Buscar neste blog

22 de set. de 2009

Sen traballo á vista

Cartel pegado no pantalán do Chufre

Datos do paro na Arousa, correspondentes ao ano 2008


O mar constituíu tradicionalmente unha saída laboral para as xentes da Arousa, especialmente para os homes. O progresivo regulamento do sector marisqueiro e pesqueiro, tendente á redución da flota de baixura, acoutou nos últimos anos as posibilidades de vivir dos recursos do mar. Ata os mariñeiros teñen que poñer carteis na procura de traballo.

Con todo, as persoas máis castigadas pola falta de perspectivas laborais son as mulleres. Segundo datos oficiais, no 2008, o 4,5% da poboación da Arousa estaba rexistrada nas listaxes do paro. Se observamos os datos por sexos, a cifra sobe ata o 6,7% no caso das mulleres, fronte ao 2,4% dos homes. O perfil do parado máis común na Arousa é unha muller, entre os 25 e os 49 anos.

20 comentarios:

  1. ZP acabas con nós23/09/09, 20:59

    Descoñezo que tipo de "fonte" utilizan os economistas de La Caixa (paro EPA ou rexistrado-INEM), digo esto porque si se tomara a poboación activa (que é a realmente significativa, 16-65 anos)a porcentaxe sería maior.

    ResponderEliminar
  2. Mulleres rurais. Hai mulleres rurais na Arousa?. A verdade é que me sinto moi identificada có que di este artigo do País (hai que ver como está o País!) que fai referencia a un estudio da Funcación La Caixa. A ver o que vos parece.
    ...
    Las mujeres no quieren repetir asfixiantes esquemas tradicionales y el medio rural "amplifica la desigualdad de género, la subordinación del mundo femenino al masculino".
    ...
    Ausencia de guarderías, de transportes públicos, de servicios básicos sanitarios, educativos están en el origen de parte del éxodo femenino.
    ...
    La brecha entre los pueblos y las ciudades se está agrandando porque determinadas conquistas sociales que se abren camino en las grandes urbes apenas tienen penetración en el mundo rural. Se refieren a la discriminación de género, más acusada en el campo, a la invisibilidad de homosexuales en los pueblos, a un mayor silencio contra la violencia de género, por ejemplo. Pero también al mejorable acceso a las nuevas tecnologías, que no acaba de consolidarse.

    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/nuevo/exodo/rural/mujeres/elpepisoc/20090924elpepisoc_1/Tes

    ResponderEliminar
  3. Septiembre, no pienso vendimiar24/09/09, 05:52

    Frijolito solucionou a crise na Galiza. Prometera que en 45 días solucionaría a crise. Despois de máis de 100 días, dou fe, porque son aguafé, que lle arreglou a crise a un amigo seu cada día. Mentres tanto os demais a pagar os libros da escola que é o que toca. E de paso a ver si cun pouco de sorte cobramos un vale.

    Peperito, peperito. Para vós é fonte máis fiable a televisión esa dos cornos, de toro por suposto, non de vaca. Mágoa de bois. Xa vos dixen que tiñades un reloxo do paro que adiantaba. Xa o puxestes en hora en varias ocasións pero segue adiantando. O único interese que tendes non é informar, máis ben intoxicar. Este é un exemplo máis.

    ResponderEliminar
  4. Os de gradín sin papeis24/09/09, 09:55

    Con 180€ malo será que non che dea para pagar os libros e, se tes solo 104 € é porque ganas dabondo. Incluso con 180 te sobran para condóns e así facer planificación familiar.

    ResponderEliminar
  5. ospapeisdegradin24/09/09, 12:58

    "Os de gradín sin papeis dijo...

    Con 180€ malo será que non che dea para pagar os libros e, se tes solo 104 € é porque ganas dabondo. Incluso con 180 te sobran para condóns e así facer planificación familiar."

    con esto demostras que hai algo peor que ser facha, e ser enriba ignorante.......

    non se trata dos 180€ , nin dos 105, do que se trata e de que os libros de texto deberian ser gratuitos por ley, todos temos os cartos para pagarlle os libros os nosos fillos, e si nos temos faremos o posible para te-los , pero ti apoias unha medida porque o partido que che gusta a impon, gustariame que tiveses tres fillos en idade escolar, haber a gracia que che facia......

    por certo, a firma e ospapeisdegradin e se queres recordoche a que se debe, ainda que creo que non fai falla porque a todos os que visitamos o blog nos acorda a vergoñosa historia dos papeles do PP tirados entre os pinos habendo un punto limpo a 200 metros.

    saudos

    ResponderEliminar
  6. O ex concelleiro do PP no Concello de Palma Javier Rodrigo de Santos vén de ser condenado a dous anos de cárcere e catro meses de inhabilitación absoluta de cargo público por gastar cun cartón municipal 52.583 en clubs de alterne de Palma e nunha casa de masaxes de Madrid.

    Este non gastaba en condóns, non polos cartos, total non eran del, senón porqué era do Opus Dei.

    De calquera xeito penso que é máis interesante o fío do post.

