O punto limpo da illa, de titularidade municipal, xa está en pleno funcionamento en horario de mañá, os xoves e os sábados. Nestas instalacións, ubicadas preto do muíño do vento, poden deixarse obxectos voluminosos como mobles, colchóns e electrodomésticos, así como aceites, pinturas, pilas, restos vexetais e entullos de pequenas obras, entre outros materiais. Trátase do primeiro centro da illa de recollida de residuos especiais, aqueles que pola súa natureza non son obxecto de recollida diaria. Este novo servizo debería poñer fin aos vertedoiros incontrolados nos montes e nas praias.
Este punto limpo e unha gran idea. Oxala todos o usemos correctamente, xa que moitas veces temos cousas que non sabemos onde tirar. O servizo de recollida dos xoves do concello esta ben, pero asi non habera que esperar tanto para desfacenos do lixo. Un boa iniciativa.
ResponderEliminarXa che digo, esta perfecto, porque non só sirve para obxetos voluminosos polo que vexo, digo esto polas pilas, nunca sabia onde tuiralas asique teño caixas cheas na casa. Moi ben!!!
ResponderEliminara illa avanza porfiin!
ResponderEliminarCada mes vense cousas novas no pobo! E agora parece qe comezan a facer xa o porto deportivo... aver se seguimos asi por moito tempo e este serà un pobo DIGNO