Publicacións

Uxía²

Imaxe
Fotografía tomada da web de Uxía [Manuel Suárez Nieto] Uxía's ao cadrado, ou ao caldeiro, como gusten. Ultimamente as sereas fondean na Abilleira ao abrigo dos temporais do sur. Que as traería a este o porto?, que fixo que aquí quedaran?, sería a boa fama dos nosos carpinteiros de ribeira? Hai uns días falabamos do "Manual de sedución" dos Marful da Ugia Pedreira e do seu “Pasodoble Universal”, no que se acordan das mulleres da Arousa, das que din que non se mercan nin se venden. Hoxe vennos á memoria o último traballo de Uxía Senlle, "Eterno Navegar", un disco con conexións moi intensas coa nosa terra. A peza número oito chámase "A fala da serea", e segundo a propia autora é “un autorretrato un tanto distorsionado feito coma homenaxe a unha illa que me deu tranquilidade e alegría, A Arousa”. Tamén son feitas na Arousa as fotos da capa e as do interior que acompañan cada un dos temas. Podemos ver dende Carreirón ata Barbafeita. A reportaxe fíxoa o...

Luís Guillán, in memóriam

Imaxe
  Luís Guillán (no centro, co xeonllo erguido), nunha fotografía familiar [Susi Rial] O pasado 12 de outubro, morría á idade de 95 anos Luís Guillán Cores, na súa casa e rodeado de toda a súa familia. Con el desaparece unha testemuña dunha parte importante da historia da Illa de Arousa, en concreto, aquela que atinxe á primeira das grandes reivindicacións arousás: "luz, ponte e concello".

Pechada unha irregular tempada de dornas a vela

Imaxe
Unha das embarcacións participantes na Volta á Arousa 2010 [Redacción] As regatas de dornas a vela pecharon este ano a súa tempada máis irregular dos últimos tempos. O vento, os problemas internos dos clubs e as desavinzas entre colectivos de diferentes localidades contribuíron a enrarecer o ambiente. Para comezar, o Trofeo Galicia, a competición máis importante do mundo na súa modalidade, quedou a medio facer.

Noitebús, máis ca un medio de transporte

Imaxe
[Susi Rial] O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciaba o pasado mes de setembro a retirada das subvencións públicas para o servizo de Noitebús, dentro da súa chamada "política de austeridade". A nova non deixou indiferente a ninguén e as protestas non se fixeron agardar.

Ubuntu

Imaxe
Imaxe tomada da Galipedia [Manuel Suárez Nieto] O outro día na Biblioteca Municipal levei unha alegría, ademais de ser todo un pracer ver á nosa bibliotecaria e os premios María Moliner que xunta, como quen non quere a cousa, nos estantes, facéndonos sentir a todos un pouco máis orgullosos de ser de onde somos. O caso é que tiña que consultar o correo e pregunteille que computador podía usar.

As enquisas do non

Imaxe
  [Redacción] Ata o de agora, nas enquisas que levamos publicadas, gaña a opción do “non” por maioría. A primeira consulta, sobre as obras da ponte, contou cunha participación de 25 votos, dos cales un 76% manifestou un descontento co resultado das reformas que se están a acometer no viaduto. A segunda enquisa, que interrogaba sobre a política municipal de deportes, recibiu 19 votacións, e máis do 60% valorou negativamente o apoio brindado polo Concello ao deporte local. A nova enquisa aborda un tema recorrente cando se fala da conxestión de tráfico no centro urbano da Arousa, a posibilidade de peonalizar algúns barrios e rúas. Teñen unha semana para votar.

Enganchados ó Facebook

Imaxe
[Susi Rial] As redes sociais son o último chanzo na comunicación virtual, que comezou no seu día co sinxelo correo electrónico. Os arousáns non estamos á marxe destas novas tecnoloxías. Redes como Tuenti, Twitter e Facebook adoitaban ser de uso case exclusivo da xente nova. Pero hoxe en día a idade dos usuarios está moi diversificada, o cal enriquece en gran medida os seus contidos.