Buscar neste blog

16 de nov. de 2010

Informe do Consello de Contas: a débeda




[Manuel Suárez Nieto] Seguindo co resumo das últimas contas municipais fiscalizadas polo Consello de Contas, nesta ocasión, examinamos a débeda e mais o apartado referido ao resultado. O Concello da Arousa acumula unha débeda viva a longo prazo -basicamente herdada da segregación- de 1,3 millóns de euros, case 227 millóns das antigas pesetas. En canto ao resultado, foi positivo, como xa dixemos, froito dos elevados ingresos, fundamentalmente das transferencias e subvencións por habitante. En xeral, o do 2007 foi un orzamento froito da conxuntura económica e política do momento.
 
O Concello da Arousa rexistrou no 2007 un endebedamento por veciño de 278 euros, unha cantidade menor cá do exercicio anterior, que foi de 293 euros. Porén, superou amplamente a media do endebedamento per cápita do grupo de concellos de menos de 5.000 habitantes, fixada en 125 euros.
En porcentaxes, a débeda total sobre ingresos correntes no 2007 foi do 36,6%. A lei fixa o límite máximo de endebedamento no 110%, se ben este ano o goberno do estado, dentro do paquete de medidas de saneamento do sector público, fixou o límite de endebedamento máximo para os concellos no 75% dos ingresos correntes. Debemos ter en conta que os mencionados dados corresponden ao 2007. Os ingresos actuais son considerablemente menores, polo que a porcentaxe de endebedamento é maior. Aínda así, lonxe dos límites.
A carga financeira do orzamento, pago de intereses e capital da débeda a longo prazo, foi de 135.000 euros, 32.660 e 102.384, respectivamente.

Resultado
O resultado orzamentario do exercicio e o axustado foron positivos, ao igual que o remanente de tesourería para gastos xerais. Tamén foi positivo o aforro neto ao fin do exercicio, calculado cos dereitos e obrigas recoñecidas netas. O índice de dependencia financeira (relación entre os dereitos recoñecidos das transferencias a recibir e o total dos dereitos recoñecidos netos) é do 83%.
En xeral, o orzamento municipal non cumpriu coas previsións de ingresos e gastos. A modificación do orzamento de gastos foi do 62,3%, mentres que a media do grupo foi do 36,01 %.
Os dados aquí expostos amosan unha foto fixa. Sería preciso a análise dunha serie histórica para ver as diferentes tendencias.

5 comentarios:

  1. E sin contar a compra das casas de Goday-Campaneiro...400.000€

    ResponderEliminar
  2. Está o noso concello dentro dese grupo de entidades locais que tamén teñen un tremendo pufo con Sogama?

    ResponderEliminar
  3. ¿A debeda da segregación vai a ser a disculpa do despilfarro municipal toda a vida? O concello mais endebedado por habitante dos que aparecen na tabla.

    ResponderEliminar
  4. ¿Que se fixo con todolos cartos das licenzas de obra e da especulación inmobiliaria? ¿quen se beneficiou?

    ResponderEliminar
  5. E as facturas que Goday tivo que reclamar e cobrar por vía xudicial e ainda por riba con intereses!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.