Buscar neste blog

30 de abr. de 2011

Carretando votos

[Redacción] A sombra do carrexo de votos pende sobre cada proceso electoral que se celebra en Galicia. Este fenómeno, que consiste en trasladar aos votantes aos colexios electorais, inducindo o voto nun determinado sentido, é unha táctica habitual en contornas rurais e practicase especialmente cos votantes máis vulnerables, como poden ser as persoas maiores. Xa no 2001, co gallo das eleccións ao parlamento galego, o filme colectivo “Hai que botalos” denunciaba a anomalía que supuña a carretaxe no libre exercicio do voto secreto. Na enquisa que publicamos sobre este tema, a gran maioría dos participantes consideran que na Arousa tamén se practica o carrexo de votos. Con todo, mentres que no resto de Galicia a sospeita recae sobre o Partido Popular, as acusacións na Illa adoitan ir dirixidas contra o partido gobernante, o PSOE. “Carretan votos e anotan quen vai votar e quen non”, aseguraba Carlos Otero, candidato do BNG, durante unha entrevista que lle realizamos hai uns meses.

3 comentarios:

  1. “Carretan votos e anotan quen vai votar e quen non”, aseguraba Carlos Otero

    e despois tamén vén Lola e dache un bico

    ResponderEliminar
  2. Animo a todos os demócratas da Illa a que deixemos de visitar esta páxina e por suposto de escribir, o que pretenden os FACHAS é que nos poñamos á sua altura enmerdando todo, e calumniando agochados no anonimato, e por suposto a que denunciemos todos esta páxina que deixa introducir todo tipo de comentarios calimniosos e inxuriosos sin pedir identificación algunha da persoa. Como di o refran "NON HAI MAIOR DESPREZO QUE NON DAR APREZO" PASADEO

    ResponderEliminar
  3. Nin que non fora verdá.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.