Publicacións

¿Quen será o próximo alcalde?

Imaxe
Escudo oficial do Concello da Illa Este ano non presentaron listaxes nin Esquerda Unida nin os Independentes. Estas son as tres únicas candidaturas que concorren ás próximas eleccións municipais: BNG : 1. Carlos Miguel Otero Chaves , 2. Tomás Cores Dios, 3. Antonio Millán Torrado, 4. María Fátima Prieto Allo, 5. Marta Fontenla Torres, 6. Adelino Santamaría Iglesias, 7. María Luisa Rial Guillán, 8. Julián Dios Dacosta, 9. Evaristo Bouzón Silva, 10. Xoan Carlos Piñeiro Insua, 11. José Andrés González Pena. Suplentes : 1. Maruxa do Carme Núñez Outeda, 2. Virginia Otero Piñeiro, 3. Víctor Otero Outeda. ............... PP : 1. Juan José González Vázquez , 2. Zoila Paz Dacosta, 3. Ramón Ferro Dios, 4. Diana Rios Dios, 5. Carlos Alberto Pouso Otero, 6. Caterina Otero Núñez, 7. Daniel Pouso Dios, 8. Juana María Suárez Paz, 9. Santiago Otero Blanco, 10. Rosa Ana Viñas García, 11. Jose Antonio Mouro García. Suplentes : 1. María Esther Otero Nieto, 2. Alberto Paz Nine, 3. Ana Belén Rial Nieto, 4....

Comeza a tempada de regatas de dornas a vela

Imaxe
Calendario das regatas de dornas a vela que se celebrarán na ría de Arousa nos vindeiros meses Xuño Día 9 III Trofeo Fasquía, na Illa de Arousa, organizada pola Asoc. Fasquía. Día 16 Regata da Area Seba, no Grove, organizada pola A.D. Meca . Día 30 XXIII Volta á Illa de Arousa, organizada pola A.C. Dorna. Unha das regatas máis longas no seu percorrido. Xullo Día 14 Regata dos faros, no Grove, organizada pola A.D. Meca. Abarca tres faros no noroeste da ría. Día 21 Regata da dorna, en Ribeira, organizada por Lajareu por Barlovento . Agosto Día 4 Regata do Bao, na Illa de Arousa, organizada pola A.C. Dorna. A saída efectúase desde terra, co pau na man e a vela sen montar. Día 18 VIII Regata do Albariño, en Cambados, organizada pola C.M. Salnés. Faise ao mediodía e adoita quedar en calmada. Día 25 Regata Calmoseira, entre Cambados e a Illa. A máis nova en chegar ao calendario, organizada pola asociación Calmoseira , que está a traballar na recuperación do galeón “Avelino e Manuel”.

O libro máis agardado

Imaxe
Á fin podemos ver editado o libro sobre a historia da Illa que prepararon o historiador Vila Fariña, gran coñecedor dos aconteceres do pasado da comarca do Salnés, e Xoan Dopico. Esta completa obra de investigación, que partiu dos traballos xa realizados polo finado Manolo Lojo, levaba anos agardando a súa publicación, e constitúe o único compendio sobre a historia da vila arousá existente na actualidade. O Concello vai distribuír un libro por cada casa. Benvido sexa.

Stoichkov dálles unha alegría aos Carcamáns Celestes

Imaxe
Stoichkov á súa chegada á Arousa Lequi acompañado dun seareiro e co libro sobre a historia da Illa na man ¡Quen ía pensar, nos mellores tempos de Stoichkov como xogador do F.C. Barcelona, que algún día pisaría a Arousa! Pois fíxoo o pasado 16 de maio, como adestrador do Celta, convidado á cea anual que organiza o grupo de seareiros celtistas Carcamáns Celestes. O búlgaro chegou á Illa acompañado dos xogadores Cannobio e Lequi, ante a expectación de nenos e non tan nenos. A Illa conta cunha gran afección ao club de fútbol vigués. O grupo Carcamáns Celestes conta con 426 socios (case o 10% da poboación da Illa) que comparten 130 carnés de abonados que lles permiten acudir en quendas a Balaídos cada quince días.

De profesión, "sus labores"

Imaxe
Baixo a declaración profesional de “sus labores”, socialmente ben vista, moitas mulleres da Arousa ocultaban nos padróns municipais o seu traballo nas conserveiras. Con este novidoso enfoque, Daniel Vázquez Saavedra analiza o impacto que tivo a industria conserveira na organización do traballo na Illa de Arousa, incluíndo as “amas de casa” dentro da poboación activa. A investigación, titulada O impacto da industrialización na Illa de Arousa , 1889-1935 , contén moitos datos de interese para todos os interesados no estudio da historia da Illa, desde censos de poboación e de fábricas, ata rexistros sobre as loitas agraristas e sindicalistas. Antiga fábrica de conservas na Arousa

Agora que veñen as eleccións...

Imaxe
A antiga fábrica de Goday albergará o Museo da Conserva A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, anunciou na súa recente visita á Illa de Arousa que o concello recibirá un “tratamento singular” en materia de urbanismo, ó ter o 100% do seu termo municipal afectado pola franxa de protección dos 500 metros. A falta de dous meses escasos para as eleccións municipais, a conselleira deu luz verde ás obras de construción do Centro da Terceira Idade e do auditorio, á recuperación do antigo peirao de pau, á creación do Museo da Conserva, á construción do novo vial de acceso ó Chufre e á mellora das instalacións portuarias, obras todas elas anunciadas dende hai tempo.

Outro himno para o Céltiga

Imaxe
Xa vai sendo hora de que o Céltiga , o equipo de fútbol da Arousa (en terceira rexional) galeguice o seu himno e, de paso, adapte a letra ós tempos que corren. Pode que a iniciativa choque nun principio cos afeccionados acostumados a cantar “Loooos coloores, rooojo y blanco...” pero todo é cuestión de facer unha boa adaptación para que encaixe ben coa melodía de sempre. A tradución literal da letra ao galego non serviría, así que desde este blog convidamos a facer propostas. Por certo, a data de fundación do Céltiga non está moi clara. A foto máis antiga do equipo, en posesión do club, data de 1925. E a revista galeguista do mesmo nome, Céltiga, creouse en Bos Aires no 1924. Non é unha hipótese arriscada considerar que os dous nomes están relacionados... Himno do Céltiga La bella isla de Arosa tiene un club de gran valía con su furia deportiva orgullo de nuestra ría siempre juegan sus muchachos con gallardía y valor club Céltiga de la isla entre su clase el me...