A antiga fábrica de Goday albergará o Museo da Conserva
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, anunciou na súa
recente visita á Illa de Arousa que o concello recibirá un “tratamento singular” en materia de urbanismo, ó ter o 100% do seu termo municipal afectado pola franxa de protección dos 500 metros. A falta de dous meses escasos para as eleccións municipais, a conselleira deu luz verde ás obras de construción do Centro da Terceira Idade e do auditorio, á recuperación do antigo peirao de pau, á creación do Museo da Conserva, á construción do novo vial de acceso ó Chufre e á mellora das instalacións portuarias, obras todas elas anunciadas dende hai tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.