Publicacións

O galeón 'Presioso' prepárase para navegar no verán

Imaxe
O  "Presioso" foi construído en 1944 . Imaxe tomada de Calmoseira [Redacción] A asociación Calmoseira xa está na fase final de restauración do galeón “Adelino Manuel”, tamén chamado “Presioso”, pola elegancia das súas formas. Queda completar a parte mecánica, e logo mercar a vela. Calmoseira prevé presentar o galeón durante a próxima edición dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais, que este ano se celebrarán en Carril, do 30 de xuño ao 3 xullo. Polas mesmas datas, tamén agardan saír dos estaleiros os outros dous galeóns que están a ser recuperados por colectivos da Arousa, o Rei do Mar e o Komaira.

O Regueiro renace

Imaxe
[Susi Rial] Nas mañás dun domingo soleado ou cando as tardes se van facendo máis longas, calquera que se achegue ó Regueiro pode comprobar que segue sendo o mesmo que aquel do que tanto gozamos nas nosas infancias. En algo contribúe niso o "skate" que colocaron hai poucas semanas alí  (algo nos di que nos agardan sorpresas semellantes de aquí ó mes de maio). Polo tanto, amplíase a oferta lúdico-deportiva para o público infantil e xuvenil ó unirse o "skate" ás xa existentes pistas de baloncesto e ós columpios. E é que os rapaces, tanto os de antes como os de agora, necesitan moi pouco para divertise. Pero maior é, se cabe, o mérito dos rapaces de hoxe en día, que viven na sociedade dos videoxogos, das múltiples canles televisivas e do ocio sedentario, en xeral. Con todo, moitos seguen preferindo xogar na rúa.

Entrevista a Carlos Otero, candidato do BNG á alcaldía

Imaxe
Carlos Otero, candidato á alcadía da Illa de Arousa polo BNG [Redacción] Dos once concelleiros que compoñen a corporación municipal da Illa de Arousa, Carlos Otero é o único representante do Bloque Nacionalista Galego. Otero conseguiu 437 votos a primeira vez que se presentou como candidato á alcaldía, nas eleccións do 2007. En maio concorrerá por segunda vez ás municipais e agarda que, esta vez, o BNG sexa chave para a formación do goberno. Coa súa entrevista, iniciamos unha serie de conversas  cos alcaldables, que iremos publicando cada semana.

A Illa, no armario

Imaxe
Os resultados da última enquisa [Susi Rial] Coa chegada da ponte, hai agora 25 anos, a sociedade da Illa sufriu un evidente cambio de mentalidade. Ós arousáns gústanos viaxar e alá onde imos deixamos unha morea de amigos. Da mesma maneira, encántanos recibir visitas e coñecer xente de países exóticos, sen que as diferentes culturas ou os idiomas sexan un impedimento para facer novas amizades. Resumindo, pouco queda daquel pobo pechado que detestaba calquera cousa que viñera de fóra. Mais debemos recoñecer que nalgúns aspectos, a Illa regresa á súa faceta primitiva. E un destes aspectos é o que ten que ver coa homosexualidade. Porque se non, non se entende por qué non vemos parellas do mesmo sexo polas rúas da Arousa collidos da man, ou porque os homosexuais deciden facer a súa vida fóra da Illa. Por qué a estas alturas aínda non se celebrou na Illa a primeira voda homosexual? Este artigo non pretende sacar a ninguén do armario, faltaría máis. A quen queremos sacar do armario é á propi...

A labor do xuíz de paz

Imaxe
 Pablo Iglesias, xuíz de paz da Illa de Arousa [Redacción] O xulgado de paz é probablemente unha das institucións menos coñecidas da Illa, e iso que por el han de pasar desde as persoas que desexan casar ata aqueles que deben responder ante a Xustiza por denuncias de calumnias. O da Arousa ten a súa sede na Casa do Concello, e é atendido por Pablo Iglesias. Os luns, toca xuízos; os mércores, conciliacións; e os sábados, casamentos. O propio xuíz de paz explícanos neste artigo cales son as súas competencias e a filosofía que guía a súa labor.

BBE & SD, o máis novo do rock insular

Imaxe
BBE & SD, durante un concerto ofrecido no Con do Moucho [Redacción] A última banda de rock que naceu na Arousa chámase 'Between Big Eggs & Small Dicks' e fórmana tres compoñentes: Viktor García (guitarra), Alberto "o alemán" (voz e batería) e Álex "funkillo" (baixo). No YouTube xa se pode ver algún directo da banda , que ofrece un rock potente e aloucado que rexeita calquera etiqueta. O grupo ten o seu propio espazo no facebook, e tamén no myspace .

Constituído o club de lectura Bibliarousa +

Imaxe
[Redacción] O club Bibliarousa + estréase coa lectura de Afirma Pereira , unha fermosa obra de Antonio Tabucchi, ambientada historicamente na Lisboa da dictadura salazarista. Coa escolla deste título, quedou constituído, o pasado mes de xaneiro, o primeiro club de lectura de adultos da Arousa, unha iniciativa que partiu da biblioteca do instituto e que secundaron, polo momento, cinco persoas. O club está aberto permanentemente á incorporación de lectores. A próxima cita será o 22 de febreiro, e terá como protagonista a un xornalista portugués, especializado en necrolóxicas.