Buscar neste blog

15 de out. de 2010

As enquisas do non

 

[Redacción] Ata o de agora, nas enquisas que levamos publicadas, gaña a opción do “non” por maioría. A primeira consulta, sobre as obras da ponte, contou cunha participación de 25 votos, dos cales un 76% manifestou un descontento co resultado das reformas que se están a acometer no viaduto. A segunda enquisa, que interrogaba sobre a política municipal de deportes, recibiu 19 votacións, e máis do 60% valorou negativamente o apoio brindado polo Concello ao deporte local. A nova enquisa aborda un tema recorrente cando se fala da conxestión de tráfico no centro urbano da Arousa, a posibilidade de peonalizar algúns barrios e rúas. Teñen unha semana para votar.

15 comentarios:

  1. A reforma da ponte para min foi un gran fiasco. A estrada e moi estreita, vexo ben que se respeten os peatons e ciclistas pero o que non poden ter e tanto espazo na calzada como os vehiculos a motor que son a maioria que cruzan a ponte.

    En canto a enquisa do deporte municipal resumese, no apoio do concello a Ramon Ferro. Non sei si e porque a deputación apoiou a Ramon, ou financiou proxectos para o Celtiga e Piraguismo, e non lles gusta. O que esta claro e que o que prometeron hai 4 anos en canto a infrastructuras deportivas no seu famoso DVD f
    foi un absoluto fracaso ou mais ben unha mentira premeditada.

    En canto a nova enquisa da peonalización supoño que do regueiro, penso que seria moi complexo porque hai moitos negocios nesa zona e necesitan trafico rodado. Creo que seria moi complexo.

    ResponderEliminar
  2. A reforma da ponte non ten porque ser un gran fiasco , pensa en que o que non vemos que e o mantemento que se lle fixo a ponte por debaixo e o mais importante, xa que en 25 anos sin tocarlle era necesario esa operacion de mantemento, que non che guste como quedou a calzada, entendo, de ahi a calificar a fiasco hay un treito , xa que como digo o importante e o mantemento.

    En canto o deporte municipal, esta apoiado polo concello a traves da fundacion deportiva, que apoia a base, e moi triste ver como o Celtiga se leva un monton de cartos para a base e despois a cada meniño lle cobran 120€ ano , e aparte que compren o chandal, destinando os cartos que reciben da fundacion ao primeiro equipo, asi que eu creo que xa levan de mais. Respecto o apoio da diputacion, clientelismo puro e duro, os da sua corda moi ben, e os outros que lle den, nada novo baixo o sol.....

    En canto a peatonalizacion, por poñer un exemplo en pontevedra esta todo moi peatonalizado, e ahi si que hay negocios , pero teñen horarios de carga e descarga, polo tanto si que e moi factible e sexa dentro de dous ou dentro de 20 anos , o centro de a illa sera peatonal, mellor que fose canto antes, xa que coa de vaquillas que van polo pueblo en coche e en moto , non me explico como no hay mais desgracias.

    saudos

    ResponderEliminar
  3. Eu podo afirmar que o Concello non apoia en nada o deporte municipal. Os cartos que destinan a través da Fundación son mínimos.
    Si non fose pola Diputación que apoia enormemente ao deporte da Illa aquí pasaríase moi mal: 2 Campos de Fútbol, axudas para a compra de material deportivo e de apoio como a zodiac en piraguismo, axudas para a compra de furgonetas, etc, etc, etc...
    En canto ao da Ponte, nin fu, nin fa. Un mal proxecto da Caride e xa se verán os resultados. Por certo, 18 millóns de € que eu non sei donde están.
    No da peatonalización, xa veremos no vindeiro DVD que se nos vende, pero o dos parkings xa non cola e a estes socialistas seguro que non lle dan nada. Ademáis, peatonalización sen alternativas de tránsito é o caos (en Pontevedra hainas, non esquezas) e que non teña que pasar unha ambulancia a recoller un enfermo ao medio do pueblo.

