Buscar neste blog

18 de maio de 2009

Unha guía de paxaros de Carreirón

Portada da guía

A asociación medioambiental Carreirón, un colectivo de nova creación resultado da xuntanza de Gaia, Illa Natura e a Xunta de Montes, presentará nos vindeiros días a primeira guía de aves e mamíferos do parque natural de Carreirón. A obra foi realizada en colaboración cos departamentos de medioambiente do Concello da Illa e da Xunta, e está asinada por Miguel Ángel Conde Teira, biólogo especialista en ornitoloxía, e Samuel Paz Parracho, un bo coñecedor dos paxaros da Arousa, fundador de Illa Natura e autor das fotografías. A guía contén os datos dun cento de aves e oito especies de mamíferos que se poden avistar na Arousa, acompañados de imaxes de alta calidade. A presentación está prevista para o 23 de maio no auditorio.

2 comentarios:

  1. Noraboa por este blog que enlazamos ao noso.

    Haberá algunha forma de que nos axudes para conseguir esta guía en pdf. Gustaríanos colgala no blog que levamos sobre turismo en Pontevedra.

    turismodepontevedra.blogspot.com

    Se nos deixaras algún correo electrónico de referencia dos que elaboraron a guía poñeriamonos en contacto con eles.

    Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  2. Ola, que eu saiba só distribuiron a guía en formato papel, pero podes probar a contactar co Concello, a ver se teñen dispoñible o pdf:
    turismo@ailladearousa.es

    Saúdos

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.