A labor do xuíz de paz

 Pablo Iglesias, xuíz de paz da Illa de Arousa


[Redacción] O xulgado de paz é probablemente unha das institucións menos coñecidas da Illa, e iso que por el han de pasar desde as persoas que desexan casar ata aqueles que deben responder ante a Xustiza por denuncias de calumnias. O da Arousa ten a súa sede na Casa do Concello, e é atendido por Pablo Iglesias. Os luns, toca xuízos; os mércores, conciliacións; e os sábados, casamentos. O propio xuíz de paz explícanos neste artigo cales son as súas competencias e a filosofía que guía a súa labor.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

[Pablo Iglesias, xuíz de paz] O xulgado de paz é o primeiro eslavón da Xustiza, aínda que tamén é o irmán pobre, pola súa falta de recursos e pola escasa posta en valor que fan as distintas administracións. Entre as súas funcións, están a da custodia do rexistro (nacementos, defuncións e casamentos), así como todas as certificacións derivadas deste rexistro.

Tamén son facultades dos xulgados e do xuíz de paz os casamentos, as entrevistas e as dilixencias para a celebración de matrimonio civil, así como o levantamento de finados. Do mesmo xeito, tamén o son a celebración de conciliacións, que son o intento de chegar a un acordo entre as partes, antes de pasar a un posible litixio xudicial. E os xuízos de faltas, que así están estipulados nos artigos do Código Penal (artigos 620, 626, 630, 632 e 633).

Os xulgados de paz teñen a súa orixe na Lei de Enxuizamento Civil de 1855, e aínda que con altibaixos, mantiveron ata os nosos días intacta a súa filosofía. O xuíz de paz era antigamente o “home bo do pobo”, a persoa á que todos respectaban, e esa debe seguir sendo a esencia da institución. Dentro das nosas humildes posibilidades, tentamos que iso siga sendo así.

A labor no é doada, require un amplo coñecemento do pobo, da súa idiosincrasia e das súas xentes, en definitiva. E non só se trata de aplicar a lei, senón de arbitrar nos conflitos, para o cal penso que é fundamental este coñecemento do pobo e dos seus veciños.

A xente acode a nós a consultar, moitas veces, cousas que non son da nosa competencia, acoden simplemente porque confían na institución. Escoitándoos, axudámoslle, non quizais a resolver o problema, pero si a que o vexan dunha maneira mais sosegada, e desde outra perspectiva, para así poderlle dar unha mellor solución.

Cando se trata de mediar entre dúas partes, as cales xa se dixeron de todo, a cuestión non é fácil de solucionar, pero se se intúe unha pequena luz na escuridade do problema, o xuíz de paz ten a obriga ética e moral de tentar que as partes cheguen a un acordo. E un xeito de mediar, dunha forma sensata e xusta para ambas as dúas partes, é informando aos interesados das posibles consecuencias de non acadar un acordo. Ás veces, conséguese, e a verdade é que un séntese realmente útil. E cando as cousas se complican, hai que tratar de que os interesados vexan a parte máis humana do conflito, e dende esa perspectiva, tentarlle dar unha solución.

Penso que a labor do xulgado e do xuíz de paz é moi importante no sistema de xustiza do país. E aínda o sería máis, se se reformara a actual lei de Xustiza e se dotara de máis competencias e medios aos xulgados de paz, o cal contribuiría a desatascar os xulgados de primeira instancia, que a día de hoxe están hipersaturados.

Para rematar, só engadir que quen lexisla é o poder político. Polo tanto, mentres os políticos no se poñan de acordo cun gran pacto pola Xustiza, as leis ás que non se lles dediquen presupostos axeitados, serán papel mollado.

Comentarios

  1. Desde mi humilde opinion,creo que se puede hacer una labor muy importante si efectibamente las leyes cambiaran,pues el pueblo bien save lo que esta ocurriendo en muchos casos en que la ley no sirve de nada,mas que nada me refiero a delitos pequeños en el que un juez de paz podria despachar por asi decirlo incluso con servicios a la ciudadania y asi educar a ciertos delincuentes entre otras cosas.

    ResponderEliminar
  2. es verdad que los juzgados de paz son la hermana pobre de la justicia,y que la labor que se hace alli,en la mañor parte de los casos,es no solo importante,si no muy humana,por que esta muy prosima a todos los vecinos,y ademas es gratuita,con instalaciones muy precarias y con escasos medios.Ahi que ver lo que son capases de hacer,con vocacion de servicio publico,y mucha voluntad.

    ResponderEliminar
  3. Boa labor,Pablo

    ResponderEliminar
  4. non sabia que este cargo,tinha tanta reponsabilidade,o que si e certo,e que temos,sin desmerecer a nadie,unha boa persoa o frente desta intitucion,respetada polo povo,y asua traxectoria,tanto no eido da politica,como na vida social do povo ,asi o avalan,eu tamen che felicito amigo pablo,por a tua laboura a frente do xulgado da iila.

    ResponderEliminar
  5. Moi ben Pablo, ti si que vales.

    ResponderEliminar
  6. o republicano03/06/11, 20:43

    xuiz,a ver cando carallo volves a politica,a esquerda votao de menos,vostede ainda ten moito que decir na politica municipal do noso povo,un saudo republicano.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.