Dicionario de ausencias
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
Non son veterinario, mais penso que é unha gata. Moi bonita.
ResponderEliminarunha imaxe preciosa, na illa xa quedan poucas así...
ResponderEliminar