Buscar neste blog

1 de xul. de 2011

As ameazas do cemiterio dos Bufos

Os Bufos

[Susi Rial] A realización do novo sendeiro peonil permitiranos gozar de fermosos recunchos da Illa, ata agora agochados, dende Punta Cabalo ata as Rubas. Pero hai meses, cando comezaron as obras do novo sendeiro, foron moitos veciños os que puxeron de manifesto a súa preocupación debido a que o cemiterio prehistórico dos Bufos, situado nas inmediacións de Punta Cabalo, puidera sufrir algún dano. Se ben non hai motivos, cando menos en principio, polos que sospeitar que os restos non van ser debidamente protexidos, si que este feito pon de relevo, novamente, o abandono ó que están sometidos os restos arqueolóxicos máis antigos e importantes da Illa de Arousa. O cemiterio dos Bufos é de orixe prehistórica, aínda que o alfabeto fenicio presente na cerámica atopada no xacemento, ó igual que moedas da época imperial romana, indican que seguiu tendo uso en épocas moi posteriores. A necrópole constata a existencia dun antigo poboado cunha forte vinculación ó mar. Hoxe en día, na zona só se pode observar unha morea de silvas.

41 comentarios:

  1. non e por nada pero por onde pasa a senda non influe no cemiterio. O que si queria denunciar era o abandono no que se atopa deberian de intentar recuperar por parte de patrimonio esperemos que se encarguen dos bufos.

    ResponderEliminar
  2. pablo iglesias02/07/11, 10:39

    hola,o tema dos bufos ,na minha etapa politica xa propuxera que se recuperara esta necropolis,os anos que ahi de esto e necropolis sige igual ou peor,daquela propuxera que se falase ca administracion,concretamente ca univesidade de santiago,que e donde eu coñecia algo,y mirar de acadar algun tipo de acordo ,para que no veran poideran vir a estudiar y recuperar este xacemento arqueoloxico,tan importante da illa,que casi e o unico que temos,en fin a quen corresponda,que se poñan mans a obra e que o fagan xa,e algo de interese socio-cultural para a illa.
    ainda que o a ver particulares por medio,sempre se complican as cousas,por que parte da necropolis esta en terreno particular,sin mais felicidades polo blog unha ves mais,por que ainda que as veces nos perdamos en cousas que cada vez importan menos ,como e o partidismo fanatico,que non conduce a ningun lado,otras veces aqui se ven debates muy interesantes.
    un saudiño carcaman.

    ResponderEliminar
  3. a verdad e que da pena que non traten de facer algo. En ribadumia estan recuperando un castro, pero como me comentaron os que fan o traballo, nos detapamos e veñen e rouban as pedras. Asi que non solo hay que promover o que temos, tamen queda da nosa man coidalo.

    ResponderEliminar
  4. #3 Iso é o que pasa moitas veces. En caso de facer algo, hai que face-lo ben.
    Aquí na Arousa esa zona dos Bufos e O Naso é a máis concentrada en restos arqueolóxicos, pero hai outras, e incluso por toponimia pode ser que houbese poboacións por boa parte do territorio insular, pois existen "O Castro" e "Os Castriños". Benigno, o anterior patrón maior, dera con unhas pedras funerarias nos Tarais, e non sei como quedou coa nova carretera. E tamén no Areoso atoparon restos prerromanos, pero aí seguramente non paga a pena destapar nada para que se destrúa en poucos anos.

