Publicacións

O silencioso fito xeográfico

Imaxe
Vértice xeodésico no Santo Placa que acompaña o vértice [Susi Rial] Dende o ano 1982, a impoñente estatua do "Santo" vese acompañada por unha discreta construción de formigón. Trátase dun fito xeográfico ou vértice xeodésico. Forma parte da rede xeodésica sobre a que se articula toda a cartografía de España. Faise a modo de triangulacións no terreo, nos cales, os fitos son os vértices dos triángulos. Calquera traballo topográfico ou de levantamento de mapas ten que apoiarse nesta rede. De aí a súa gran importancia, moi ben referida na placa que o acompaña. Enriba do cilindro hai un punto sobre o que se pode traballar para facer medicións. Non sen certa dificultade, pois non debe ser moi sinxelo subir até ese punto cun trípode e un aparato de cinco quilos. Pero, iso si, a súa fiabilidade está máis que contrastada. Fronte ó Concello, hai unha placa similar á do fito. Nela aparece o sistema ETRS89, que inclúe a utilización de novas tecnoloxías como o GPS, que fai que a precisi...

Canteiras improvisadas

Imaxe
Canteira na zona de Gradín Marcas de canteiría nun con da Grañeira Se as dunas forneceron de area as labores de construción dos habitantes da Arousa, a extracción de pedra tamén debeu ser unha práctica habitual noutros tempos. Moitos cons da Arousa presentan marcas de canteiría que así o indican.

As dunas da Arousa, en perigo

Imaxe
 Valado que protexe as dunas en Carreirón As dunas frean o avance do mar sobre a terra, así que a súa destrución, máis alá dos prexuízos ambientais, tamén ten efectos sobre a propia superficie territorial da Arousa, que pode ver diminuída aínda máis a súa reducida extensión de solo. A urbanización da beiramar, o tráfico rodado e a carretaxe da area son algunhas das ameazas que pesan sobre o sistema dunar da illa. Coa información facilitada polo biólogo Juan Poza, presentamos unha relación das dunas máis destacadas.

Roxa, rubia, vermella, encarnada

Imaxe
A I Festa da Ameixa Roxa, no Chufre, coas bandeiras en homenaxe á selección de fútbol Coincidiu esta fin de semana a primeira festa da ameixa “roja” coa victoria da “roja” no Mundial de Fútbol de Sudáfrica. Dirán vostedes que ten que ver unha cousa coa outra, pero os amigos das cábalas de seguro que non pasan por alto tanta casualidade. Habendo no mar incontables especies de viandas comestibles, foi precisamente a ameixa “roja” a escollida para facer de engado dos turistas, unha vez máis. Non existe en Galicia ningunha outra exaltación gastronómica especializada na venerupis rhomboides , e inventámola nós. Fíxense vostedes, ademais, no acertado da tradución: á hora corrixir o castelanismo co que se denomina na Arousa a ameixa, optouse pola forma “roxa”, desbotando outras posibilidades como “vermella” ou “encarnada”, máis axeitadas para traducir o termo castelán “roja”. “Roxa” tiña que ser, e con razón. A venerupis rhomboides chámase tamén “ameixa rubia”, e polo tanto, tamén poder ser...

Novo xefe para o marisqueo a flote

Imaxe
Mariñeiros á volta do raño Logo dun baleiro de poder que se prolongou durante dous meses, a confraría da Arousa xa ten novo patrón maior. A xunta xeral elixida nas eleccións celebradas a mediados de xuño vén de designar a Ángel Iglesias García, “o Pichón”, xefe do marisqueo a flote. O seu mandato durará apenas un ano, ata que a Consellería do Mar convoque eleccións xerais nas confrarías galegas, previstas para o 2011. Co nomeamento de Ángel Iglesias, péchase a situación anómala que viviu a confraría tras a dimisión, o pasado mes de abril, de boa parte do equipo de Benigno Chaves, anterior patrón maior. Segundo a nova lexislación, é a Xunta a que se encarga de convocar eleccións en todas as confrarías galegas a un tempo. Tras esgotar o seu mandato de catro anos, e ante a imposibilidade de organizar uns comicios, Chaves decidiu renunciar ao seu cargo e forzar deste xeito as votacións para a renovación da directiva. A nova dirección da Confraría ,  composta polo patrón maior, un vic...

As dunas da Area da Secada

Imaxe
Dunas na Area da Secada [Susi Rial] Sempre estiveron aí. Para calquera que teña nacido ou vivido na Illa durante moitos anos, non lle parecerá estar vendo o extraordinario conxunto que en realidade é. As dunas da Area da Secada son dunha certa entidade, polo que non é doado ver algo semellante nos arredores. Dicir, como curiosidade, que incluso foron escenario dalgunha que outra serie de televisión. Na súa formación entraron en xogo varios factores: un espazo moi areoso e a confluencia de varias direccións de vento. Nun principio deberon de ser móbiles, até que foron fixadas pola vexetación que as  colonizou. O fenómeno dunar máis impresionante que atopamos nas Rías Baixas está en Corrubedo, coa súa gran duna móbil de máis de un quilómetro de lonxitude. Hai xa varios anos que tivo que ser pechada ó público, para protexela dunha morte prematura. Así pois, e tendo en conta as diferencias, aproveito esta oportunidade que me foi dada para pedir medidas de protección e preservación de...

Sons da Arousa: as 10 da noite

Aquí teñen o primeiro rexistro sonoro dunha colección que agardamos ir ampliando pouco a pouco (e mellorando en calidade), ata conformar un arquivo sonoro da Arousa. Comezamos coa peculiar forma de dar as dez do reloxo público da caixa de aforros . A gravación fíxose o 27 de xuño de 2010, ás 22.00 h, con día claro e os paxariños a piar. Admítense suxerencias sobre posibles escenarios.