    ResponderEliminar
  7. modo ironico on:
    es que estos como van a misa, tienen todos los pecados perdonados, asi se comportan durante la semana, total el domingo se les perdona todo....

    modo ironico off:


    saudos

    ResponderEliminar
  8. Sería interesante un estudio polo miúdo do mundo laboral da Arousa. Xubilados a seguir a traballar, bateeiros, chopeiros, polbeiros, ... Algúns obtendo importantes beneficios que darían para vivir a calquera familia, ademais da fraude á seguridade social por cobrar a pensión de xubilación e seguir a traballar. Algúns prexubilados. Seguridade social que hai que recordar que xa non xera superabit senón débeda. Competencia desleal por outra, non lles importa vender máis barato.

    Hai escasas oportunidades laborais, sobre todo para as mulleres. É moi difícil independizarse na Arousa, falta de traballo estable e vivenda de difícil acceso, cara e créditos con condicións leoninas ou inaccesibles. O traballo cualificado case non existe máis alá do Concello, bancos e algunha pequena empresa ligado co mar. O sector servizos é moi pequeno. Parece que a nova Xunta non vai no camiño de abrir novos centros de día, senón máis ben o contrario como acaba de acontecer en Teo. Estes centros xeran traballo de calidade e alivian ás familias con dependentes permitíndolles mellorar a súa calidade de vida e poder realizarse.

    De rede de comunicacións nin falamos. De servizos públicos tampouco podemos presumir.

    O panorama non é para estar contentos. A maiores temos que engadir a crise do mexillón que empeza a cheirar moi mal e con difícil solución. Véxase importacións, Chile ou China xa producen máis mexillón ca nós, e tamén máis barato. O marisqueo e a pesca o mesmo, vemos que se venden máis quilos, e os recursos non están para un maior esforzo, e sen embargo a facturación é menor.

    Hai problemas estruturais por resolver que veñen de atrás e que a actual crise agravou ou puxo de manifesto.
    "Aquí en la ilsa NON reina la alegría" como nos quixeron facer ver algúns. Houbo xente que se defendeu ben, mais o modelo non é bo, empezando polos riscos do monocultivo e da falla de diversidade da actividade económica.

    Si ben non temos o problema urbanístico doutros concellos próximos, tampouco o desenrolo urbanístico serviu para facilitar ó acceso á vivenda polos xóves nin para humanizar o pobo.

    Queda moito por facer. A crise é unha oportunidade única que non se pode deixar escapar para acometer todas estas reformas.

    Síntoo, son pesimista. Será polo outono que dicía outro comentarista.

    ResponderEliminar
  9. os de gradín sin papeis25/09/09, 02:48

    3x180=540€ da para uns cantos libros, incluso te poderías pagar a triloxía "Millenium" para as nenas.
    Por certo, mellor que un centro de día na arousa facía falta un psiquiátrico para algúns iluminados. Entre uns e outros levades casi 30 anos de gobernos de ISQUIERDAS, afartástedesvos de mangonear todo o que quixéstedes, agora choramos.
    Por certo, hasta tendes mestres xubilados reconvertidos a empresarios consortes, pero deses non decimos nada, é que a memoria é selectiva...

    ResponderEliminar
  10. Frijolito ía arranxar a crise en 45 días. A crise segundo el érache culpa do bipartito, e díxonos:

    -non vos preocupar, en canto chegue, non tardo máis de mes e medio en resolvelo e todos felices.

    Algúns comezamos a sentirnos enganados, pásanos o mesmo que a Gloria Lago. Fago un pequeno inciso, esta panda ultraminoritaria fixo unhas xornadas "todo incluído" pagadas pola Deputación presidida polo quasi analfabeto Louzán. Este mesmo homiño, xunto co coro de subvencionados, algúns na Arousa, non lle da axudas ó deporte da Arousa. Será a austeridade. A maiores, era un auténtico poema verlle a cara cando maricomplejines lle di para un pouquiño para disimular coas mocións de censura, que estamos dando un pouco o cante.

    Agora resulta que a crise é culpa de Zapatero, ou dos concellos, pero neste último caso só dos gobernados polo psoe e polo bng.

    Como vai explicar algún que dicía que o novo sistema de axudas respondía á necesidade de introdución de criterios de racionalización do gasto e finalmente o que está a implantar é un modelo máis caro. Cal é o aforro?, non será que no fondo están a pagarlle, co diñeiro de todos, os servizos prestados a algúns amigos?.

    No fondo, no asunto dos libros, estamos a falar dunha cuestión de valores ou principios. E xa sabemos que para algúns os seus principios son uns e se non lles gustan, teñen outros, que dicía Groucho Marx.

    Sobre este tema recomendo

    http://www.vieiros.com/open/amosar/851/propiedade-e-emprestimo-som-questom-de-valores

    ResponderEliminar
  11. Segundo algúns na Arousa non fai falla un Centro de Día, non facía falla unha biblioteca, nin o Concello, nin a ponte, había outras necesidades, nin un novo centro de saúde, nin un novo porto, nin instituto, nin o multiusos, nin o saneamento, nin agrupacións nin confraría, nin asociacións de veciños ou de nais e pais, nin nada. Esta é a historia, recente e máis benévola, da dereita neste pobo, sempre co pé cambiado. Agora algún di que o que fai falla é un psiquiátrico. É posible.