    ResponderEliminar
  5. A nosa Arousa está chea de Pías rituais, aras e altares, eu non sei si se coñecen, pero teño localizadas polo menos 5 mámoas, hai outros monumentos, algúns mesmo diante do nariz que a min, que non son experto, parécenme simplemente impresionantes, como altares de sacrificios, probablemente humanos que supoño son da mesma época que as mámoas, entre tres e cinco mil anos de antiguidade, está o xacemento que hai enbaixo dos bufos, onde se pode apreciar o que eu creo que e unha doble muralla, coma nos antiguos castros, e un muro que parece de contención na beira da praia que se está a botar a perder cós temporales. De feito eu teño fotos do ano 2007 onde se pode apreciar a base dese muro que hoxe xa non existe. Falo de elementos en Punta Cabalo, No Niño de Corvo, en Carreirón, Nos Bufos, nos Tarais, no Areoso, en Quilma, e seguramente aínda en mais sitios. En fin, que temos verdadeiras maravillas arredor noso e estamolas deixando ir polo mar abaixo. Eu só espero ter unha oportunidade de poñer en coñecemento de alguén as poucas cousas que coñezo porque penso que son interesantísimas, e incluso se poderían converter nun atractivo turístico si se traballase ben, por exemplo facendo unha ruta arqueolóxica ben documentada e presentada nas distintas ubicacións. Non sei, calquera cousa menos o abandono.

    ResponderEliminar
  6. Non quero convertir este tema nun tema politico, pero aqui non se fan as cousas como se teñen que facer. Importan mais outras cousas( a saber que). Cando fixeron a ruta dos cons ( vaya atracion turistica) tuveron a idea pero ahi quedou. As sendas non estan limpias pa acceder os cons que se identifican e os identificadores tampouco. Asi que non esperes moito en terminos de recuperar e explotar turisticamente o bonito que temos. E mais facil repartir ceniceros ecologicos os cutreturistas que visitan as nosas playas. (Sinto moito, pero eu teño un concepto moi malo da xente que ven a disfrutar das nosas playas.)

    ResponderEliminar
  7. anónimo 5 justariame poñerme en contato contijo para, si é posible, faser unha visita os xacementos que mencionas.Unha aperta.
    P.S : mandame un correo a jcarloscollazo@hotmail.com

    ResponderEliminar
  8. Pois molaría que huebe unha ruta e máis información porque os xacementos da illa son grandes desconocidos para os veciños coma min pero non que a deixasen abandonada como a dos cons.

    ResponderEliminar
  9. pablo iglesias04/07/11, 19:42

    para o 5,mira amigo tes toda a razon ,por certo benigno y este que che escrive formamos un grupo ,nun programa que se chamaba mision rescate,andabamos os dous ainda a escola,,certamente fai moito tempo da-quelo,y descubrimos a parede de barro na playa dos bufos,por medio de se descubrimento documentouse a necropolis,pèro como todas as cousas que non teñen repercusion econimica,aquelo quedou esquecido,o meu amigo benigno sige a ter certas inquietudes que o levaron a descubrir outros xacementos,pero desgraciadamente con pouco o ningun eco nas autoridades competentes,en fin o dito,unha pena que se perda ese patrimonio,gustariame tamen que me enseñaras eses outros xacementos dos que falas,podrias organizar unha visita,pois parece que ahi mais compañeiros que estan interesados,para poñerte en contacto conmigo si eres da illa no xulgado,ou dañe a dopico o teu telefono que eu te chamo,sin mais un sahudiño carcaman.

    ResponderEliminar
  10. Nesta entrada, tedes máis información sobre algúns dos xacementos:
    http://illadearousa.blogspot.com/2010/01/o-esquecido-mapa-arqueoloxico-da-arousa.html
    Organizamos unha ruta para o mes de agosto?

    ResponderEliminar
  11. pablo iglesias05/07/11, 00:49

    ok 10,por min no hay problema,eu falo con benigno para que se una a nos,si queredes como a min xa me tendes localizado,fago de enlace con quen estea interesado,haber como nos organizamos,a espera das vosas novas un sahudo carcaman.

