Buscar neste blog

24 de mar. de 2007

A sombra do narcotráfico

Esa columna de fume que asoma tras o barco bateeiro que leva anos abandonado no Bao -auténtico símbolo de entrada á Illa de Arousa- corresponde á planadoira que se incendiou ou incendiaron sen tripulantes o pasado 22 de marzo en augas da Illa de Arousa. A “lanzadeira" de 9,5 metros de eslora e tres motores de 250 cabalos ía cargada ata os topes de gasolina, polo que se deduce que non chegou a completar a operación de narcotráfico para a que ía ser utilizada. Na praia da Sapeira atopouse o remolque co que probablemente se trasladou a planadoira.
Ante estes feitos, mellor deixar cantar ós Debuxos Reanimados, que nos interpretan neste vídeo de Luar o narcocorrido de Benigno Maquieira, que repartía cocaína por toda a ría de Arousa. (Para non papar todo o programa, avancen o reprodutor ata a hora 2.57 ).

1 comentario:

  1. Tes moita razón. O do cadáver do barco na porta de entrada á Arousa é apoteósico. O paso seguinte podería ser recuperar o vertedoiro que había alí.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.