Publicacións

Xa está arranxado

Imaxe
Hai unhas semanas dabamos conta do derrube do paseíño do Regueiro , baixo o que se agocha o canal dos sumidoiros. Como ven na imaxe, a desfeita xa foi reparada.

As pías dos cons de Testos

Imaxe
C onxunto de cons con valor xeolóxico, en Testos Detalle dunha das cavidades cilíndricas que presenta o con Outra pía de orixe natural no mesmo conxunto [noticia rectificada] Na redacción orixinal desta información propoñiamos o conxunto de cons do piñeiral de Testos, situado preto do denominado Con da Abella, como unha posible mostra de pedras con valor arqueolóxico, baseándonos nas cavidades que presenta, similares á ara de Niño do Corvo rexistrada por Ilha de Orjais, e na súa proximidade a esta. O biólogo arousán Juan Poza acláranos que en realidade as cavidades que se observan nas imaxes son resultado dos efectos da meteorización e erosión química e diferencial do granito, que forma as coñecidas popularmente como pías (marmitas de gigante, en castelán). Segundo explica Poza, este tipo de ocos cilíndricos están considerados como formacións de interese xeolóxico, e nos cons da Arousa existen varios exemplos. Se cadra, no pasado as pías foron usadas polos antigos poboadores da Aro...

A pérgola que nunca deu sombra

Imaxe
Pérgola no paseo marítimo do Cantiño Será porque a salitre queima as prantas, porque non se escolleu a especie gabeadora axeitada, ou porque non recibiu os coidados que precisaba; o caso é que a pérgola do paseo marítimo do Cantiño xace desde a súa construción nun estado de triste nudez, sen follaxe que a envolva, nin en inverno nin en primavera. E así van pasando as estacións.

Un videoclip gravado na Arousa

As praias da Arousa no outono serven de escenario do último videoclip de Ataque Escampe , un grupo que se autodefine coa etiqueta de "rock de serie b", pola precariedade de medios coa que comezaron. A canción do vídeo, titulada "Europa e o ballet", ben podería comezar así: "Xastelas é o lugar onde o ballet tamén se podería ver como a maneira de aparentar que as persoas somos quen de ter ás..."

Neuroband prepara o lanzamento do seu primeiro traballo discográfico

Imaxe
Imaxe collida da web Manuelseixas.com Neuroband , o grupo formado por Manuel Seixas, Xurxo Romero, Nicolás Leal, Edgar Santorum “Coco” e Víctor García “Carallada”, ten todo a punto para o lanzamento do seu primeiro traballo discográfico. A banda agarda poder presentar durante este ano o CD “Proceso amniótico”, no que reúne oito temas en galego e dous en inglés, froito de máis de dous anos de traballo. O libreto que acompañará o CD, realizado por Xurxo Romero con fotografías de AmebaVision, tamén está listo, así que só lles falta atopar un selo discográfico que os apoie. De non ser así, Neuroband tentará autoeditar a súa música, segundo confirmaron membros do grupo, para iniciar logo unha pequena xira de concertos. Neuroband é o resultado da unión de músicos procedentes dos desaparecidos Korosi Dansas (Vilagarcía) e Fungo (Illa de Arousa). No 2004 gravou a súa primeria maqueta baixo o título “Microse”.

Quen paga as festas?

Imaxe
As vendas na lonxa están gravadas cun imposto festeiro, tal e como se aprecia neste albarán O financiamento das festas do Carme, a celebración máis importante da Arousa, corre a cargo da sociedade civil. Hostaleiros, empresarios, comerciantes, bateeiros e mariñeiros contribúen anualmente á organización do programa de festas con desiguais cotas, que poden dar lugar a siuacións inxustas. Dáse a circunstancia de que a comisión de festas adoita pedirlles ás agrupacións de mexilloeiros 60 euros por batea, unha cantidade similar á que achegan algúns bares, sendo estes os principais beneficiados das festas do verán. Pero sen dúbida, o colectivo máis gravado é o dos mariscadores, que queira ou non queira, ha de destinar unha porcentaxe fixa de todas as súas vendas na lonxa ás festas. Esta especie de imposto revolucionario-festeiro permítelle á confraría contribuír á festividade do Carme con cantidades que se achegan aos 20.000 euros. A xenerosidade da confraría é en realidade un lastre que ca...

Arqueoloxía: o mapa da Arousa

Imaxe
Os puntos clave da arqueoloxía insular Existe unha tendencia a considerar que a Illa de Arousa non conta cun patrimonio arqueolóxico destacable. Mais esta afirmación semella froito do descoñecemento máis ca da realidade. Se nas vilas veciñas se atoparon conxuntos megalíticos, e mesmo está documentada a existencia de enterramentos funerarios da Idade de Bronce no illote Areoso, o sorprendente sería que na Arousa non houbese ningunha pegada dos antigos poboadores. Neste mapa localizamos seis lugares clave para achegarse á esquecida arqueoloxía da illa: -O cemiterio dos Bufos , un xacemento estudado, mais totalmente abandonado. -O conxunto das praias de Riasón e dos Tarais , quizais un dos restos máis interesantes, de magnitude aínda por descubrir. -A ara de Niño do Corvo: unha pedra cunha misteriosa cavidade, que podería remitir a antigos ritos pagáns. Xulguen as imaxes do post correspondente. -O conxunto das praias do Naso e da Cova : ao igual que en Riasón, no norte da illa o ...