    ResponderEliminar
  12. Sin deixar de ser interesantísima a idea da visita guiada hai que ter en conta que poñerlle ao descuberto a xente en xeral un patrimonio como o que se está a falar, e sin poder protexelo, é algo sumamente perigoso xa que se presta ao expolio. Non dubido, conste, da boa vontade da proposta nin da maioría da xente que se una ao grupo pero gústame alertar da posibilidade de que se poidan unir tamén persoas con poucas intencións de preservar o patrimonio e pola contra o que queiran sexa apropiarse del.
    Na Arousa temos un interesantísimo patrimonio histórico, a miña idea é que si non se pode descubrir, estudar e PRESERVAR mellor que se quede como está.

    ResponderEliminar
  13. eu quigera fazer umha catalogaçom destes restos todos para enviar as fichas á patrimoniogalego(http://patrimoniogalego.net/), umha iniciativa popular, para pór en valor o patrimonio de Galiza.
    se argalhades o roteiro, eu encarrego-me de levar o material para mediçons e fotografias.
    e gostaria de que armássemos um grupinho que fora catalogando, pouco a pouco mas sem pausa, TODO o patrimonio da Arouça.

    Susana Sánchez Arins

    ResponderEliminar
  14. pablo iglesias05/07/11, 15:07

    hola de novo,susana esa e unha moy boa idea,por que unha vez catalogado,xa tes unha referencia non xo da sua esistencia ,sinon tamen da sua procedencia,penso que ahi que ter unha xuntanza y facer ese grupo,canto antes mellor,un sahudiño,pablo

    ResponderEliminar
  15. pablo iglesias05/07/11, 15:09

    por certo o que di morgan non e nada descabellado,asi que habra que andar o loro con esto.

    ResponderEliminar
  16. Morgan, comprendo os teus medos. Pero moito me temo que o expolio xa debeu comezar hai tempo, sobre todo, nos Bufos. Por outra banda, que é mellor para protexer o patrimonio, que se coñeza e se divulge ou que fique no abandono? Protexe o anbadono do expolio? Son preguntas que non teñen fácil resposta, dende logo.
    En todo caso, andaremos con ollo.
    Eu podo iniciar os primeiros contactos con Pablo e Susana, para ver de organizar un roteiro.
    Seguiremos informando.

    ResponderEliminar
  17. Paco caché05/07/11, 15:54

    Hola amigos, son o do #5 e estou abraiado e entusiasmado có interese que se está a poñer ó descuberto cós nosos tesouros arqueolóxicos. E por suposto teño nome: Eu son Paco Manuel, (Paco caché, o fillo de Maricarmen Allo) sempre fun do Naval, aínda que agora vivo nas Laxes coa miña muller e fillo, pero aínda que sempre me interesou moitísimo todo esto, dun tempo a esta parte estou mais involucrado, aínda que soio a nivel persoal. Estou totalmente dacordo con Morgan, e as cousas que fun atopando (ou mais ben me atoparon elas a min nalguns casos) nunca se me ocorreu tocarlle. Soio facerlle fotos, polo que teño unhas cantas. O meu medo é que así como eu atopei algunhas có fáciles que están de ver, podenas atopar calquera con non tan boas intencións. En calqueira caso si vós queredes pódome xuntar a este grupo para, polo menos esta vez que sexa unha cousa que argallemos no noso "clube" para que despois, si somos capaces de nos organizar, podamos poñelo en coñecemento de quen sabe desto para que o poidan investigar, e despois xa se verá. O que explica Dopico no link que nos facilita "na illa" sobre a ubicación da antiga torre paréceme fantástico. Hai que ver como se aprecia claramente dende o google earth. En canto ó mapa que hai nese artigo, pódovos dicir que eu creo que lle podo engadir oito ou dez puntos mais, polo menos, aínda que xa vos aviso: Ó mellor teño demasiada imaxinación e algunhas cousas non son o que penso, pero por eso necesitamos que algun experto os analice, porque do que si estou convencido e de que a nosa Arousiña está chea de tesouros. A ver si me poño en contacto con Pablo ou Dopico, ou Benigno e ogalla que a cousa vaia a diante con sentidiño. Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  18. Esse medo que tedes a dar a conhecer localizaçons de espaços e restos tenhem-no em outros foros, e a conclusom final é sempre a mesma: só a ignorância favorece o despreço. quando o património é conhecido e bem explicado á gente, esta respecta-o. é bem bonita de ler a história que conta Manolo Gago no seu blog (http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/10/interpretar-os-simbolos-dun-guerreiro/) Capítulo 0 que, por certo, recomendo-vos seguir a todas as persoas com umha pouca curiosidade en arqueologia.
    daí nasceu a ideia dos de "patrimoniogalego" para dar a conhecer todo.