    Ou non?

    ResponderEliminar
  4. A humanización ou uso preferentemente peonil das rúas do casco da Arousa non ten porque excluír o acceso en coche, só que este debe quedar limitado a servizos de emerxencia, acceso aos garaxes e vivendas dos veciños, servizos ao comercio, etc.

    O da ponte, non sei, pero paréceme que vai ser unha oportunidade perdida, a distribución dos usos sobre o taboleiro paréceme que non convence a ninguén, ademais de supoñer algúns riscos. A balaustrada que puxeron dentro de catro días vai estar chea de roña, a antiga era de formigón e tubo, esta non é máis bonita e xa veremos co tempo como queda, e o do mantemento, que queredes que vos diga, gastar 12 ou 14 millóns de euros, quero lembrar, nunha lechada, paréceme un exceso. É máis do que custou a construción, salvando as distancias.

    No do deporte, o resultado da enquisa paréceme moi beneficioso para o Concello. A contribución económica é máis que limitada, e as instalacións que temos son ben poucas e regulares. A Deputación tampouco pode presumir de moito, recentemente dáballe cartos a Vilanova e Ribadumía e aos clubs da Arousa nin chica.

    PS Creo que os clubs teñen que xustificar o uso das axudas e o seu destino ao deporte base, non poden empregalo noutras seccións que non sexan as de promoción. Calquera actividade que pretendas facer, para nenos ou maiores, por exemplo un curso de fotografía ou de informática, custa cartos. Se dis 100 ou 200 euros parece moito, pero se dis 10 ou 12 euros ao mes é ben pouco. Outra cousa é que haxa xente que non poida pagar e se teñan que artellar mecanismos de axudas especiais. Pois iso, que cada quen vote o que pensa.

    ResponderEliminar
  5. Hai alguns que siguen no todo va bien. A construccion de infrastructuras e subvencions para o deporte local e cliantelismo. Todo o que non vos cheira a rojo esta moi mal feito. A distribución da calzada da ponte e perigosa para o trafico rodado, porque non hai arcens, e si pescas un tractor tes que ir a vinte por hora todo o tempo, porque e liña continua.
    Eu desde que Pontevedra esta tan humanizada, e quitaron todalas plazas de aparcamento publico non vou ali comprar nada. A xente busca comodidade e en Pontevedra non a hai. Parkings privados caros, e moita xente coma min que decide non ir mercar ali. Os dos centros comerciais das aforas poñenese as botas cas humanizacións.

    ResponderEliminar
  6. Serán subvencións para o deporte local de Vilanova e Ribadumia supoño, porque para a Arousa Louzán non deu nada, mira o BOP. No de Pontevedra, que queres que che diga, datos, mira o comercio que había antes e o que hai agora, é a única cidade que creceu en número de habitantes. Iso de que os aparcadoiros son caros é falso, coma case todo o que dis. Se deixaches de ir a Pontevedra será por outra cousa, non pasa nada, cada vez en Pontevedra hai menos lixo, só queda a celulosa e non sae de alí polo PP, pero todo se andará.

    ResponderEliminar
  7. A onde vas mercar agora, porque non hai unha soa cidade gobernada polo pp. Cando abra o centro comercial durán-durán xa terás a onde ir, ese si que se vai poñer as botas e arruinar ao comercio local.

