Publicacións

Gallego Jorreto rehabilitará a casa do Campaneiro para os xubilados

Imaxe
  Representantes dos xubilados, o alcalde e mais Gallego Jorreto, fronte á casa do Campaneiro [Redacción] O arquitecto Manuel Gallego Jorreto, autor do proxecto da Casa do Concello, do multiusos e da recuperación do peirao de pao e da fábrica de Goday, vai ser o encargado de dirixir a rehabilitación das casas do Campaneiro e de Dona Tomasa, as vivendas modernistas adquiridas recentemente polo Concello. Acompañado do alcalde, José Manuel Vázquez, Gallego Jorreto visitou a zona e quedou “gratamente sorprendido” coas casas, segundo informaron fontes municipais. Na visita tamén o acompañaron os representantes do club de xubilados, que verán satisfeita a súa vella demanda de contar cun espazo propio, xa que o Concello decidiu cederlles para o seu uso a Casa do Campaneiro. As obras serán financiadas polo Ministerio de Fomento.

Nova cita co club de lectura

Imaxe
[Redacción] A obra elixida este mes polo club de lectura Bibliarousa+ dá para un debate ben interesante. ' Otra idea de Galicia ' fai un percorrido pola historia de Galicia e as súas vicisitudes económicas e culturais, coa vontade de desmontar estereotipos.

O turismo do vento

Imaxe
[Susi Rial] Ben coñecida é a forza coa que o vento sopra na Illa . Iso fai que cada vez sexan máis os que nos visitan para aproveitar esta enerxía que tanto abunda. Por iso, nas inmediacións do Bao é doado atopármonos con xente facendo surf, ski surfing e ata facendo voar unha cometa. O reclamo do vento é un factor do que case non se fai promoción, pero iso non evita que os visitantes veñan espontaneamente. Ademais, trátase dun turismo máis limpo e menos agresivo ca o de sol e praia. Tampouco se trata dun turismo estacional, porque para a práctica destas actividades non son imprescindibles as temperaturas agradables.

Todas as letras das comparsas

Imaxe
As letras dos M.D.A. ............................................................................................................................. As letras das Rumorosas ............................................................................................................................. As letras da comparsa Armonía

Unha mirada ao conflito de Odosa, vinte anos despois

Imaxe
[Redacción] O vindeiro 18 de marzo preséntase na Coruña o documental “ Rexistro de Traballo. Doli, doli, doli, coas conserveiras ”, unha longametraxe dirixida por Uqui Permui , que aborda o conflito da fábrica de Odosa. En 1989, unhas setenta mulleres da Arousa, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica para protestar polas condicións de traballo e o peche inminente da conserveira. As reivindicacións das traballadoras quedaron rexistradas nun vídeo gravado por un sindicato do Salnés , material que lle serviu á creadora Uqui Permui parar narrar de novo a historia, contada polas mesmas protagonistas, vinte anos despois. Segundo explica Permui, o título do documental está inspirado nun dos lemas que coreaban as traballadoras, quen, por falta de entendemento ou pola vontade de adaptar as consignas laborais a unha linguaxe divertida, dicían “doli, doli”, en vez de "solidariedade". “Eran mulleres que nunca antes se manifestaran nin tiñan experiencia en prácticas polític...

Paixón por Metallica

Imaxe
Manuel Paz, o maior coleccionista de Metallica da Arousa [Susi Rial] Non naceu en Leganés, nin en Carabanchel. Manuel Paz Fernández naceu na Illa de Arousa, pero iso nunca foi impedimento para que Manuel, ó que todos coñecen como “Piri”, se convertera nun dos maiores coleccionistas e seguidores da grupo heavy estadounidense Metallica . Manuel é seguidor da banda dende 1983. Dende entón, presenciou uns quince concertos, o último, o celebrado en Lisboa no 2010 . A súa gran colección está presidida por uns 85 CDs, 11 vinilos e 22 DVDs, sen incluír dous maxisingles que editou o grupo antes de que saíra á luz o seu primeiro disco, e que constan de gran valor entre os coleccionistas. Pero, de entre toda a colección, o obxecto máis especial para Manuel é unha puga que o propio James Hetfield, líder de Metallica, lle dou na man durante un concerto celebrado no circuíto de Donington Park, en Londres. A afección de Manuel por Metallica débese, segundo nos conta, a que é o grupo que lle produce ...

Persil, as pioneiras das comparsas femininas

Imaxe
A comparsa de arousás Persil, de visita no Grove, a finais dos anos 60 [María García] Foi a finais dos anos 60 cando se formou a que cremos que foi a primeira comparsa carnavaleira da Illa formada integramente por mulleres. Un grupo de mozas tomou a idea dun anuncio da televisión no que se ofertaba un deterxente para lavar a roupa, no cal se podía ver  un grupo de majorets resaltando a brancura de “Persil”. As mozas trasladaron o anuncio ás rúas da Illa, de Cambados, do Grove e de todas as vilas veciñas que visitaron, enarborando unha pancarta co lema ”La Isla de Arosa se une al desfile del blanco”. Con letra do señor Juan de Albertina, a comparsa Persil alegrou o Entroido e causou gran expectación, porque o traxe era orixinal, as mozas bonitas e, porque non dicilo, as saias subían do xeonllo, cousa que neses anos non se podía ver a calquera hora.