3.2.09

A pasarela peonal: argumentos en contra

Camiño de terra no parque de Carreirón

Un dos proxectos urbanísticos que se propón levar adiante o concello no vindeiro ano é a construción dunha senda peonal arredor de toda a illa, exceptuando o perímetro do parque natural de Carreirón. A primeira fase da obra xa foi adxudicada por Costas e discorrerá entre a praia do Bao, onde xa hai creado un primeiro treito de pasarela de madeira, e a praia de Salinas.
Nun principio, a idea de poder darlle volta á illa nun cómodo paseo pola beira do mar resulta atractiva tanto para os cidadáns locais como para turistas. Pero unha reflexión máis fonda pódenos levar a cuestionar esta iniciativa. ¿É necesario intervir en toda a liña de costa? ¿Ten que haber un paseo marítimo por Gradín, a praia do Peixe e Espiñeiro? ¿Tamén as Ruvas e a punta do Campelo teñen que quedar ao descuberto para os visitantes?
A instalación dunha pasarela litoral converte en accesibles para as masas todos os recunchos naturais, os poucos que quedan, aínda virxes e resgardados do turismo. O recurso aos "paseos marítimos" pode ser axeitado para certas zonas da illa, pero non semella sostible estendelo a todas as praias. Ás veces, é moito máis seductor, incluso para os turistas, manter o misterio dun carreiro de terra entre silvas e toxos, aínda que piquen.

3 comentarios :

Anónimo dixo

quen está detrás deste blog? quen son os administradores?

nailla dixo

Prezado anónimo, quen está detrás da túa mensaxe?
O que importa neste blog é que o debate e a opinión sobre os temas que afectan á Arousa flúan de maneira libre. E o respecto ao anonimato é, moitas veces, a mellor garantía de que isto sexa así.

Anónimo dixo

Prezado ou prezada administrador ou administradora deste blog. En primeiro lugar parabéns polo éxito acadado, nunca o esperaría. En segundo lugar noraboa polos temas que tratas, nótase que coñeces o oficio, perdón, quixen decir a Arousa. E xa para finalizar, como terco que son, penso que a identidade do autor é fundamental, outra cousa será que os que decidan opinar a desvelen ou non. P.D. O enlace con referencias herzianas non ten prezo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...