Buscar neste blog

14 de out. de 2009

En tempada alta, e as conserveiras sen facer pedidos

Cargando mexillón para fábrica, no Chufre


A partir de setembro comeza a “tempada” alta no sector mexilloeiro. As conserveiras fan aprovisionamento de molusco, así que nesta época, as asociacións de mexilloeiros adoitan estar en plena actividade, en resposta á demanda das fábricas. Porén, este ano, os bateeiros están a velas vir. Jealsa (Rianxeira), Calvo e Garavilla (Isabel), as compañías que absorben o 70% da produción do mercado galego, non fan pedidos, e a estratexia dos grandes da industria transformadora é imitada polos pequenos. No ruxe ruxe do sector, sospéitase que este cambio no proceder das fábricas podería obedecer a unha medida de presión sobre os produtores, coa intención de baixar os prezos. Coas bateas cheas de mexillón, os bateeiros veríanse obrigados a ceder ante as esixencias das conserveiras, para darlle saída ao stock. O prezo de mexillón para a fábrica vén determinado por unhas táboas, nas que se ten en conta o rendemento da carne e o número de pezas por quillo. O prezo mínimo contemplado na táboa é de 0,23 céntimos o kg, e o máximo, 0,65, aproximadamente.

31 comentarios:

  1. O ano pasado querian levalo mexillon ainda que fora a paus, e este ano no queren nin a paus, curioso o tema. Porque non manda Serafin Santorum protestar as empregadas a portas das fabricas para que traballen. Moito desto estanos ben por ignorantes e egoistas. O triste e que apandamos sempre os mismos.

    ResponderEliminar
  2. Lástima.Estamos recollendo o que sementou gran parte do sector. Ahora tocanos comer os mocos, mentres miramos como os fabricantes siguen traballando a pleno rendemento producto foráneo a mitad de precio que o noso, e que chega ás fabricas listo para envasar. Totalmente de acordo co comentario anterior "estanos ben por ignorantes e egoistas"

    ResponderEliminar
  3. Pero en que quedamos, están as fábricas a traballar ou non. Os datos falan dunha reducción en chile superior ó 30 %. A min o que me parece é que a maioría do sector non ten nin idea do que pasa, só se preocuparon de gañar cartos e a administración de enchelos de subvencións para telos calados mentres lle facían a cama. Futuro incerto que dicía o Tonino Carotone, novos controis sanitários, crise, baixada fortísima da demanda, novos competidores, e nós a velas vir.

    ResponderEliminar
  4. Abres unha lata de dardo e o que hai dentro non é mexillón, é merda. E que eu saiba estos non son chinos nin chilenos nin de Nova Zelanda, son da Isla de Arosa.

    ResponderEliminar
  5. No mellor país do mundo.

    http://www.anosaterra.org/nova/35906/mais-granxas-de-rodaballo-co-prezo-en-caida-libre.html

    ResponderEliminar
  6. Si os da Illa son merda, aprende a comer, porque non tes nin idea amigo.

    ResponderEliminar
  7. Para ese que dí que son merda, o outro día tróuxome o meu vello unha maia de batea e estaban ghordos coma porcos, seghuro que estaba a comer mexilóns chilenos sen percatarse sequera o pailán ese

    ResponderEliminar
  8. Toralla s.a. y senda peatonal17/10/09, 21:24

    Si os da Illa son merda, aprende a ler. Eu tamén penso que os mexillóns que comprei non eran galegos, mais si fabricados aquí e comercializados como de las rias gallegas. Conclusión, non comprarei máis durante bastante tempo, ergo, os paspáns sodes vós que non vendedes un quilo. Toralla S.A.

    ResponderEliminar
  9. http://www.derf.com.ar/despachos.asp?cod_des=234957&ID_Seccion=65

    Investigadores chilenos han logrado transformar el color oscuro de la glándula sexual de la hembra de un mejillón autóctono por un tono más claro para hacerla más atractiva para el consumidor e impulsar la exportación de mitílidos, que se espera que alcance las 300000 toneladas en 2010.

    O noso é o mellor.

    ResponderEliminar
  10. Sempre pensei que o bioensaio, ou como se chame, era unha broma de mal gusto. Supeditar o peche dun polígono de bateas á fortuna dun rato ó que lle inxectan un concentrado de hepatopancreas de mexillón non me parece serio. Nin sequera lle dan ó pobre rato a oportunidade de comelo pola súa propia vontade. As asociacións en defensa dos animais deberían denunciar esta tortura. Eu propoño que usen para o bioensaio do carallo ós nosos ratos, seguro que non morre ningún, están acostumados a comer marisco, a comer ben, como é debido, como deus manda, onde vas parar, eses ratiños brancos que teñen medo a mancharse morren do susto, non saben comer, ter que comer os mexillóns con xeringa é como comer as nécoras cun garfo.

