Publicacións

O Céltiga non confía na canteira

Imaxe
O Salvador Otero, o campo do Céltiga Os rapaciños da Arousa comezan desde moi novos a xogar ao fútbol no Céltiga . De feito, as dúas categorías inferiores, benxamín e alevín, son as que máis demanda teñen, con dous equipos cada unha. O club pón como condición o pagamento anual do carné de socio e, ademais, os pais teñen que custear a equipaxe deportiva e trasladar os rapaces nos coches particulares os días de partido, ou se non, pagar entre todos un autobús. A implicación das familias chega ata o punto de participaren na organización das festas gastronómicas para recadar cartos para o Céltiga. Pero unha vez que os rapaces superan a categoría xuvenil, poucos son os que conseguen chegar ao equipo titular, así que quedan sen equipo e sen instalacións nas que practicar a súa afección. O equipo principal do Céltiga, en terceira división desde a pasada tempada, mantén unicamente catro xogadores “carcamáns”, nunha formación de vinte persoas. E as sete novas fichaxes anunciadas para a vindeir...

A procesión marítima

Imaxe
A procesión marítima chegando ao Campo A xente agardando a chegada da Virxe do Carme Os mariñeiros levan a ombros a imaxe, cargadiña de ristras de billetes O barco do “Pejo” foi o encargado de levar este ano a imaxe da Virxe do Carme na procesión marítima. No barco da Virxe viaxan, ademais, a orquestra, os quintos, as autoridades que haxa presentes, o cura e a toda a familia dos propietarios. Sempre foi considerado un privilexio –ademais dunha responsabilidade- transportar á patroa dos mariñeiros, aínda que este ano, disque só se ofreceu un barco. Cando hai varios candidatos, a elección da embarcación faise por sorteo ou á poxa máis alta.

ArousaVisual Films Festival

Imaxe
O venres 25 de xullo celébrase a primeira edición de Arousa Visual Films Festival, un evento durante o que se exhibirán obras audiovisuais rodadas na illa ou realizadas por autores arousáns. A mostra está organizada por ArousaVisual, co patrocinio do Concello e a colaboración da asociación Dorna e MrMisto. Programación -Pola mañá proxectarase unha selección de curtas para nenos, no salón de actos da casa consistorial. -A sesión da tarde, tamén dentro da casa consistorial, comeza ás 18.30, co pase do documental "A illa de Arousa en 1969"de J.L.Otero, "Genito", e mais dun programa de TVE rodado no mesmo ano. Seguirán ás 20.00 os documentais de Marcos Nine "Carcamáns", sobre a reacción da xente da Arousa ante ao afundimento do Prestige, e "Historia dunha parroquia", flamante premio Mestre Mateo . Ás 22.00 h proxectaranse as curtas "O Conxuro" e  "A meiga chuchona", de Pablo Millán, seleccionadas e premiadas en varios festiv...

Mostra de filmes arousáns

Imaxe
Rodaxe de "O Quinteiro", de Antonio Millán (imaxe collida da Axencia Audiovisual Galega) A Arousa acolle o 25 de xullo unha mostra de filmes relacionados coa illa, por estaren rodados en territorio insular ou por teren os seus autores ou protagonistas vencellos carcamáns. Esta primeira edición do certame contará co reclamo da presenza da actriz Pilar Bardem, quen logo de rodar na illa a curtametraxe “Ela ribeirinha”, repite visita, agora para asistir á estrea da cinta. Marcos Nine, Antonio Millán e Pablo Millán son algúns dos autores que participan na mostra coas súas obras audiovisuais. As proxeccións terán lugar na casa consistorial e na praza do concello. Poden consultar a programación completa aquí . O certame está organizado pola asociación ArousaVisual, que ten previsto preparar cada ano un festival temático, baixo o nome "ArousaVisual Films Festival".

Fogos artificiais

Imaxe
Unha mostra dos fogos do pasado sábado O espectáculo pirotécnico sempre levanta moita expectación O día do Carme ofrece a única oportunidade de ver fogos artificiais na Arousa Os fogos marcan, tamén, a fin das festas As do Carme son as únicas festas da Arousa con orzamento de abondo para pagar uns fogos artificiais. A exhibición pirotécnica resérvase para a noite do sábado, o día grande. As orquestras interrompen temporalmente a verbena, á unha da mañá, e a xente diríxese ao Chufre para gozar do espectáculo e acompañar os foguetes máis vistosos cun “ooohhh”. Os fogos artificiais marcan tamén a despedida das festas, ata o vindeiro ano.

O día a día dun bateeiro

Imaxe
A televisión de Galicia emitiu hai uns días este vídeo no que amosa escenas cotiás do traballo na batea. Ramón Dios, presidente do Consello Regulador do Mexillón , quéixase do pouco valorado que está o molusco.

A liana

Imaxe
Liana detrás do Santo, hai uns anos Quedará algunha liana agochada polos montes da Illa?. Dos xogos populares propios dos homes (aínda que nunca faltaron rapazas que probaran), a liana é quizais o máis aventureiro e arriscado. Consiste en pendurarse dunha corda, previamente amarrada a unha árbore, ao estilo Tarzán e balancearse dun lado a outro aproveitando o impulso. Practícase en terreos con desnivel e a caída adoita ser sobre toxos, para darlle máis emoción ;-)