Publicacións

Preparados para recibir o maio

Imaxe
As portas das casas, os coches, e mesmo as bicis locen, xa na véspera do día un, a tradicional póla de xesta coa que se recibe o maio.

A folla parroquial

Imaxe
As amonestacións que preceden ás vodas relixiosas, os bautizos, as misas polos defuntos... boa parte da vida social da illa queda recollida na modesta folla parroquial que cada semana se distribúe na igrexa, "á vontade".

Operación Dourado

Imaxe
Portada do libro de investigación de Benito Leiro sobre o narcotráfico O veterano contrabandista Marcial Dorado foi detido recentemente, xunto con outras nove persoas do seu contorno, acusado de blanqueo de capitais en paraísos fiscais. A operación, denominada “Dourado”, foi dirixida pola Axencia Tributaria, tras anos investigando as operacións financeiras do arousán. Marcial Dorado cumpría actualmente condena no cárcere da Lama, acusado de suborno á garda civil. O empresario arousán, que ten asumido nalgunha ocasión a súa relación co choio do fume , sempre negou a súa implicación no tráfico de drogas. De feito, a Xustiza nunca puido demostrar a súa vinculación co narcotráfico, a pesares de que o seu nome saíu a relucir en varias ocasións, na Operación Nécora, en 1989, e durante a incautación dun alixo de cocaína a bordo do pesqueiro South Sea, no ano 2003. O xornalista cambadés Benito Leiro publicou en 1993 un documentado libro sobre o narcotráfico nas rías baixas, baixo o título Un l...

Máis obras: agora o Charco

Imaxe
O quiosco de Ceferino xa pasou á historia Con estas obras conclúese a pavimentación do contorno do Regueiro A rúa estará cortada durante dous meses Xa comezaron as obras de pavimentación do primeiro tramo do Charco, como continuación aos traballos de acondicionamento executados no contorno da praza do Regueiro. Segundo consta na web do Concello , a contrata foi adxudicada á empresa Sercoysa cun prazo de execución de dous meses.

Avanzan as obras do novo porto

Imaxe
Imaxes tomadas desde o mar Aquí teñen unhas imaxes do estado actual das obras do novo porto do Chufre.

O sector mexilloeiro, lastrado pola morosidade

Imaxe
Se a caída do prezo do mexillón supuxo un duro golpe para o sector mexilloeiro, coa crise agravouse outro vello problema que afecta aos bateeiros: a morosidade. As depuradoras e as fábricas transformadoras non respectan os prazos de pagamento do mexillón, que consideran como algo orientativo, de xeito que os bateeiros poden chegar a botar medio ano, ou máis, agardando o cobro das súas vendas. Esta demora nuns pagamentos que deberían efectuarse aos dous ou tres meses, procúralle á industria unha fonte de financiamento gratuíta a expensas dos bateeiros, producindo efectos perversos que lastran a competitividade do conxunto do sector mexilloeiro. En moitos casos, esta situación débese ao desequilibrio de forzas negociadoras, na que a parte máis forte, a industria transformadora e distribuidora, aproveita a súa condición dominante para impoñerlles aos produtores adiamentos abusivos, nun contexto de cultura comercial permisiva e condescendente coa picaresca.

Primavera

Imaxe
O perilluqueiro da Abilleira en flor A denominación que recibe na illa esta árbore, o "perilluqueiro", non aparece no dicionario, pero así é coñecida entre os veciños. Antes de que houbese bancos e beirarrúas na Abilleira, xa estaba alí o perilluqueiro, ofrecendo a súa xenerosa sombra nos días de verán. Na primavera, loce espléndido ateigado de flores, reclamando o seu merecido lugar na paisaxe sentimental da Arousa.