    Agora que en Europa queren pasar ó ensaio químico, a priori máis preciso, a nós non nos parece ben. Dísenos, sen máis explicación, que vai supoñer un maior peche dos polígonos. Por qué?, cales son os niveis tolerables actuais e cales van ser os novos? Non explican nada. Non me fio. A quen lle prexudica a análise química? Só ós bateeiros ou a alguén máis. Sería interesante clarexar algunhas destas dúbidas.

    ResponderEliminar
  11. As fábricas traballan mexillón a todo meter. Teño a filla empleada nunha depuradora-cocedero en Cabo de Cruz e o único mexillón que traballan daquí é o das bateas que ten o amo. O resto ven en containers de Chile. Chega a vianda lista para envasar nas conserveiras, moito mais barata que aquí. E teñen pedidos das fabricas a maso.no dan feito. E mentres nós...un ano mais de paxáros

    ResponderEliminar
  12. Agora resulta que a Xunta quer implicar a países coma... Chile? na defensa do bioensaio fronte á análise química. Entre outros argumentos defende a ausencia de incidentes sanitarios ata o de agora empregando ese sistema, o cal non deixa de ser un milagre cando ninguén garante a maioría do producto importado e que están a distribuír e manufacturar case en exclusiva depuradores, productores, cocedeiros, ... galegos?

    Tamén argumenta a Conselleira e os palmeiros que estaban alí "defensa de un método, el biológico, que ha dado resultados positivos durante más de cincuenta años". Xa non se acordan de toda a conflitividade que ten creado este método, que si ten levado á ruína a moitos produtores. Lembrarlle a todos estes papanatas que o sector xa está na ruína, sobre todo o sector "máis humilde", aqueles produtores cunha soa batea e non ben situada por exemplo.

    ResponderEliminar
  13. Esquecíame do enlace da nova

    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2009/11/12/galicia-quiere-bloquear-analiticas--ce-apoyo-portugal-italia-grecia/385615.html

    ResponderEliminar
  14. Os problemas deste sector non son as tóxinas, xa que nos últimos anos durante os episodios tóxicos sempre houbo mexillon dispoñible no mercado a excepcion do episodio mais prolongado que foi entre finais 2005, e xaneiro de 2006. O problema e a entrada de mexillon foraneo, no tema da industria, e a atomizacion do sector no tema do fresco. E nin os politicos de antes, nin os de agora parecen ser capaces de regular a fraude o consumidor que se esta producindo na conserva.

    ResponderEliminar
  15. É incrible a falla de memoria dalgúns. Como se pode dicir que as toxinas non son un problema. Xa non se lembran de santa baia. As toxinas introducen un factor de incerteza que, baixo a miña modesta opinión, contribúe tamén e de xeito importante á falla de unidade. Provoca tal desorden na produción que leva á psicose da xente, preferindo vender ó prezo que sexa baixo risco de peche ou desplome do mexillón, xerando unhas inercias e unha conflitividade que non é fácil de resolver. Non digo que sexa o núcleo do problema do sector, pero estou convencido de que axuda pouco a vertebrar o futuro do mesmo. O que non entendo e ninguén explica é como lle pode interesar a Chile que sigamos co sistema actual. A quen está a defender a Conselleira?. Por outro lado non entendo moi ben que queres dicir con iso da atomización. Igual é que queriades ter as bateas catro. Algún que ten tres ou catro xa pensa que é un empresario do carallo. Xa veredes cando lles dean a eles polo cu. Aínda van vir pedir axuda.

    ResponderEliminar
  16. Que ben nos vai con Chile. Toralla s.a. Sabedes porque a illa de toraia ten a ponte?... pois porque si non con semellante edificio que ten enriba podería bascular. (Isto último é un plaxio, non lembro de quen por iso non poño ó autor).

    ResponderEliminar
  17. Dise por aí que o problema é a entrada de mexillón foráneo. E logo que queriades, proteccionismo. Pero non erades todos liberais. Eu xa non entendo nada.

