Publicacións

Iniciativa popular para mudar o nome do Concello

Imaxe
[Redacción] O exalcalde Sito Vázquez vén de iniciar dende o seu blog unha campaña para que o Concello da Illa de Arousa mude o seu nome por 'Concello de Arousa'. Vázquez preparou un modelo de carta de solicitude que os usuarios poden descargar e enviar por correo ao alcalde. Historicamente, tanto os habitantes insulares como os seus veciños se referiron á illa co nome de “Arousa”, unha tendencia que comezou a mudar a partir da constitución dun municipio propio baixo o nome de “Concello da Illa de Arousa”, de xeito que se está impoñendo o nome de “illa” para referirse ao lugar. Vázquez xa ten escrito en varias ocasións sobre a preocupación que lle causa o feito de que a illa estea a perder o seu nome . Máis información sobre a nomenclatura da Arousa: A illa nos mapas antigos: I , II , III (Susi Rial) Concello da Arousa (Sito Vázquez)  O nome da Arousa (Ilha de Orjais) Arousa: a illa dá o nome á ría (Xoán Dopico, revista Dorna )

Analizando os cons da Arousa: un enigmático conxunto preto do Faro

Imaxe
Foto enviada por Francisco Cores, coa intención de determinar o interese arqueolóxico do conxunto [Redacción] Ao fío dos comentarios xurdidos recentemente sobre os tesouros arqueolóxicos da Arousa, Francisco Cores envíanos as imaxes dun conxunto de cons, situados entre a Area da Secada e o Faro, que el considera que poden corresponder a unha ara prehistórica. Cores explícanos os seus argumentos coa intención de que se abra o debate e de que os expertos poidan opinar sobre a orixe das curiosas formas que adquiriron as pedras. En todo caso, confésase fascinado polo lugar.

As alertas de toxina

Imaxe
[Redacción] Os mariscadores arousáns, especialmente os que traballan a vieira e o mexillón, están afeitos a recibir avisos periódicos de toxina, que obrigan á veda temporal dalgunha especie ou zona. O respecto ás alertas alimentarias non impide que haxa voces no sector que cuestionen a existencia de determinados episodios tóxicos, unha desconfianza que ten o seu caldo de cultivo nas deficientes formas en que se comunican e explican as alertas por parte das autoridades competentes. Nesta mesma liña, un 76% dos participantes na enquisa que nos ocupa considera que non existe suficiente transparencia no peche dos bancos marisqueiros por toxina, fronte a un 23% que cre que si. Un dos últimos episodios tóxicos rexistrados na Arousa afectou a comezos de maio á amexia rubia. A Confraría recibiu o aviso ás oito e media da tarde, unha vez celebrada a poxa na lonxa, o que provocou a devolución do marisco e a perda de 15.000 euros. Fontes do pósito lamentaron non ter recibido o aviso antes de qu...

Declarado un pequeno incendio pola Area da Secada

Imaxe
[Susi Rial] Na tardiña do pasado domingo, ó redor das catro e media, foi declarado un incendio na zona do Faro, nas proximidades da praia da Area da Secada. Como podemos xulgar a raíz da imaxe, o fume visto dende o peirao do Chufre facía presaxiar un desastre considerable a nivel forestal nunha das paraxes naturais máis aprezadas da Illa. Por fortuna, a rápida chegada do helicóptero anti-incendios e a case total ausencia de vento evitaron que o lume se propagara, sendo o incendio controlado rapidamente. Cada ano, coa chegada das altas temperaturas, os incendios forestais constitúen unha enorme ameaza para o monte galego. Na memoria de todos perdura o desastre dos incendios de 2006, uns actos de terrorismo forestal sen precedentes, dos que tamén foron víctimas os montes da Illa, tal e como se relatou neste espazo no seu día. Daquela, a colaboración veciñal foi clave para evitar que o desastre tivera maiores dimensións.

As ameazas do cemiterio dos Bufos

Imaxe
Os Bufos [Susi Rial] A realización do novo sendeiro peonil permitiranos gozar de fermosos recunchos da Illa, ata agora agochados, dende Punta Cabalo ata as Rubas. Pero hai meses, cando comezaron as obras do novo sendeiro, foron moitos veciños os que puxeron de manifesto a súa preocupación debido a que o cemiterio prehistórico dos Bufos , situado nas inmediacións de Punta Cabalo, puidera sufrir algún dano. Se ben non hai motivos, cando menos en principio, polos que sospeitar que os restos non van ser debidamente protexidos, si que este feito pon de relevo, novamente, o abandono ó que están sometidos os restos arqueolóxicos máis antigos e importantes da Illa de Arousa. O cemiterio dos Bufos é de orixe prehistórica, aínda que o alfabeto fenicio presente na cerámica atopada no xacemento, ó igual que moedas da época imperial romana, indican que seguiu tendo uso en épocas moi posteriores. A necrópole constata a existencia dun antigo poboado cunha forte vinculación ó mar. Hoxe en día, na zo...

Sardiñas, do racú ou do xeito?

Imaxe
O barco de Chiquita, o único da Arousa dedicado ao racú As sardiñas do xeito son máis caras que as do racú [Redacción] Hai quen as quere do xeito e hai quen as prefire do racú. Nisto das sardiñas, como en todas as cousas, é cuestión de gustos. Na Arousa hai un único barco, o dos irmáns Chiquita, dedicado á pesca da sardiña con racú. Neste caso, as capturas fanse en mar aberto, con rede de cerco e en grandes cantidades, polo que é habitual que algunhas pezas acaben mazadas, ao golpearse contra os aparellos ou ao ser apiladas nas caixas. As sardiñas do xeito, pola contra, péscanse máis polo miudo, en pequenos barcos que faenan dentro da ría e con redes de menor tamaño. Aproximadamente, dedícanse a esta arte unhas dez embarcacións da illa. Din os xeiteiros que o seu peixe recibe un mellor trato e así queda reflectido no prezo: a cinco ou seis euros o quilo, mentres que a sardiña do racú vai a tres euros. Pero o prezo e a técnica de pesca non son os únicos factores a ter en conta á hora ...

Os trofeos da Volta á Arousa

Imaxe
[Redacción] A entrega de premios é sempre un dos actos máis esperados das regatas de dornas a vela. As tripulacións encóntranse co público que seguiu a proba por mar ou por terra, chega o momento de comentar as manobras da regata, de merendar e, se cadra, de facerse con algún trofeo. Os primeiros clasificados adoitan ser agasallados con pezas de artesanía que reproducen motivos mariñeiros, un ben destinado a lucir nos estantes de todo dorneiro que se prece. Por iso son especialmente valorados os trofeos asinados por algún artista ou artesán. Na última edición da Volta á Arousa , o listón estivo moi alto, grazas á colaboración dun grupo de creadores, que cederon gratuitamente as súas obras. O ceramista Manolo Caamaño Añón , en colaboración cos carpinteiros Fernando e Santiago, achegou as pezas para o primeiro e o cuarto premios. Os debuxos de Saúl Otero foron para os segundos clasificados, e as velas de madeira de Calixto Palacios, para os terceiros. A quinta dorna máis rápida da reg...