Buscar neste blog

19 de nov. de 2008

As rendicións de Pladimega


Pladimega rompe, case antes de botar a andar. Primeiro foi a capitulación ante as fábricas. As conserveiras que traballan co sector mexilloeiro reciben o 8% dos seus pedidos gratis, en virtude dun abusivo privilexio adquirido, que ten a súa orixe na posición dominante das fábricas nas negociacións cos produtores. Pladimega non foi quen de eliminar este privilexio. Pero o seu maior fracaso coñeceuse onte, ao anunciar a baixada do prezo do mexillón para a súa comercialización en fresco, logo de ter fixado un prezo mínimo de 65 céntimos. Así as cousas, moitos dos produtores de mexillón senten que os sacrificios dos últimos meses, folgas, piquetes e mobilizacións, non serviron de nada. Os acordos que permitiron a creación da plataforma única de distribución ameazan con disolverse e, desde as bases, comeza a cuestionarse a capacidade dos actuais dirixentes de Pladimega para liderar o proxecto.

10 comentarios:

  1. Que pena, por culpa de catro que solo queren encher eles os bolsillos, vamos a todos a pique, eu sijo sin entender nada....

    ResponderEliminar
  2. Eu son de pladimega, ou eso creo xa non sei. Fiel en Vilanova, fiel na idea de pladimega e fiel na miña idea de futuro para este sector. Pero fagamos un pouco autocritica, primeiro para exigirlle a esa xente un reparto xusto ten que habelo entre nos. Agora baixamos o mexillon, tarde pero ben feito non hai discusion, pero para que se vai os muelles a semana antes, para quen estuvemos a aguantar o precio, para Socomgal, Cons de Udra e Cabo de Cruz. Que faga ahora Julian unha asamblea en Vilagarcia con todolos productores e nos conte o que esta pasando, e moi facil botarlle a culpa os demais, e desa xente xa non vale a pena nin falar, catro esquiroles, aproveitados e nada mais. Pero reflexionemos fagamos un reparto xusto, e teñamos unha estratexia a largo plazo, e non a improvisacion que reina ultimamente. Os dirixentes que temos no sector desgraciadamente non estan a altura dos huevos quelle botou moita xente. Esta claro que esa xente,e refierome o de Opmega e a Pose e a todos, non estan capacitados para dirixeir un sector que move tantos cartos, e que da de comer a tantas familias, polo menos ata agora porque como esto siga asi vamos a comer mexillons todolos dias e quedar a deber a rede e o gas. Un saudo e que esto mellore polo ben de todos.

    ResponderEliminar
  3. A intencion era boa, pero...

    ResponderEliminar
  4. Nadie dixo que esto fora a ser facil. Levaremos moitos paus e poñeremonos de mala hostia, pero con todas as criticas que temos que facer para mellorar esto o único que podemos facer agora e manternos unidos. E sobre todo pedirlle a eses catro de moven os fios que actuen con cabeza, responsabilidade e seriedade. Menos reunion e mais ideas claras, que me parece que nas teñen, ainda asi esto non se pode romper sinon pobres nosa.

    ResponderEliminar
  5. O QUE EU PENSO E QUE SEMPRE ESTAMOS CRITICANDO A ESES 4 QUE MOVEN OS FIOS, E TAMÉN HAI QUE APORTAR, E SI SE FAN REUNIÓNS É PRECISAMENTE PORQUE NON SE TEÑEN AS IDEAS CLARAS...MALO SE
    E NON PENSEDES QUE SON ALGIEN DELES, NO, SON UN PARTICULAR, E TAMPOUCO QUERO METER BAZA, PERO A ESA XENTE HAINA QUE APOYAR SEMPRE, E CANDO O FAJAN MAL QUE FAN MOITAS VESES DISIRLLO, PERO SEMPRE APOYANDOOS XA QUE SI NON FORA POR ELES QUEN FARIA O TRABALLO SUCIO¿?

    ResponderEliminar
  6. Pladimega claro que se rende porque ten o mexillon todo no mar. Hai un mes que non vendo nada e hai xente na miña asociacion que vendeu un viaxe de unha batea. E mentres tantos vemos as bateas de alguns veciños no aire, e cheas de cordas enriba. E moi duro ver que che estan jodendo, venden e aproveitanse de ti. Ojala perder este ano sirva de algo, a ver si esta xente se da conta de unha vez que temos que ter unha estratexia comun para salvalo sector. Teremos problemas pero discutimolos entre nos e pese as dificultades si todos estiveramos discutindo xuntos mellor nos iria. Pladimega esta claro que non e unha formula maxica pero esta claro que e o menos malo que hai no sector. O que non entendo e que carallo fai a xente no norte vendo como vende o Corral, e o carnicerio, e co hijo puta de JB, que nos arrabenta vivos. Vergonza os debia dar, si seguimos vivindo desto sera a pesar vosa. Eu no entendo a verdad, que non vexades o que pasa, pareceme increible, non sei que dicir xa, que vergonza.Que ignorantes somos.

    ResponderEliminar
  7. ata 25 céntimos!!! polo mesmo diñeiro que pagas por un chupa chups, pódese comprar un kg de mexillón!! é para chorar!

    ResponderEliminar
  8. o chupa chups vale 50 cents en algúns establecementos luísa...

    ResponderEliminar
  9. non teño palabras solo desesperanza de ver como se tira o meu traballo e non o cobro hasta os sete ou oito meses. Eu estou moi jodido, pero temos o que merecemos nin mais nin menos.

    ResponderEliminar
  10. LAS EXAGERACIONES OLÍMPICAS DE "LA VOZ" EN TORNO AL MEJILLON DE BATEA

    http://acentogallego.typepad.com/acentogallego_la_bitcora_/2008/11/las-exageraciones-ol%C3%ADmpicas-de-la-voz-en-torno-al-mejillon-de-batea.html

    Qué vos parece este artigo?

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.