    ResponderEliminar
  19. Se facedes unha ruta poñede un xeito de contactar, eu tamén estou interesado

    ResponderEliminar
  20. pablo iglesias06/07/11, 06:27

    que ilusion,jajajaja,esto marcha amigo paco y demais compañeir@s.
    agora cumpre poñernos en contacto e ir vendo os pasos que se van dando,con boa vontade e ilusion ,sera todo mais doado,por que todos estamos polo mesmo, a conservacion do noso patrimonio,polo tanto,animo y unha agarimosa aperta carcaman para este novo grupo que se esta fraguando.

    ResponderEliminar
  21. Hola, gustaríame participar no proxecto. Saúdos.
    andres@ailladearousa.es

    ResponderEliminar
  22. pablo iglesias06/07/11, 15:17

    aa/tt, da direetcion do blog.
    xa que o amigo andres empezou deisando o seu enderezo electronico,penso que os que esten interesados poden facer o mesmo,y que os responsables do blog ,por que asi o manifestaron que empecen a cordinacion do grupo,para empezar a camiñar,o me enderezo e pabloiglesias24@hotmail.com, un sahudo, pablo.

    ResponderEliminar
  23. Paco Cache06/07/11, 16:12

    Pois o meu é: fmcores@gmail.com, e agora non hai que deixar que a cousa enfríe. Tamén lle quero dicir ao responsable de "na illa" que si quere algunha foto xa lle podo ir adiantando alguna, por si quere ir publicando algo de este maravilloso evento ou si vos é mais facil podo facer un album no meu facebook "Francisco M. Cores" que pode ser o mellor sistema para difundir tantas fotos como teño.

    ResponderEliminar
  24. A idea é quedar un sábado pola mañá de agosto e facer unha ruta para coñecer os restos arqueolóxicos máis relevantes da Arousa. Hai que concretar a data e como nos imos mover, porque do Naso a Riasón aínda hai unha tirada... Estaría ben que nos puidese acompañar xente como Benigno ou Paco Manuel, que coñecen lugares "especiais", así como algunha persoa que saiba un pouco de historia e arqueoloxía. Xa iremos concretando por mail, se a idea vai adiante, comunicareina aquí no blog para que todos os interesados se poidan apuntar.

    ResponderEliminar
  25. Aconséllovos non publicar as vosas direccións de correo. Non por nada, pero non é un bo costume. Hai unha dirección de correo do blog universoarousa@gmail.com , que se o administrador o ten a ben, poderiamos envialas alí para algunha comunicación privada que se precisase.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  26. saudos a todos, son FENDETESTAS:
    alegrame moito que se chegue a unha iniciativa como que asoma en esta paxina, pero gustariame centrarme no tema principal OS BUFOS.
    de entrada deixar claro que non se trata de un tema politico ainda que teñan os politicos moito que ver.
    non monte dos bufos estase a facer un cristo tanto na necrocopolis como no poblado, estase a traballar coa piqueta e ca radial, sin compasion, o importante e a foto final.
    non hay proxecto, nin permiso de patrimonio (o seprona parou as obras) tampouco hay licencia municipal, e no PXOU a zona esta protexida polo cal non se poderia facer nada pero.....
    non sei cal sera a responsabilidad da sra. arquitecta municipal en este asunto.
    eu penso que deberia de tomarse o asunto moito mas en serio e pedir responsabilidades.
    estou en localizar a paxina do PXOU na cal se fay referencia o MONTE DOS BUFOS, e teño que insistir en que o MONTE DOS BUFOS non solo e a necropolis. POR FAVOR, HAY QUE PARAR ESTO AHORA.
    saudos.

