Buscar neste blog

11 de out. de 2007

Para cando dimisións en Opmega?

Descarga de mexillón no peirao do Chufre

A creba da depuradora Megalmar –cunha débeda superior a 600.000 euros en catro anos de actividade- é o colofón a unha nefasta xestión de Opmega, a maior organización de produtores de mexillón de Galicia. A xunta directiva, enfrontada internamente por obxectivos alleos aos intereses do sector, foi incapaz de facer fronte a unha maior complexidade do mercado (competencia estranxeira, caída do prezo do mexillón, descenso das vendas...), perdendo no camiño os cartos e a confianza dos bateeiros. Megalmar é unha sociedade limitada unipersonal, cuxo único socio é Opmega, así que agora tócalles aos productores asociados sanear as contas. A ver cando deciden tamén sanear os seus dirixentes.

1 comentario:

  1. E certo que Opmega xestionou ineficazmente Megalmar,deso non ai ningunha dubida. Pero xeneralmente todas estas incursion dos bateeiros no sector comercializador acabaron en fracaso, senon mirense os problemas de Amegrove, ou recordemos o que pasou en Odosa na illa. E o de non saberse adaptar os novos tempos pareceme ridiculo a adaptacion dos tempos e baixalo precio, todas as agrupacion intentan vender mais baixando prezos non ai outra. A xente vaise de Opmega por non vender non por vender barato. Calquer bateeiro sabe eso, todos que venden mais venden mais barato con mais calidade etc etc, demagoxia

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.