Buscar neste blog

12 de out. de 2007

A revista Dorna, en pdf

Portada do verán 2007

A asociación cultural Dorna retomou no 2005 a labor de publicar unha revista do mesmo nome. Dende entón, levan sete números editados, con contidos diversos nos que predominan os artigos locais sobre temas marítimos, históricos e ecolóxicos. Trátase dunha publicación de 28 páxinas que se distribúe de man en man, e que presenta en cada número unha portada diferente. Xa está en preparación a próxima edición, a terceira deste ano. Mentres non chega ás nosas mans, podemos consultar na rede, en formato pdf, a última entrega.

1 comentario:

  1. Paréceme moi ben esta iniciativa de poñer en internet as revista de Dorna, pois rematarán tendo un valor histórico dos acontecementos da Illa.
    Sería interesante que se escanearan os números vellos para gardalos en arquivos informáticos e poñelos a disposición do público para que a xente poida recordar os acontecementos vividos.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.