    ResponderEliminar
  8. Pois eu non o vexo así, dende que Pontevedra está peotonalizada deixo o coche no párking e podo ir cómodamente a facer as miñas compras e penso que debemos recordar que vivimos en un lugar de 7 km2 e temos graves problemas de mobilidade. A peotonalización non soporía impedir o paso de unha ambulancia como dí un dos comentarios de arriba senon facilitalo porque actualmente para que unha ambulancia ou un coche de bombeiros chegue de noite á miña casa tería terían que ir despertando veciños pra que movesen os seus coches por toda a rúa e iso non sucedería se fose peatonal e as zonas de aparcamento estivesen marcadas. Por non falar da masificación que sufrimos polo verán e que sucedería se hoube unha emerxencia nas praias. En canto a iso tamén temos o exemplo de Londres que cobra unha peaxe pola circulación do tráfico rodado na cidade dende 2003 con mois bos resultados porque conseguiron todos os obxetivos propostos.
    En canto ao tema da ponte ou do noso viaducto pareceme xenial poder cruzalo con seguiridade en bici ou andando pero creo que eso días en que hai atascos e imposible facilitar o paso a un vehículo de emerxencias ou a un vehículo especial porque non hai arcén.
    Sen máis déixovos un enlace a este documento elaborado polo Ministerio de Fomento que contén propostas de actuacións para a administración e as empresas en materia de mobilidade onde se explican os motivos os porqués e os veneficios das diferentes actuacións que propón levar a cabo non para convencer a ninguén pero para que polo menos o xulguemos dende un punto de vista obxetivo


    http://www.mma.es/secciones/participacion_publica/calidad_contaminacion/pdf/090115_Estrategia_Espaniola_Movilidad_Sostenible_Borrador.pdf

    Ahí queda eso

    ResponderEliminar
  9. http://www.oei.es/cienciayuniversidad/spip.php?article267

    ResponderEliminar
  10. El deporte na Isla esta olvidado. Pero non e de estrañar xa que todo na Illa esta olvidado.

    A reforma do puente da Illa e un cachondeo. O trafico que soporta o puente, especialmente en horas puntas no veran, vai ser unha pesadilla. Esta ven que o reformen si necesita, ahi xa non entro que non son un engeniero. Pero a calzada que deixaron con 2 carriles e linea continua e nefasto. A ver cando teña que salir unha ambulancia con unha urgencia, para donde se aparta o trafico. eu non penso meter o coche contra os bordillos que estan metendo. E nin falemos si vai un domingueiro circulando a 15 para aproveitar a vistas, fai falta 20 minutos para cruzar o puente. E sin entrar a valorar os riesgos pos peatons e ciclistas, que por o puente circula cada un que da pena. Ainda o outro dia adelantoume un elemento a mais de 120.

    ResponderEliminar
  11. Se che toca un dominguero a 20 é sancionable porque vai a menos da velocidade mínima establecida e como ti ben dis o que non pode pasar é que circule xente a 120

    ResponderEliminar
  12. Cando fagan o pabellon, a piscina municipal, e sobre todo a porta da Illa,tan imprescindible po noso pobo falde conmigo. Mentres tanto ide chupando mentiras e mentiras a montes que non queredes ver. E todolos anos a enchufar personal e a subir impostos. Viva o Socialismo

    ResponderEliminar
  13. O meu comentario número 12 non e un apoio o PP senon unha critica o socialismo municipal, que se poderia extender facilmente o nacional. Para que ningun me conteste que os do PP aqui e ala. Porque xa sei o que van escribir catro por aqui. Porque falades mal de outros para tapar as vosas vergonzas e non afrontar a sarta de mentiras que contastes por catro votos.

    ResponderEliminar
  14. Claro meus, a fundación deportiva repartindo os cartos dos bateeiros e mariscadores por que, canto pon o Concello?
    Ao nº 6, para mirar o BOP tes que aprender a ler primeiro e cando vaias a Testos e á Bouza abre ven os ollos ao estilo Amenabar. Ok. E si non fala con Arturo e él cho dirá.
    Ao nº8, pois eu teño visto ambulancias por Pontevedra cas sireas acendidas que, entre os badéns e os coches que levan diante, que non poden meterse ao arcén, non quixera ser eu o enfermo de dentro e ter que chegar urxente ao hospital, e eso que o teñen perto. E eso é consecuencia da peatonalización.
    Peatonalización sí, pero con alternativas, e polo de agora non as hai. Mentras non se contemple unha vía que parta do Campo á Abilleira non se poderá peatonalizar o centro da Illa.

    ResponderEliminar
  15. O 14 tes toda a razon.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.