Buscar neste blog

15 de feb. de 2011

O Regueiro renace


[Susi Rial] Nas mañás dun domingo soleado ou cando as tardes se van facendo máis longas, calquera que se achegue ó Regueiro pode comprobar que segue sendo o mesmo que aquel do que tanto gozamos nas nosas infancias. En algo contribúe niso o "skate" que colocaron hai poucas semanas alí  (algo nos di que nos agardan sorpresas semellantes de aquí ó mes de maio). Polo tanto, amplíase a oferta lúdico-deportiva para o público infantil e xuvenil ó unirse o "skate" ás xa existentes pistas de baloncesto e ós columpios. E é que os rapaces, tanto os de antes como os de agora, necesitan moi pouco para divertise. Pero maior é, se cabe, o mérito dos rapaces de hoxe en día, que viven na sociedade dos videoxogos, das múltiples canles televisivas e do ocio sedentario, en xeral. Con todo, moitos seguen preferindo xogar na rúa.

15 comentarios:

  1. sijen faltando as pistas de tenis!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. e un rocódromo estaria moi ben tamén!

    ResponderEliminar
  3. Falta poñer a pista decente, nesa pista non hai quen patine

    ResponderEliminar
  4. Haber si empesan a poñer máis cousas pa que os peques teñan onde ir porque nós nunca tuvemos un parque desente

    ResponderEliminar
  5. nin falta que fixo (nº4)

    ResponderEliminar
  6. Pa o do comentario 1: cando fajan as pistas han de ir mirar os primeiros que ides sojar, e vanvos faser limpar as pintadas.

    ResponderEliminar
  7. A xente aproveita o que hai, porque o Regueiro está que da pena ou mais ben asco. Pero como non hai outra cousa no centro hai que aguantarse coa trapallada que hai.

    ResponderEliminar
  8. isidro garcia20:16, 16/02/11

    comentario 1-todo de andará,un pouco de paciencia
    comentario 2-teño q enterarme q é iso,empezo a ter alguns anos.
    comentario 3-a pista vaise a poñer decente na primavera,o material q se lle vai dar necesita unha boa temperatura.
    comentario 4-penso q todo é mellorable pero creo q hai donde estar cos peques(teño 2).
    comentario 6-"todo se sabe"
    comentario 7-¿ ?
    intentaremos ir mellorando todo o posible os diferentes parques do pobo pero leva o seu tempo,en iso estamos.

    ResponderEliminar
  9. Isidro, se non eres quen de ver que o parque do Regueiro deixa moitísimo que desexar é que tes un problema de percepción gravísimo.
    É certo que mellorar as cousas leva tempo, qué mellor exemplo que a actual corporación para demostrarlo.
    Para dar por resposta obviedades e cousas totalmente insutanciales era mellor calar, Isidro.

    ResponderEliminar
  10. Son o do comentario 2: non hai fallo Isidro, deixoche o link,
    saudos, e a ver se se pode faser algho.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Roc%C3%B3dromo

    ResponderEliminar
  11. Oe, o mercado non era os sábados?

    ResponderEliminar
  12. E cando veña a gitanada das festas ides a desmontar todo o petate?

    ResponderEliminar
  13. Comentario 8
    Que tengas algunos años no es excusa para no saber, si no sabes investiga y no pongas excusas.
    Cuando se alise la pista hai que cerrarla con unas pequeñas vallas y poner un cartel orientativo con edades recomendadas, que estan los chicos mayores en patines y los niños pequeños juegan en un sitio peligroso. hai que concienciar a los padres de que no deben dejar de vijilarlos cuando juegan en sitios de ese tipo

    ResponderEliminar
  14. Vaya, non sabia que habian remodelado eso. Pa non criticar sempre direi que non esta mal(visto en foto).

    En respuesta a Isidro Garcia.. As cousas, efectivamente levan tempo facelas, e tamen se leva demasiado tempo sin facer nada. Notase que veñen eleccions, hay que lavar a cara e faser que fasemos.

    Como din por ahi arriba, os half pipes e rampas seran para bicicleta BMX, porque skate creo que moi pouco se pode facer sobre esa superficie. Xa sei que Isidro di que van solucionar eso cando o tempo este bo. Pero entonces estamos tirando o carro antes da burra e eso solo me fai pensar en unha cousa.... aparentar algo.

    Por certo... xa arreglaron o parque dos crios das Laxes? Fai algo que non vou por ali, na ultima vez que fun, creo que fai 2 años que levin a miña filla, eso era un peligro pa calquer crio, con partes cortantes, partes oxidadas, madeiras rotas, suciedad etc. etc.

    ResponderEliminar
  15. antes de poñer todo iso,necesitamos unha pista en condicions,pobre do ke caia ahi.,...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.