A xente agardando a chegada da Virxe do Carme
Os mariñeiros levan a ombros a imaxe, cargadiña de ristras de billetes
O barco do “Pejo” foi o encargado de levar este ano a imaxe da Virxe do Carme na procesión marítima. No barco da Virxe viaxan, ademais, a orquestra, os quintos, as autoridades que haxa presentes, o cura e a toda a familia dos propietarios. Sempre foi considerado un privilexio –ademais dunha responsabilidade- transportar á patroa dos mariñeiros, aínda que este ano, disque só se ofreceu un barco. Cando hai varios candidatos, a elección da embarcación faise por sorteo ou á poxa máis alta.
olaa
ResponderEliminarEstou traballando dnede hai un tempo nun video recopilatorio de imaxes sobre a Illa e estaría interesado en poñer nel algunhas imaxes deste blog.
Qeriate comentar si me das permiso para colgalas nel.
eu_arousan@hotmail.com
Ola arousán, moitas grazas por pedir permiso. As imaxes deste blog proceden de diversas fontes. Algunhas poden usarse para proxectos se ánimo de lucro, e outras non. Así que depende... xa me poño en contacto contigo.
ResponderEliminar