Buscar neste blog

24 de abr. de 2009

Máis obras: agora o Charco

O quiosco de Ceferino xa pasou á historia

Con estas obras conclúese a pavimentación do contorno do Regueiro

A rúa estará cortada durante dous meses


Xa comezaron as obras de pavimentación do primeiro tramo do Charco, como continuación aos traballos de acondicionamento executados no contorno da praza do Regueiro. Segundo consta na web do Concello, a contrata foi adxudicada á empresa Sercoysa cun prazo de execución de dous meses.

19 comentarios:

  1. Xa que falamos de obras, gustaríame facer algún comentario en relación ó perfil do contratante. Na páxina do Concello faise a seguinte declaración de intencións: "El perfil del contratante se crea en cumplimiento de lo dispuesto en el Art. 42 de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de contratos del sector público, con el fin de asegurar la transparencia y el acceso público a la información relativa a la actividad contractual del Concello de A Illa de Arousa...". Á marxe da consideración de que esté só en castelán, tamén é certo que non funciona o cambio de idioma, en fin, como xa se ten dito neste blog nalgunha ocasión, a páxina web do Concello ten moito que mellorar. Eu o que quería decir é que a Lei 30/2007 de contratos do sector público recolle este procedemento de xestión e transparencia como unha facultade, é decir, que non é obrigatorio facelo. É verdade que o Concello da Arousa é pequeno, pero penso que todo esforzo en garantir a transparencia é bo e necesario. No perfil do contratante do Concello só figuran os contratos do Fondo Estatal de Inversión Local e do Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e o Emprego, ningún anterior nin posterior. Deberían, igual que se fixo o esforzo con estos, facelo co resto. Mirando por riba algunhas páxinas de concellos veciños, chama a atención que as máis completas neste apartado sexan as de Vilanova e fundamentalmente a de Cambados, curiosamente gobernados polo pp. Por exemplo na de Catoira é inexistente. En fin, animar ó Concello a que consolide esta vía e amplie a información, non só da adxudicación senón tamén de todo o procedemento, dende a súa iniciación. Non se poden marcar diferencias éticas na xestión e despois facelo contrario. Saúde e terra. FÓRA OS DEPÓSITOS DE FERRAZO

    ResponderEliminar
  2. Creo que o noso Presidente do Goberno dixo que os fondos anticrise eran para dinamizar o emprego de pequenas empresas para contrarrestar os efectos da crise na especulacion inmobiliaria. Gran cartel diante do Benalua, plan E gobrieno de España, orzamento algo mais de 60.000 €, empresa adjudicataria, Sercoysa proyectos y obras, os amigos do alcalde e o cuñado de Touriño, propietario da empresa. A misma empresa que fai todalas obras para o Concello, e que lle recalifican os terreos do Con do Sol. Cheira a podre amigos, quitemonos o antifaz e vexamos as cacicadas dos que nos gobernan. Dame igual o partido os amigismos hai que denuncialos, e aqui hai moitos. Fomentando o emprego na Illa, que non se diga, como sempre o lado dos veciños en apuros. Eses cartos para os albañiles que se estan indo o paro neste pobo, non para grandes constructoras. Socialismo de verdade dunha vez.

    ResponderEliminar
  3. En relación á recalificación do Con do Sol estou dacordo contigo. Mais unha aclaración, a recalificación foi posible grazas ó apoio da mesma por parte do concelleiro independente. Polo tanto a cada quen o que lle corresponde. Tanto pp como bng votaron en contra. De calquer xeito este é outro tema que supoño que se falará máis adiante.

    En relación ó Plan, non se pode usar o ventilador e esparcir a merda, a cada quen o que lle corresponde. As críticas que sexan fundadas. Hai motivos para criticar o plan, pero débense fundamentar en datos obxectivos. O importe total na Arousa é:
    863.640,53
    Sercoysa obten obras por:
    246.061,45

    Fixádevos como se valora a contratación dun desempregado para a execución da obra e como se valoran as insignificantes melloras económicas no orzamento das mesmas. Hai que ter presente ademáis que os contratos de traballo que se lles van facer a estes desempregados, si é que se lles fai, son contratos de obra, polo tanto de duración determinada, arredor de dous meses, que unha vez finalizada a mesma verán extinguida a súa relación laboral. Polo tanto un dos obxectivos do plan E que é a creación de emprego é moi criticable.