    ResponderEliminar
  27. pablo iglesias07/07/11, 10:56

    hola de novo,bueno eu penso que a creacion de un grupo,nom so deve ser para ir a facer esa escusion arqueoloxica,si non que deve ir mais ala,e decir,catalogar o que non este catalogado,y logo mirar de buscar formulas para protexelo diante de atropellos urbanistios ou de outro tipo,tamen chamados de interese xeral,
    pero todo elo o trataremos en unha data que sera o ultimo sabado de xulio ou o primeiro de agosto, faremolo publico,tampronto este a data cerrada.
    no tema dos correos,facede como vexades,centralizar todo na diretcion do blog no e mala idea,bueno eso queda a o criterio de cada un,pois nada mais de momento,a segir o debate,y aportar ideas para ,preservar y conservar,o noso patrimonio.
    unha aperta y un sahudiño carcaman

    ResponderEliminar
  28. FENDETESTAS. transcribo literalmente a ficha do PXOU referente o Monte dos Bufos.
    Denominacion: Campo Dos Bufos
    Tipo de Elemento: Xacemento Arqueoloxico
    Descripcion: Necropole paleocristiana, situada na zona conezida como Campo dos Bufos. A area esta cuberta de mate e en menor medida por arbolado (piñeiros). A ampliacion de camiño a Punta Cabalo dañou o xacdmento (manda carallo).
    O estado de conservacion semmella non ser bo.
    Superficie da parcela: 18.700 M2
    Zona de ordenanza: solo rustico de proteccion do patrimonio historico.
    obras permitidas: so se permiten labnores de investigacion, logo dos permisos necesarios.
    Melloras necesarias: posta en valor do xacemento, logo do necesario proxecto arqueoloxico.

    agora, vos diredes

    ResponderEliminar
  29. pablo iglesias07/07/11, 23:12

    haber amigo 28,como veciño da illa estas no teu dereito de actuar ir o xulgado e poñer a correspondente denuncia,si ti crees que esta a acontecer esto que dis,eu e o que vou a facer,pero penso que non hai que estar aqui a lamentarse,si non o que ahy que facer e actuar,insisto eu boume a enterar do que ti dis,y si e a si,poñer a corresponte denuncia diante do organismo pertinente,espero non encontrar so a minha,un sahudiño amigo 28.

    ResponderEliminar
  30. Caro Pablo con la iglesia hemos topado.....senon mira quen fixo o camiño e sejuramente foron os mesmos que tiñan a obriga de protexelo pero eso quedara no seu "debe"...unha aperta e xa falaremos.

    ResponderEliminar
  31. Enhorabuena a todos que os queredes involucrar en algo tan importante.

    ResponderEliminar
  32. Xa de paso , que tiren a do Rubio abaixo, que seguro que por debaixo da depuradora tamen ten que haber restos arqueoloxicos.

    ResponderEliminar
  33. pablo iglesias08/07/11, 15:30

    para o 30,que supoño sera o 28 tamen,sabes donde localizarme e como,aqui estou a tua disposicion,unha aperta,e espero que falemos,un sahudiño carcaman.

    ResponderEliminar
  34. pablo iglesias08/07/11, 15:34

    por certo,a min dame igual que este gobernado,si se comete unha irregularidade,eu non so a bou a denunciar,si non que a farei publica,dame o mesmo que goberne e sea de este reino terrenal ou celestial,nadie esta por encima da ley.

