Publicacións

A sombra do narcotráfico

Imaxe
Esa columna de fume que asoma tras o barco bateeiro que leva anos abandonado no Bao -auténtico símbolo de entrada á Illa de Arousa- corresponde á planadoira que se incendiou ou incendiaron sen tripulantes o pasado 22 de marzo en augas da Illa de Arousa. A “lanzadeira" de 9,5 metros de eslora e tres motores de 250 cabalos ía cargada ata os topes de gasolina, polo que se deduce que non chegou a completar a operación de narcotráfico para a que ía ser utilizada. Na praia da Sapeira atopouse o remolque co que probablemente se trasladou a planadoira. Ante estes feitos, mellor deixar cantar ós Debuxos Reanimados, que nos interpretan neste vídeo de Luar o narcocorrido de Benigno Maquieira, que repartía cocaína por toda a ría de Arousa. (Para non papar todo o programa, avancen o reprodutor ata a hora 2.57 ).

Pola recuperación do maltratado Portiño

Imaxe
Antiga fábrica conserveira, actualmente convertida nun almacén de materiais de construción. O vello peirao, abandonado, está totalmente derruído Acceso ao Portiño desde a rúa do Charco. O escaso areal que quedou libre de cemento, ao fondo, está cheo de restos de cerámica. No medio dos cons, cheos de piche, hai todo tipo de ferrallas No Portiño aínda queda un pequeno campiño sen edificacións A magnífica posta de sol que ofrece a zona Cando as autoridades competentes se decidan a recuperar ambientalmente a liña de costa comprendida entre O Regueiro, O Portiño, Sucabirto e a Abilleira pequena (e por recuperar non se entende facer un paseo marítimo de cemento); e cando os veciños deixen de botar cascallos e maltratar a praia, amosarase ante nós toda a fermosura desta zona de cons, onde cada posta de sol se converte nun impresionante espectáculo da natureza. O Portiño demostrou, ademais, unha excelente capacidade de recuperación cando, logo de moitos anos de vertidos directos de augas fec...

Pregóns dunha caracola... e A Ghrañola

Imaxe
[Helena Domínguez] Pregones de una caracola y narraciones de un grumete é probablemente a única novela que existe inspirada abertamente nas xentes e no xeito de vida da Arousa; unha Arousa case irrecoñecible hoxe en día. Escribiuna Juan Otero Dios "Nitucho", estando en Huelva en 1966, e constitúe unha xoíña por todo o que nos conta daqueles anos. Polas páxinas do libro desfilan personaxes e reais, desde o fareiro mallorquín que asistía a tódolos enterros, ata os "foleiros" que viñan da Pobra do Caramiñal traer fariña, ou o propio tío do autor, Manuel "Mighalla", un xubilado a quen os fillos lle tiñan que agochar a vela da dorna para que non saíse ó mar e puxese a súa vida en perigo. Un dos capítulos está dedicado a María "A Ghrañola", unha extravagante e entrañable muller, cuxo recordo permanece vivo na memoria popular colectiva.  Nos seus delirios, A Ghrañola soñaba con casar cun príncipe inglés. E cando a escuadra inglesa asomaba pola ría ...

As letriñas do Cano, historia popular

Imaxe
Comparsa o Cano   [Helena Domínguez] A comparsa máis antiga da Arousa,  polo menos, ata onde nos chega a memoria, é "O Cano",  formada exclusivamente por homes. Saiu por primeira vez no Entroido de 1947 e gozou dunha gran aceptación durante décadas, non só na illa. Un dos principais factores do seu éxito foron as súas letriñas,  que facían referencia ás preocupacións sociais, costumes e modas dos arousáns, nun tempo no que ningún medio de comunicación falaba da Arousa.

A revolución das sequeiras

Imaxe
Camaxe despois dunha xornada de seca   [Helena Domínguez] A investigadora norteamericana Sarah Keene Meltzoff realizou un traballo de campo na Arousa entre 1985-1986 e 1989-1991 para estudar como as mariscadoras se organizaban e constituían un cabildo. O cabildo é a entidade encargada de organizar as vedas do marisqueo (determina cando e onde se pode ir á seca), a vixilancia das praias (normalmente nos veráns porque son moitos os turistas que caen na tentación de espurruñar na area e levar o que non é seu) e os traballos de limpeza (se os areais se enchen de esterco, as ameixas afogan e morren). Ata daquela só había un cabildo para os homes. Que careceran de poder “político” non significa que as mulleres estivesen á marxe das actividades marisqueiras; de feito, ir á seca é un traballo tradicionalmente de mulleres. Tal e como explica a investigadora no seu interesante estudio , o éxito da organización do cabildo das mulleres foi propiciado por dous factores: elas controlaban os m...

A Radio da Arousa nas ondas da rede

Imaxe
Música libre e de inspiración carcamana. Esta é a suxerente proposta que nos ofrece o radioblog Radio de Arousa , que para comezar xa nos regala catro temas orixinais, de composición propia do autor da web. Reproducimos aquí un fragmento da canción titulada “Rapaza”, pero o mellor é que a escoiten! “Rapaza se vas mariscar coidado coas pedras podes tropezar ponlle moita atención que podes caer no medio dos cons”

O Regueiro inundado

Gravado o 27 de novembro