Buscar neste blog

21 de maio de 2009

Feísmo

As tuberías da depuradora invaden unha das caliñas de Punta Cabalo

Construción industrial que atenta contra a paisaxe e o medioambiente


Ao parecer, a lexislación medioambiental obriga a soterrar as tuberías das depuradoras de marisco, pero non todas as empresas da Arousa teñen os deberes feitos. A depuradora Aurelio Silva, en Punta Cabalo, é un exemplo. A empresa invadiu a praia, situada nunha das zonas máis fermosas e virxes da costa da illa, con varios canais e mesmo unha construción de cemento. Isto si que é feísmo.

3 comentarios:

  1. Ese matroteto terían que trasladalo a zona destinada a poligono industrial, e me parece que non han estar pola labor...polo menos que os obriguen a soterrar a casota esa e os tubos!!!que asco!!
    Na zona do Aguiuncho, ahora xa nada que é donde están facendo o muelle, pero o ano pasado fun a esa playa e estaba case sen area a causa tamén da erosión que probocaba a auga que despedían os tubos da depuradora "Allesa", un asco vamos!!!
    por certo, "casota" non sei si está no diccionario de ausencias pero é unha palabra que me encanta!!!

    ResponderEliminar
  2. O que terian era que mandarlle unha inspeccion de traballo a ver se os emigrantes que trae todolos dias de vilanova teñen os papeis en regra. Pero falando de feismo hai alguns edificios na Illa que meten medo, nin estan acordes co entorno, nin son bonitos nin nada. Velos desde o mar e mete medo. Unha pena.

    ResponderEliminar
  3. podedes darlle as gracias o goberno local que tanto fai pola nosa Illa.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.