    Esto é o que o plan E, fondo estatal de inversión local, fixa como obxectivos:

    "El Fondo, dotado con 8.000 millones de euros, tiene por objeto aumentar la inversión pública en el ámbito local mediante la financiación de obras de nueva planificación y ejecución inmediata a partir de comienzos de 2009.

    Se financiará un conjunto de actuaciones que, por sus características, van a contribuir en el corto plazo a dinamizar la economía y a favorecer poderosamente la creación y el mantenimiento de puestos de trabajo y, al mismo tiempo, se va a reforzar la capitalización de nuestra economía, aumentando el potencial inversor de nuestros ayuntamientos."

    Ben, os 6 proxectos do Plan E na Arousa son os seguintes:

    -Rúa Ramón Cabanilla e Suaviña. 150.000 €
    Trab. desemp. 2, 6,66 puntos
    Mellora económica 800€, 30 puntos
    Adxudicataria: Cadevergazo S.L.

    -Rúa Quebrada, 177.000 €
    Traba. des. 2, 6,6 puntos
    Mellora 315 €, 30 puntos
    Adxudicataria: F. Pena Caramés


    -Charco, 182.007,12
    Traba. des. 1, 3 puntos
    Mellora 1000 €, 30 puntos
    Adxudicataria: Sercovsa


    -Gradas A Bouza, 198.087,40
    Traba. des. 1, puntos 4,28
    Mellora 0, 0 puntos
    Adxudicataria: C.C.S.


    -Bouzas e Franqueira, 92.491,68 €
    Traba. des. 1, 3,75
    Mellora 0 €, 0 puntos
    Adxudicataria: Covsa


    -Rúa do Castro, 182,007 €
    Traba. des. 1, 3 puntos
    Mellora 1000 €, 30 puntos
    Adxudicataria: Sercoysa

    ResponderEliminar
  4. Unha pregunta, a que se refiren co termo "mellora"?

    ResponderEliminar
  5. Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público.

    Artículo 131. Admisibilidad de variantes o mejoras.

    1. Cuando en la adjudicación hayan de tenerse en cuenta criterios distintos del precio, el órgano de contratación podrá tomar en consideración las variantes o mejoras que ofrezcan los licitadores, siempre que el pliego de cláusulas administrativas particulares haya previsto expresamente tal posibilidad.

    2. La posibilidad de que los licitadores ofrezcan variantes o mejoras se indicará en el anuncio de licitación del contrato precisando sobre qué elementos y en qué condiciones queda autorizada su presentación.
    ...

    Neste caso trátase de contratos de execución de obra. Neles pódese prever melloras. Debe constar esta posibilidade no pliego de cláusulas administrativas particulares. Mais como o mesmo non aparece na web do Concello non sabemos por onde poden ir os tiros. De calquer xeito son irrelevantes, pois nunha obra de 170.000€ como na Quebrada, 300€ de mellora, pois eu que sei, a maiores da obra porán un banco, un maceteiro, e xa me parece moito para 300€. De aí que no primeiro post pedise maior transparencia. Pero volvo a insistir, as cantidades das melloras son ridículas. Refírese a melloras con respecto á obra que saca o Concello a licitación, na que pide que se execute unha obra de determinadas características e cun prezo determinado. A partires de aí o contratista di, ben, pois eu fágoche a obra que dis, polos cartos que dis, e ademáis farei algo a maiores, ou empregarei un material de maior calidade que o que pides, etc. eso é unha mellora. E como se valora esa mellora, pois na cantidade que o contratista dixo que iba a mellorar a obra. Por eso no baremo, que se puntue con 3 puntos a contratación dun traballador desempregado e con 30 puntos unha mellora de 300€ da a risa.