    ResponderEliminar
  12. Na arousa, equivocacheste porque si que facia falta unha asociacion de veciños, nada se sabe do que fai, nen a quen axuda, soio se sabe o enderezo social(comparteo coa sede do pp) , e tamen se sabe que cobra subencions da deputacion, agora o uso que lle dan a esos cartos e un misterio.........


    saudos

    ResponderEliminar
  13. Perdón pola intromisión, acho que é necesaria a súa difusión. Vai un vento de carallo.

    http://feijoomente.blogaliza.org/?p=899

    ResponderEliminar
  14. Así empezan as jaimitidas dos bloqueros: "O PPdeG gañou as eleccións acusando o bipartito de incumprir a legalidade no reparto eólico" (...) "diante da crecente preocupación social" (de Constructora San José, será).
    De risa, oes. Penso que os galegos votamos por algo máis, votamos para chimpar fora á panda de camándulas que querían facer de Galicia unha república bananera. Agora afloran blogs filobloqueros creados desde escuras sedes do partido. Pois bueno, todo esto está moi ben para consumo propio dos escasos e, cada vez menos, votantes do BNG, partido marxinal e en retroceso social, con cada vez menor representación política.
    Seguide así, inventándovos as vosas historias, tendes catro longos anos para aburrirvos.

    Saúde

    ResponderEliminar
  15. Lémbroche que a maioría dos galegos votaron polo psoe e polo bng. O pp obtivo menos votos que o bipartito. Así foi.

    O que se explica é que a Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, non o bng, coma ti dis, emiteu un informe que foi presentado pola Xunta de Galicia, gobernada polo pp, ante a Sala do Contencioso do TSXG, en resposta ao recurso interposto por Endesa contra a concesión eólica realizada polo bipartito. No texto, desmóntanse unha por unha todas as alegacións presentadas pola recorrente, concluíndo que o procedemento utilizado pola anterior Consellería de Innovación e Industria foi absolutamente escrupuloso coa lei.

    Dito informe foi ocultado deliberadamente pola Xunta de frijolito. Iso si que é escuridade. Grazas a este blog e outros medios, hoxe temos acceso a dita información. Si por vós fose non saberiamos nada. Non hai máis que ver o voso blog e constatar que non dades nin unha soa noticia da vosa actividade no Concello. Esa é a VERDADE. No vós preocupar tanto polos demais. Moitas grazas, mais non é preciso.

    http://www.scribd.com/doc/20179028/informerecursoendesa

    ResponderEliminar
  16. "Así empezan as jaimitidas dos bloqueros: "O PPdeG gañou as eleccións acusando o bipartito de incumprir a legalidade no reparto eólico" (...) "diante da crecente preocupación social" (de Constructora San José, será)"

    pero mira que sodes , o concelleiro de industria Javier Guerra ten crea postos de traballo en portugal

    "Los grupos de la oposición criticaron con dureza que el titular de Industria produzca las colecciones de su empresa en Potugal, a lo que Guerra respondió que el debate de la deslocalización “era anticuado en su ideología”, asegurando además a los diputados que “están confundiendo el concepto de valor con el de producción”.

    esto recordame aplicando a illa,, a cando Toñito o Faldran(alma mater do pp local) entrou a formar parte da directiva de opmega e saiu pola porta de atras o pouco tempo por ter bateas en portugal.

    esto ven a demostrar que os do PP davos igual todo, solo vos importa o voso sexa no nivel que sexa, e asi nos vai os galegos que queremos prosperar na nosa terra, mentres catro barrigas agradecidas por un posto na deputacion ou similares non abrades os ollos, e vexades que a politica que fai esta xente e para favorecer os que mais teñen, senon mirade o abrazo de frijolito co de endesa o dia da sua investidura e o que ocorreu co concurso eolico.

    un saudo.

    ResponderEliminar
  17. PD: equivoqueime, o abrazo era con galan o presidente de iberdrola.

    que vergoña, parece dous piratas antes de repartirse un botin.

    http://www.iberdrola.es/webibd/gc/prod/es/comunicacion/img/ev_inst09_GalanFeijoo_150.jpg

    ResponderEliminar
  18. Jalo pilrado27/09/09, 13:36

    Claro, claro, si tuveramos bateas en la Junta de Andalusía otro gallo nos cantaría, ariquitaun, taun,taun.

    ResponderEliminar
  19. Penso que esta nova venlle ó pelo ó fío do post. Con errata incluída por parte de A Nosa Terra, dicindo que ODOSA estaba en Vilaxoan.

    http://www.anosaterra.org/nova/34802/o-peche-da-fabrica-de-odosa-no-1989.html

    ResponderEliminar
  20. Cando ó pp lle interesa, o resto do estado español é tamén a casa dos mozos e mozas galegas que viven fora. Cando non lle interesa, Andalucía é o mesmo ca Portugal, é dicir, o estranxeiro. Coherencia listonto, coherencia!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.