    ResponderEliminar
  18. Un sector que tributa por módulos, que fixo do dominio público a súa leira privada, que chupou subvencións ata fartarse, agora di que lle arreglen o problema os políticos. Os políticos arránxanlle os problemas aos seus amigos,e estes que están agora xa sabemos de quen son amigos, ou é que somos parvos?.

    ResponderEliminar
  19. A este último comentario anónimo diríalle eu: entón, qué políticos axudarían según ti ao sector? explícamo si podes, porque falar falas moito pero 4 anos de bipartito non deron para moito, non sí, meu...

    ResponderEliminar
  20. Atomizacion non quere dicir que as bateas as teñamos catro porque eu teño unha soa e intento vivir dela, senon o que fixeron catro listos de desfacer as organizacions para vender moito e moi caro, sonache eso. Aqui todo Dios quere vender mais que o veciño, e a unica maneira que hai e ou mais barato ou mais grande, que ben sendo o mesmo. Ti acordate da vaia que se foi tirar e fomos todos pero hai catro anos despois de catro meses con todo cerrado por toxina houbo moitos productores deste pobo que non foron protestar a Santiago porque a conselleira non tiña culpa. E seguro que na tiña, coma na ten agora a que hai. Eu digo que hai que poñerse as pilas e loitar contra o de fora, e que a toxina claro que fai que a xente estea nerviosa e teña incertidume pero o problema e a xente e o seu egoismo e non a toxina. Xa estuvo todo aberto e as fabricas non traballaban. E e distinto o proteccionismo, do que fala un hai, nos nos queremos nin aranceis nin cousas polo estilo o unico que queremos e que non se venda mexillon foraneo co noso nome. Se ven de Chile que o poña, e o consumidor que elixa. Non a fraude que hai agora.

    ResponderEliminar
  21. Estará comigo en que esa fraude estana a cometer fabricantes e depuradores que son veciños nosos.

    ResponderEliminar
  22. Xoán Carlos Maneiro, defendeu a non intervención do Goberno do PP para defender o mexillón galego fronte ao foráneo porque 'hai que acatar e someterse ás regras do libre mercado'.

    http://www.anosaterra.org/nova/mar-considera-que-o-mexillon-debe-someterse-as-regras-do-libre-mercado.html

    Blanco e en botella? Leite, non, Albariño.

    ResponderEliminar
  23. Os bateeiros galegos, vendemos moito mexillon, que e o que nos esta dando a vida para outros paises como Italia, Francia sobre todo. Os chilenos teñen o mesmo dereito que nos a producir mexillon, o que non pode ser e que se engañe o consumidor, e que algunhas conserveiras metan gato por lebre. Libre mercado, claro que si, pero coa etiquetaxe e as garantias sanitarias axeitadas. Simplemente, e senon somos capaces de entender esto mal nos vai. E si 500 cordas por batea son moitas, habera que reestructuralo sector vendendo menos, con gran calidade e a un precio digno. O que esta claro que nos xa non somos os unicos que producimos mexillon, e canto antes nos deamos conta que o rival comercial esta fora e non entre nos, mellor nos ira. Pero neste sector cos dirixentes que temos e a xente que hai e mais facil que toque o Euromillon a poñernos dacordo.

    ResponderEliminar
  24. Canta ignorancia. Como explicas entón que a Xunta si defenda os aranceis no caso da conserva de atún asiático, aínda non te deches conta que está a defender aos fabricantes, que van da man. Ou fodemos todos ou tiramos a puta ao rio. Ou libre mercado para todo ou luuuuuuuuuuuuuuuuume.

    ResponderEliminar
  25. Chile exporta a España con arancel 0 mentres a outros países aplícaselle o 12%, porqué será?

    ResponderEliminar
  26. Pois que España suba o arancel logo que fai Zapatero, tamen esta coaligado coa nova conselleira e con Lopez Veiga.

    ResponderEliminar
  27. Os ignorantes somos os demais e os do lume a os de foder putas sodes os listos non. Grandes argumentos si señor.

    ResponderEliminar
  28. Fueeeeeeejoooooooooooooooo. A la hoguera con ellos.

    ResponderEliminar
  29. As normas arancelarias son europeas paspán. A aí sentádesvos xuntos psoé e pp, como fixestes para elixir a sócrates. Non era que non vos gustan os portugueses?.

    ResponderEliminar
  30. Con xente que insulta non vale a pena discutir.

    ResponderEliminar
  31. Así é, con xente que me quer facer comulgar con rodas de muiño... Luuuuuuuuuuuuuumeeeeeeeeeeeeeeeeee!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.