    Outro aspecto interesante e o procedemento de adxudicación dos contratos, que pode ser aberto, restrinxido, negociado... Neste caso obtouse polo procedemento negociado, que está previsto na lei para diversos supostos. Imaxínate que por razóns técnicas ou artísticas lle queres encargar a un autor determinado a execución dunha obra, pois negóciase con el. Non hai concurrencia aberta. Pois ben, neste caso, dacordo coas adxudicacións provisionais que obran na web do Concello, obtouse polo procedemento de adxudicación negociado pola cuantía dos proxectos. É decir, si as obras non pasan dunha determinada cantidade tamén se pode acudir a este procedemento, en concreto 1 millón de euros. O procedemento é máis sinxelo e máis axil. Tamén menos transparente. Cando se reclama axilidade na xestión administrativa, as consecuencias poden ser a falla de transparencia. A solución será o equilibrio, o sentidiño.

    Espero que axudara a entendelo un pouco mellor. Si cadra ainda foi peor a explicación.

    ResponderEliminar
  6. Penso que teño que aclarar unha cousa máis para que non dé a sensación de que esto é un cachondeo absoluto. No procedemento de adxudicación negociado dun contrato de obra por razón do prezo da mesma, debe recabarse a oferta de alomenos tres empresas. Na oferta de licitación deben figurar os diferentes aspectos do contrato, entre eles o baremo en base ó cal se valorarán as ofertas. A empresa con maior puntuación será a adxudicataria neste caso.

    ResponderEliminar
  7. 25 de abril SEMPRE

    ResponderEliminar
  8. A verdade e que estas mais enterado que o alcalde, si te presentas as eleccions avisame para votarche. Gracias por toda esa informacion. En canto a recalificacion do Con do Sol fixose nun pleno antes das eleccions municipais porque o grupo de goberno sabia que os Independentes non se ian presentar e se non sacaban maioria absoluta, como finalmente foi, jodiaselle o negocio. Vamos que quixeron deixar todo ben atado.

    ResponderEliminar
  9. Grazas polo piropo, pero non se trata de eso. Penso que os verdadeiros motivos da recalificación do con do sol non foron exactamente os que ti dis. Paso a expoñer a miña opinión.

    As eleccións municipais celebráronse o 27 de maio de 2007.

    O Pxoum do Concello da Arousa aprobouse o 14 de febreiro de 2002. Polo tanto non está adaptado á Ley 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza. Que quere decir esto?, pois que por non ter un plan xeral adaptado á normativa en vigor, aplicábasenos a Ley 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galiza. Esto significaba, resumindo, que aquel chan non desenvolvido a menos de 500 metros da costa quedaba paralizado. De aí a verdadeira presa do psoé e maila empresa para aprobar as áreas de reparto do con do sol antes de que entrase en vigor esta normativa. A empresa e outros actores empregaran tempo, moitos cartos e esforzo en facerse cos terreos destas áreas, e íanse ver na situación de non poder desenvolvelo pola moratoria dos 500 metros, por eso necesitaban iniciar o seu desenrolo para que esta normativa non lles afectase. A aprobación do inicio do desenvolvemento destas áreas foi decembro 2006 xaneiro de 2007. Eles sabían que a moratoria dos 500 metros estaba aí, xa estaba a noticia na prensa, era cuestionada polos constructores, ademáis non se elabora dun día para outro, e tamén sabían que pronto sería aprobada. Para elo montaron unha campaña, folleto do psoé incluido, engadindo a cortina de fume das vivendas sociais. Todo mentira. "Convenceron" ademáis ó independente para que os apoiase. Cando a xente empezou a acudir ó Concello preguntando polas vivendas non sabían o que facer, e non se lles ocurre outra cousa que empezar a anotar á xente nunhas listas, cando a verdade era que non había nada de nada. Pero claro, non podían revelar a verdade. O que moita xente non sabe é que a Xunta aprobou un rexistro único de demandantes de vivenda protexida, e polo tanto si non están inscritas nel non teñen ningún tipo de dereito, é máis, no caso de anotarse hoxe, quedarían por detrás dos que xa están inscritos neste rexistro, non no do Concello que me parece que é a lapis. En fin, unha auténtica chapuza e unha cacicada. Resultado, celébranse as eleccións municipais e o psoé acada maioría absoluta. Explícamo. O curioso é que algunha xente do psoé preguntábame canto lle terían pagado ó independente para que apoiase a recalificación? e claro, eu resposteilles, pois o mismo que ós 5 concelleiros do psoé, supoño, non?. Loxicamente, a continuación pasábamos a falar de fútbol.

