Buscar neste blog

8 de ago. de 2006

¿Como se orixinou o incendio?

Unha fumarada espesa rodeaba a Arousa

Durante toda a tarde do luns 7 de agosto, o ceo da illa estivo cuberto de fume dos incendios que había activos por toda a ría. As charamuscas chegaban ás portas das casas e o sol tiña un ton alaranxado apocalíptico, parecía un día de tronada.Pola noite, saltou a alarma: había lume na Area da Secada. ¿Pero chegou a través dunha charamusca ou alguén o provocou?

3 comentarios:

  1. Como se orixinou o incendio da Illa, como se orixinaron todos os que rodean Compostela, Pontevera, os do Morrazo, os de Vilaboa, os de Cerdedo, os de hoxe de Ourense...

    iso é o que temos que averiguar, xa.
    Quen queima o monte?
    Temos que averigualo e ir por el, por eles.

    lume nunca máis

    ResponderEliminar
  2. O que pasa en Galicia non pasa en ningún lado....é vergonzoso!!!
    hoxe outra vez incendio "fortuito" na illa, esta vez na zona da Lavanqueira ás 7 da mañá...
    Vamos a ter que montar guardias para protexer os nosos 7 km2 de superficie???

    ResponderEliminar
  3. hay mas fuegos que otros años?

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.