Buscar neste blog

17 de out. de 2009

Mar libre: o tráiler

Os "extras" de Dorna, durante a rodaxe en Sálvora
(imaxe collida do blog de Dorna)



A través do blog da asociación cultural Dorna, imos coñecendo detalles da rodaxe de Mar libre, un filme ambientado no século XVIII, dirixido polo monfortino Dani de la Torre. Mar libre ten como contexto a chegada dos industriais cataláns á costa galega e narra a historia do capitán Anxo Estrada, fillo dun mariñeiro, que volve á súa aldea natal despois duns anos de ausencia, e decide rebelarse contra as inxustizas provocadas por un desapiadado empresario. A película está sendo gravada en escenarios de Carnota, Redondela, Muros e Sálvora, entre outros, e conta coa participación de extras coñecidos: as embarcacións e os tripulantes da Escola de Navegación de Dorna. Mar Libre está producido por Ficción Producciones en colaboración coa Televisión de Galicia, e probablemente se emita como miniserie.

2 comentarios:

  1. Cidadan_8617/10/09, 20:12

    a ver como se o montan os da galega...

    ResponderEliminar
  2. SE O MONTAN a base de subvencións pa producir un bodrio que sona a terriña asoballada.
    Era mellor que llos injresaran na conta directamente ós catro amijetes de turno.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.