Publicacións

Todos os nomes

Imaxe
A Consulta-O Cortixo [Susi Rial] Adoita pasar na Illa que os donos non lles elixen os nomes ás cousas, senón que son os nomes os que os escollen. Ou, mellor dito, a xente. Aí está o caso do Cortixo. Quixo a casualidade que o seu local fose durante moitos anos a consulta do médico. E de aí, o bocadillo de pinchos sempre se foi buscar á Consulta e nunca máis ó Cortixo. Ou o caso do Saratoga. É un dos bares máis antigos da Illa e o seu polbo é moi apreciado entre os nosos visitantes. Pero os seus incondicionais sempre che proporán ir tomar unha chiquita ó Bar Suso. Mención especial merecen os bares atendidos por mulleres. Neses casos, os alcumes preferidos son os nomes de dúos musicais femininos, ó estilo de "As Ghrecas" ou "Asúcar Moreno". Por que ocorre isto? Quen sabe! Quizais é debido á nosa memoria colectiva, que nós mesmos asumimos como a maior das sabedorías. Por iso, cando a unha persoa de certa idade lle digas, "vou ata o Moucho", pode que che mire...

Muiñeira da Arousa

Imaxe
O grupo de Dorna, o Día das Letras Galegas O grupo de música tradicional da asociación Dorna pecha o curso este domingo, cun festival que terá lugar no auditorio municipal, as 20.30 horas. Entre o repertorio, destaca a Muiñeira da Arousa, musicada por Dorna e composta de varias coplas recollidas da tradición oral carcamana. Como verán, as letras son comúns a moitas cancións populares galegas, pero hai unha estrofa, a última, na que se recolle a especifidade arousá, cun enfrontamento de "barbas" entre San Xulián, o patrón carcamán, e San Amaro, o patrón dos caliveras. O mellor será, claro, que a vaian escoitar en directo. Muiñeira da Arousa O gaiteiro de Saiar foi tocar a Redondela deixou a gaita no Grove agora chora por ela E véndeme os bois e véndeme as vacas e non me vendas a cunca das papas [volta]

O motor do Comaira

Imaxe
O motor, tal e como estaba no barco cando foi cedido para a súa restauración no 2008 O  Barreiros Diesel do Comaira foi inscrito na Pobra en 1974 O resultado final, logo de tres semanas traballando nel O  galeón Comaira navegaba, na súa etapa de barco bateeiro, propulsado por un mítico motor Barreiros Diesel A90, que orixinalmente debeu pertencer a un camión, e  logo foi adaptado para o mar, segundo o convencemento da persoa que o acondicionou. Nas imaxes poden ver o "antes" e o "despois" da máquina  tras un proceso que requeriu un rascado profundo e aplicación de imprimación e  de pintura. Tamén houbo que arranxar o enfriador, que estaba atascado. O grupo de mozos arousáns que está a restaurar o  antigo Comaira prepara para este verán varias actividades para obter financiamento e continuar coa posta a punto do barco. Quedan pendentes a montaxe do motor e a instalación eléctrica, para a que se precisan arredor de 3.000 euros, así como a construción da p...

O día dos matrimonios de longa duración

Imaxe
 Os familiares dos matrimonios homenaxeados participan na celebración  A alfombra floral de costume, no Campo Unha vez máis, toca deixar constancia da celebración, o pasado domingo, do "Sacramento", a festa relixiosa coa que os matrimonios da Arousa celebran os 40 anos de casados. Nesta ocasión, foron 14 as parellas que decidiron xuntar á familia á mesa con motivo das súas vodas de ouro, algunhas menos ca en anos anteriores ( 2008 , 2009 ).

Os usos efémeros da nova estrada do Chufre

Imaxe
Ciclistas gozando da estrada en obras [Susi Rial] Dende hai xa algúns anos, as obras de construción da nova estrada do Chufre son un tema polémico, discutido e moi negociado. Tivo que pasar por riba de elevados custos, tanto económicos como medioambientais, así como das mobilizacións veciñais de aqueles que máis tiveron que sacrificar polo ben común. Pero hoxe, a estrada que une o Bao co peirao do Chufre é xa unha realidade. Tanto, que se estima que despois do verán se abrirá ó tráfico e serán 7.800 coches ó día os que retirará das estreitas e tortuosas rúas da Illa. Pero mentres non chega ese momento, a nova estrada xa está a ser utilizada. Coa chegada do bo tempo e durante a fin de semana, cando cesa o ruído das máquinas e os berros dos obreiros, a nova estrada convértese nun traxecto privilexiado para todo tipo de paseantes. Nenos en bicicleta que van á praia, xente facendo deporte,... e todo tipo de usuarios que poden admirar, ó longo de tres quilómetros, unha perspectiva da costa...

O patente

Imaxe
 Un mariñeiro dándolle  patente á dorna no Portiño [Información corrixida] Na fala mariñeira, chámaselle "patente" ao recubrimento que se aplica na obra viva das embarcacións, é dicir, na parte que se mergulla no mar, para evitar que se adhiran ao casco parásitos e estercos. Dar patente é un traballo que forma parte do mantemento habitual dun barco, sexa de madeira, poliéster ou ferro, e convén facelo unha vez ao ano.

Xuntanza da familia Goday na Arousa

Imaxe
Os descendentes de Juan Goday Gual , o industrial procedente de Canet de Mar (Barcelona) que montou no século XIX un próspero negocio conserveiro en distintos puntos das rías galegas, reuniranse o 7 de agosto na Illa de Arousa. A xuntanza, que xa se celebrou por primeira vez en Muros no 2008, quere poñer en contacto a familiares espallados por distintos lugares, entre outros, Cataluña, Madrid e varias vilas galegas. O programa inclúe actos relixiosos, unha visita guiada ao Museo da Conserva -unha das primeiras fábricas fundadas por Juan Goday- e unha conferencia sobre a industria conserveira, a cargo de Xoan Dopico. Desde o Grove, os descendentes da familia van facilitando todos os detalles do encontro neste blog .