comentarios:

  1. O problema do mexillon somolos bateeiros, esta moi ben votarlle a culpa as fabricas, as importacións, a tóxina ou a quen queiramos. O precio poñemosllo nos, si nos o regalamos e porque non sabemos mais. E mentres andemos todos polas esquinas roñando e protestando que non hai mais que pagos e que cobramos os oito meses seguiremos asi. Este ano regalounos a tóxina, a natureza e mais lista ca nos, senon o mexillon iria mais barato ainda, e que conste que eu tuven a batea cerrada e teño a maioria do mexillon no mar ou parte del no fondo da ria. Mentres non nos organicemos como estivemos non hai moito seguiremos asi petando polas portas, e regalando o noso traballo, pero non vexo a ninguen con iniciativa nin con paciencia para poñer dacordo a tanto cabeza cadrada. Primeiro hai que barrer os lixos dentro da casa, para ir con forza contra as importacións e contra o fraude.

    ResponderEliminar
  2. Cando puxen regalounos quero dicir regulounos, no plan de que regulou a extracción por zonas. Non quero que se interprete que digo que a tóxina e un regalo nin moito menos.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.