    ResponderEliminar
  35. Caro D.Pablo Iglesias Señorans son o 30 e quero que saibas que a miña pasion pola Arousa venme dada por coñecer á familia Colón ;) ....as seramicas dos Bufos vinnas no patio da Sra Lola xa fai unha chea de anos , a visita a necropolis da man de J.Manuel Iglesias ....cantos (e jratos)recordos.....un jran abraso Pablo.

    Saude e R....

    ResponderEliminar
  36. pablo iglesias09/07/11, 11:45

    outro para ti amigo,ainda que non me entero de que es,pero bueno o caso e que, todos estamos polo mismo,que e conservar o noso patrimonio,non so do abandono o cual esta sometido,pola deixadez das administracion,que non destinan recursos para a su recuperacion y conservacion,si non tamen os que de algunha que outra maneira se adican a expoliar e destruir.

    ResponderEliminar
  37. francisco m.cores10/07/11, 22:35

    Para o 30 e 35, tés toda a razón do mundo. Eu aínda nono vira, só escoitara algúns comentarios sobre esas obras, pero hoxe estuven alí, e puden comprobar que esas obras son unha verdadeira desfeita. Estuven tomando algunhas fotos a ver si dalgún xeito se pode denunciar polo menos ante os medios esta animalada.
    saúdiños.

    ResponderEliminar
  38. pablo iglrsias11/07/11, 18:20

    hola a tod@s.xa empezamos a traballar,pregarialle a quen queira colaborar na elaboracion do primeiro borrador para a primeira reunion que se poña en contacto con dopico,(juan) no concello da illa,e a persona que eu teño de man,y a que me esta axudando a recopilar a informacion que precisamos para esta xuntanza,asi que o dito,todo aquel que queira imcorporar informacion a ese borrador podera facelo falando con juan dopico e conmigo,un sahudiño carcaman,pablo.

    tlf. do concello da illa,986257080, extension 4,(juan dopico)

    ResponderEliminar
  39. pablo iglesias12/07/11, 11:48

    aclaraccion,o tlf,do concello da illa e:986527080,un sahudiño,pablo

    ResponderEliminar
  40. pablo iglesias24/07/11, 10:45

    hola e novo,o pasado venres dia 22 no bar o museo ,mantivemos unha xuntanza os compañeiros da arousa,benigno,juan poza,paco(cache),dopico,y este que vos informa.
    foy a primeira toma de contacto,para ver como artellamos o que se viña falando no blog,que si visita guiada os xacementos, que si nos organizamos,en fin as primeiras impresion,as primeiras ideas do que imos facer y como votamos a andar,de eso se trataba,o que si tivemos claro foy que con este tema ahy que andar con moito coidado,pois como xa comentaran alguns compañeiros no blog,poderiamos estar a enseñarlle o camiño a xente que ,bueno,non estivese tan interesada coma nos no tema da conservacion, e si no tema do expolio,polo tanto de momento non habera visita guiada,o que si habera e unha visita xeoloxica,como apuntaba o amigo juan poza,por certo que sera unha visita moy interesante,polo rico contido xeoloxico da illa.
    Tamen se acordou ,facer unha memoria de uso interno,dos xacementos,y vermos, a mediada que vallamos avanzando como nos organizamos,en fin,o dito,unha primeira toma de contacto,y quedamos emplazados a unha prosima xuntanza,para ir xa amarrando cabos.
    o certo e que empezamos con ilusion,y esperanza de que esto sirva para conserva o patrimonio da arousa,non so o material,que e, o que mais ou menos esta a vista,si non tamen o inmaterial que probablemente sea mas rico ainda.
    bueno compañeiros,como xa sabedes o punto de contacto e dopico,no tlf,986527080 extension 4.
    sin mais seguiremos informando,un saludo mariñeiro dende a arousa.

    ResponderEliminar
  41. um exemplo do que, com vontade e interesse, um concelho pequeno pode fazer por ponher em valor o seu património arqueológico: http://penafurada.wordpress.com/


    susarins

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.