Buscar neste blog

8 de ago. de 2006

Os veciños mobilizáronse contra o lume

Os baldes, o día despois

As campás da igrexa tocaron, un coche recorreu as rúas avisando que facían falta baldes e legoñas e os teléfonos móbiles non paraban de soar. A medida que se corría a voz, os veciños foron organizándose para facer fronte ó incendio como puideron. Os primeiros en chegar á zona da Area da Secada e do campo da Bouza tiveron que enfrentarse ó lume con ramas de eucaliptos. Logo o foco trasladouse a Testos, onde se organizou unha gran cadea humana para pasar baldes de auga. Outros cortaron as árbores próximas as casas, ou cavaban a terra para facer corta-fogos, ou desviaban o tráfico... ata os turistas se uniron á rede cidadá contra o lume.

1 comentario:

  1. o que me pareceu increible foi a solidaridade humana que houbo para a extincion do lume, recordou a aquel tempo onde o chapapote quixo entrar na nosa ria e estragala por completo.Sintome orgulloso de ser da Arousa

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.