Buscar neste blog

20 de out. de 2008

Polbo á illa


Unha das receitas con máis sona da tradición culinaria carcamana é o polbo “á illa”, que consiste en acompañar o cefalópodo con patacas cocidas na auga onde previamente se cociñou o polbo. Esta técnica proporciónalles ás patacas unha cor rosada e un sabor característico. A caldeirada complétase cun rustrido de cebola e pemento doce.
As augas da illa foron noutros tempos moi abondosas en polbos, non é de estrañar que os seus habitantes desenvolvesen un xeito propio de cociñalo.

4 comentarios:

  1. poucas cousas probei más sabrosas

    ResponderEliminar
  2. UMMM! QUÉ RICO!! PARECE QUE AS MIÑAS TRIPAS DESPERTARON Ó VER A FOTO.. VAI SENDO HORA DE MERENDAR!

    ResponderEliminar
  3. Eu tamen teño fame!!!e non salgo do curro ata as once da noite!!!

    ResponderEliminar
  4. A MIN TAMEN M MOLA X ESO SEMPRE VOU O BAR SUSO Q E UN DOS LARE Q MELLOR SE COME O POLNA ILLA. JAJAJA

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.