Ata comezos deste ano, existía no faro unha explotación dedicada á cría de porcos bravos e á produción de ovos de avestruz. As dúas repoludas avestruces que pastaban libres na granxa eran a gran atracción da zona, sobre todo entre os máis pequenos. Afeitas a recibir chucharías da xente, achegábanse confianzudas ao valado cada vez que había visita. Co peche da explotación, desapareceron tamén as únicas grandes aves que había en territorio insular.
Seica tivo que ver pola alerta pola gripe aviaria...
ResponderEliminar