Á fin podemos ver editado o libro sobre a historia da Illa que prepararon o historiador Vila Fariña, gran coñecedor dos aconteceres do pasado da comarca do Salnés, e Xoan Dopico. Esta completa obra de investigación, que partiu dos traballos xa realizados polo finado Manolo Lojo, levaba anos agardando a súa publicación, e constitúe o único compendio sobre a historia da vila arousá existente na actualidade. O Concello vai distribuír un libro por cada casa. Benvido sexa.
¿E os que non podemos ter xa casa na Arousa polos prezos da vivenda como podemos conseghir o libro?
ResponderEliminarE xa era hora que se publicara.
Os meus parabens para os autores, e moi espesialmente para o Señor Vila Fariña.Unha forte aperta Xose Lois.