Publicacións

Mar libre: o tráiler

Imaxe
Os "extras" de Dorna, durante a rodaxe en Sálvora (imaxe collida do blog de Dorna) A través do blog da asociación cultural Dorna , imos coñecendo detalles da rodaxe de Mar libre , un filme ambientado no século XVIII, dirixido polo monfortino Dani de la Torre. Mar libre ten como contexto a chegada dos industriais cataláns á costa galega e narra a historia do capitán Anxo Estrada, fillo dun mariñeiro, que volve á súa aldea natal despois duns anos de ausencia, e decide rebelarse contra as inxustizas provocadas por un desapiadado empresario. A película está sendo gravada en escenarios de Carnota, Redondela, Muros e Sálvora, entre outros, e conta coa participación de extras coñecidos: as embarcacións e os tripulantes da Escola de Navegación de Dorna. Mar Libre está producido por Ficción Producciones en colaboración coa Televisión de Galicia, e probablemente se emita como miniserie.

En tempada alta, e as conserveiras sen facer pedidos

Imaxe
Cargando mexillón para fábrica, no Chufre A partir de setembro comeza a “tempada” alta no sector mexilloeiro. As conserveiras fan aprovisionamento de molusco, así que nesta época, as asociacións de mexilloeiros adoitan estar en plena actividade, en resposta á demanda das fábricas. Porén, este ano, os bateeiros están a velas vir. Jealsa (Rianxeira), Calvo e Garavilla (Isabel), as compañías que absorben o 70% da produción do mercado galego, non fan pedidos, e a estratexia dos grandes da industria transformadora é imitada polos pequenos. No ruxe ruxe do sector, sospéitase que este cambio no proceder das fábricas podería obedecer a unha medida de presión sobre os produtores, coa intención de baixar os prezos. Coas bateas cheas de mexillón, os bateeiros veríanse obrigados a ceder ante as esixencias das conserveiras, para darlle saída ao stock. O prezo de mexillón para a fábrica vén determinado por unhas táboas, nas que se ten en conta o rendemento da carne e o número de pezas por quillo. O...

Un agasallo da natureza

Imaxe
A punta de Testos ao solpor, o 12 de outubro As postas de sol na Arousa son fermosas todos os días. Pero o pasado luns, o ceo tinguiuse de lume .

Onde está o cangrexo?

Imaxe
Unha poza calquera, na praia do Mallón

O xardín secreto

Imaxe
Vista do xardín, desde o piorno situado fronte ao edificio Goday O de Goday é un dos poucos xardíns públicos de interese que hai na Arousa A zona non é accesible para os veciños O xardín de Goday, que pertenceu no seu día á casa familiar do industrial conserveiro, é aínda un lugar descoñecido para a maioría da poboación local. O contorno foi recuperado e acondicionado no 2007 polo obradoiro de emprego Nordés pero permanece pechado dende entón, a pesar do seu carácter público.

Máis placas de inauguracións

Imaxe
Placa no cruzamento da Franqueira e a estrada das Aceñas Se hai uns meses falabamos da placa-monumento de Fraga colocada no paseo marítimo do Cantiño, ben merece atención especial este outro monolito piramidal situado na Franqueira. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde da Arousa, Manuel Vázquez, non quixeron deixar pasar a oportunidade de incrementar o patrimonio monumental da illa, con esta placa que conmemora a “inauguración oficial” da estrada das Aceñas. Como adoita acontecer, a vía xa existía moito antes do ritual político de inauguración, pero é xusto que as xeracións vindeiras lembren, con nomes e apelidos, quen foron os responsables de dotar a estrada de beirarrúas e sinalización, sen dúbida, unha actuación de envergadura que ficará na memoria popular. É máis, cada nova beirarrúa debería ter o seu correspondente monolito piramidal.

Sen traballo á vista

Imaxe
Cartel pegado no pantalán do Chufre Datos do paro na Arousa, correspondentes ao ano 2008 O mar constituíu tradicionalmente unha saída laboral para as xentes da Arousa, especialmente para os homes. O progresivo regulamento do sector marisqueiro e pesqueiro, tendente á redución da flota de baixura, acoutou nos últimos anos as posibilidades de vivir dos recursos do mar. Ata os mariñeiros teñen que poñer carteis na procura de traballo. Con todo, as persoas máis castigadas pola falta de perspectivas laborais son as mulleres. Segundo datos oficiais, no 2008, o 4,5% da poboación da Arousa estaba rexistrada nas listaxes do paro. Se observamos os datos por sexos, a cifra sobe ata o 6,7% no caso das mulleres, fronte ao 2,4% dos homes. O perfil do parado máis común na Arousa é unha muller, entre os 25 e os 49 anos.