A televisión de Galicia emitiu hai uns días este vídeo no que amosa escenas cotiás do traballo na batea. Ramón Dios, presidente do Consello Regulador do Mexillón, quéixase do pouco valorado que está o molusco.
Os problemas do sector estan ahi. Un claro exemplo o reportaxe. Mexillon de 31 pezas a 0.70 € e vou eu e creo. Primeiro a verdad por diante despois arreglemos esto desde a unión non dende a propaganda.
Que suerte tendes a verdade de estar nesa Asociacion, o muelle sempre cheo de barcos a descargar e o prezo mais caro do mercado. Enhoraboa por seres tan listos. Eu hai un ano que non vendo mexillon a 0.70 centimos de euro.
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción] O BNG da Illa de Arousa, a través do seu alcaldable Carlos Otero, vén de comunicar nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Vilagarcía de Arousa que apoiará a investidura do candidato socialista Manuel Vázquez, "para evitar un goberno do PP no noso Concello". "Estamos convencidos de que a decisión adoptada é a mellor para o traballo diario do BNG e, por suposto, a mellor para a Illa", sinalou Otero, que estivo acompañado no acto de Xoan Allegue, responsable comarcal do BNG. Carlos Otero tamén aproveitou para agradecerlles aos arousáns "o enorme apoio recibido" e reiterou o seu "compromiso de traballar todos os días para devolverlles aos veciños esa confianza en conseguir servizos que redunden na mellora da súa calidade de vida". A partir de agora, ábrese un período de negociacións entre o grupo socialista e a formación nacionalista arousá, xa que, segundo explicou Otero, a decisión foi tomada pola asemblea local do Bloque, sen ...
[Redacción. 07/07/09 ] Este espazo, aberto á participación de todos os interesados, pretende recompilar e inventariar os alcumes de tradición familiar que se usan na Arousa. Quedan descartados, polo tanto, os sobrenomes particulares de persoas, moi abundantes na Arousa, por certo, que non se transmiten en herdanza. De ser posible, indicarase a orixe do alcume. Poden deixar as súas propostas a través dos comentarios.
Os problemas do sector estan ahi. Un claro exemplo o reportaxe. Mexillon de 31 pezas a 0.70 € e vou eu e creo.
ResponderEliminarPrimeiro a verdad por diante despois arreglemos esto desde a unión non dende a propaganda.
Que suerte tendes a verdade de estar nesa Asociacion, o muelle sempre cheo de barcos a descargar e o prezo mais caro do mercado. Enhoraboa por seres tan listos. Eu hai un ano que non vendo mexillon a 0.70 centimos de euro.
ResponderEliminar