Buscar neste blog

5 de abr. de 2009

O sector mexilloeiro, lastrado pola morosidade


Se a caída do prezo do mexillón supuxo un duro golpe para o sector mexilloeiro, coa crise agravouse outro vello problema que afecta aos bateeiros: a morosidade. As depuradoras e as fábricas transformadoras non respectan os prazos de pagamento do mexillón, que consideran como algo orientativo, de xeito que os bateeiros poden chegar a botar medio ano, ou máis, agardando o cobro das súas vendas. Esta demora nuns pagamentos que deberían efectuarse aos dous ou tres meses, procúralle á industria unha fonte de financiamento gratuíta a expensas dos bateeiros, producindo efectos perversos que lastran a competitividade do conxunto do sector mexilloeiro.
En moitos casos, esta situación débese ao desequilibrio de forzas negociadoras, na que a parte máis forte, a industria transformadora e distribuidora, aproveita a súa condición dominante para impoñerlles aos produtores adiamentos abusivos, nun contexto de cultura comercial permisiva e condescendente coa picaresca.

3 comentarios:

  1. Temos o que nos merecemos. Todos aqueles que pensaban que por libre lle iba a ir mellor uns anos despois teñen a resposta. Primeiro axudamos a arrabentar o sector por egoistas, e cabezas cuadradas e agora pagamos todos os pratos rotos. Megalmar en suspension de pagos, Amegrove, Cabo de Cruz e Mar da Illa con moitos problemas, pidindo cada pouco cartos os seus socios, ou acordense do aval de Odosa. O que non podemos e exigirlle a outros que paguen o mexillon a un precio, e as comercializadoras do sector vendelo mais barato. Mentres estean todos estes intereses particulares estamos rendidos o fracaso. E mentres tanto o sector desangrandose pouco a pouco. Todos somos culpables, uns mais que outros, pero todos, e a union que se pide e necesaria pero con cuotas xustas e equitativas, non unha lei para uns e outros que fagan o que lles da a gana. Reparto xusto e equitativo para todos, cos matices, e particularidades que haya que discutir pero este e o futuro do sector. Senon quedanos o que temos agora, seguir puteados e vender mexillon a 0.30 ou 0.25 centimos e cobralo os sete ou oito meses. E o que hai.

    ResponderEliminar
  2. un toca campanas22/03/11, 17:34

    o aval de odosa fai 22 ou 23 años xa choveu, mellor lle iva a illa cando odosa, salvador otero e antonio otero tiñan as fabricas na illa e con apuros en alguns momentos ivan traballando e dando travallo a moita xente da arousa. Aqui nunca falades cando mezclabades cordas de desdoble no medio de mexillon para fabricas.

    ResponderEliminar
  3. O aval de Odosa foi hai 20 anos e xa choveu, pero non se aprendeu nada, xa que no mismo sitio estanlle pedindo os cartos os socios porque estan arruinados. O home repite erros e desgraciadamente non aprende.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.