O venres 25 de xullo celébrase a primeira edición de Arousa Visual Films Festival, un evento durante o que se exhibirán obras audiovisuais rodadas na illa ou realizadas por autores arousáns. A mostra está organizada por ArousaVisual, co patrocinio do Concello e a colaboración da asociación Dorna e MrMisto.
Programación
-Pola mañá proxectarase unha selección de curtas para nenos, no salón de actos da casa consistorial.
-A sesión da tarde, tamén dentro da casa consistorial, comeza ás 18.30, co pase do documental "A illa de Arousa en 1969"de J.L.Otero, "Genito", e mais dun programa de TVE rodado no mesmo ano. Seguirán ás 20.00 os documentais de Marcos Nine "Carcamáns", sobre a reacción da xente da Arousa ante ao afundimento do Prestige, e "Historia dunha parroquia", flamante premio Mestre Mateo .
Ás 22.00 h proxectaranse as curtas "O Conxuro" e "A meiga chuchona", de Pablo Millán, seleccionadas e premiadas en varios festivais internacionais; e finalmente "O aire", un documental de Antón Millán, premio de videocreación da Universidade de Vigo, que trata sobre unha crenza tradicional da Arousa.
Despois da posta do sol, ás 23.00h, na praza do Concello, será a quenda do pase no exterior. Abrirá "Ela Ribeirinha", do director galego Pedro Vila. A curta foi rodada na illa en 35 mm e narra a historia dunha muller que cada día agarda no mesmo con a volta do seu home, supostamente morto na Guerra do 36. A rodaxe foi todo un acontecemento na illa e contou coa participaron entusiasta de moitos veciños. Está previsto que asista a protagonista, Pilar Bardem.
Seguidamente proxectaranse tres curtas de autores aurousáns: "Longo Sendeiro de Pedra", de Pablo Millán, que recibiu, entre outros galardóns, o Grand Remi de Houston; "O quinteiro" de Antón Millán, gravada na illa en HDV, coa participación de varios actores locais; e o "O premio da rubia", de Marcos Nine.
A asociación ArousaVisual está a traballar na posibilidade de crear un festival temático anual, do que se informará no seu web www.arousavisual.org, aínda non operativo.
Dise febreiro no meu idioma que e o galego. Deixadevos de mariconadas e falade o galego que falamos todos en Galicia e non inventedes un idioma novo que nadie fala.
ResponderEliminar