    ResponderEliminar
  10. Graciñas polas explicacións "na arousa", quedoume claro!

    ResponderEliminar
  11. Eu tiven unha conversacion parecida na que me dician que o Independente encheuse de cartos, pero os do Psoe creia que non. Eu non entendo como a xente que se cree ideoloxicamente de esquerdas pode apoiar estas cacicadas. Eu non creo nin en esquerdas nin dereitas, eu creo en que un politico ten que ser honrado e axudar os mais necesitados e non as grandes empresas. Desgraciadamente case sempre o poder corroese polo diñeiro, polo que eu creo que haberia que modificala lei para que un cargo publico solo poida gobernar 8 anos estilo o do presidente de USA pero en todolos niveis da administracion do Estado. Senon correse o peligro de crear individuos que creen que o pobo e seu, que non aceptan a critica constructiva e que se creen lexitimados para todo.

    ResponderEliminar
  12. Os políticos non só teñen que ser honrados, DEBEN selo, e ademáis como dicía a máxima romana, parecelo. Polo tanto a honradez, o cumprimento da legalidade e a defensa do interés xeral é unha obriga. Sexa a forza que sexa é un deber para todos. A partires de aí, cada un pode ter a ideoloxía que queira. Vulnerar a legalidade ou non defender o interés xeral non é cousa de dereita ou esquerda, é cousa de sinvergonzas.

    ResponderEliminar
  13. Onte leín na prensa que as obras que se están a facer na illa, estas das que aquí se falan, foron adxudicadas a esta empresa coa condición de que contrataran a personal,por suposto da illa,hai que falar e debater pero hai que dicilo todo.

    ResponderEliminar
  14. A noticia nese aspecto é errónea, o que se pretende é fomentar o emprego, dos que xa traballan e dos desempregados, independentemente de onde vivan. Non hai que ser tan chovinista. En calquer caso si lees todos os comentarios penso que quedou ben explicado. Fíxose unha crítica incluso á diferenza na puntuación que se outorgaba á contratación dun desempregado e á dunha mellora económica insignificante.

    ResponderEliminar
  15. Non digo que non quedara claro,eu solo me limito a poñer o que di a prensa, cando leo algo no periodico, por regla xeral, penso que é informacion veraz; pero bueno, as tuas razóns terás para dicir que a informacion publicada é erronea, de feito non sería raro que os da prensa se equivocaran. oque si que non entendo é a que vén o adxetivo "chovinista", non me parece que veña a conto, e máis eu tamén che diría a ti que non sempre se ten a razón e tamén cabe a posibilidade, de que o que estea equivocado sexas ti, que non estou dicindo que o esteas, porque non o sei, senon que cabe a posibilidade, que pode ser que desta vez o periodista que escribeu ese artigo, creo que na Voz, fixera ben o seu traballo e contrastara a súa información, pero solo é outra posibilidade.

    ResponderEliminar
  16. En canto o da diferencia de puntos, a verdade e que tes razón, cambiar o traballo de unha persoa por un banco,maceteiro ou similar, pareceme vergonzoso, pero na prensa poñía iso, ademáis recalcaban o de que os contratos se farían a xente do concello da Illa de Arousa.


    Eu.

    ResponderEliminar
  17. Sintoo, pero facer ben o traballo e contrastar a información é todo o contrario do que fai a Coz de galicia.

    Un parado é un parado. Sexa da Arousa ou de Vilanova.

    Calquer discriminación nese sentido iría directamente en contra do que di a vosa constitución no seu art. 14

    Artículo 14.

    Los españoles son iguales ante la Ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.

    ResponderEliminar
  18. Lembra o patriotismo constitucional. Empezade por respectar a Constitución. Máis ben empezade por leela.

    ResponderEliminar
  19. De que día e onde saia esa noticia na Coz de galicia.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.