[Redacción] A Casa do Concello acolle o vindeiro 13 de xaneiro, ás 20 horas, o primeiro pleno do ano. Será unha sesión na que predominen os temas económicos, xa que na orde do día figuran a aprobación dos orzamentos para o 2011, do propio Concello, e da Fundación Deportiva Municipal. Os tres partidos con representación na cámara municipal de seguro que non estarán sos nesta convocatoria; os plenos da Arousa adoitan contar coa presenza dun grupo fiel de veciños, que gusta de seguir en directo o debate político.
Buscar neste blog
10 de xan. de 2011
O primeiro pleno do ano
[Redacción] A Casa do Concello acolle o vindeiro 13 de xaneiro, ás 20 horas, o primeiro pleno do ano. Será unha sesión na que predominen os temas económicos, xa que na orde do día figuran a aprobación dos orzamentos para o 2011, do propio Concello, e da Fundación Deportiva Municipal. Os tres partidos con representación na cámara municipal de seguro que non estarán sos nesta convocatoria; os plenos da Arousa adoitan contar coa presenza dun grupo fiel de veciños, que gusta de seguir en directo o debate político.
San Xulián non se mollou
O 7 de xaneiro é tradición ir de viños
[Susi Rial] Anunciábase un día de chuvias e treboadas, pero finalmente, a mesma climatoloxía honrou ó noso patrón coma se dun arousán máis se tratara, e no momento da procesión, San Xulián puido percorrer as rúas da Illa sen maiores incidencias. No que respecta á troula, tamén puido levarse a cabo sen maiores complicacións, aínda que o día invitaba a permanecer dentro dos bares, máis que no camiño. A excepción daqueles, iso si, que saían á porta a fumar. E iso que os bares foron xenerosos e permisivos cos fumadores ante a nova lei antitabaco. No ámbito masculino, coma sempre, un 10. Por esa elegancia que tanto reparo dá lucir outras veces, e que os homes pasean con tanto orgullo en San Xulián. E no ámbito feminino, outro tanto. Cada vez máis, o día do Patrón é unha festa de exaltación da beleza arousá, sendo máis importante a indumentaria dese día que a da propia noite de Fin de Ano. A festa prolongouse ata altas horas da madrugada, ata que amenceu un novo día e a chuvia regresou. Coa entrada da nova semana, na Illa comézase a pensar nos bos propósitos para o ano novo: comer san, facer deporte, aprender inglés... e moitas outras cousas igualmente aburridas. Pero... que nos quiten o bailado!
7 de xan. de 2011
Lembrando o Patrón de antes
Un bolo de pan de ovos feito na casa
[María García] O recordo que teño das festas do Patrón de antes está envolto nun inequívoco cheiro a pan de ovos, doce típico destas datas na illa. O pan facíase na casa, cada un amasaba o seu, pero logo, o que non tiña forno -forno de leña-, ía cocer á casa dalgún veciño que o tiña. Así, era normal que se xuntaran varias familias para cocer o pan de ovos no forno a noite de Reis.
Eran tres días de festa, os tres ben importantes. Existía o costume de invitar a comer ás amizades de fóra que tiña cada un. O día de San Xulián, mentres as mulleres cociñaban para os da casa e mais os invitados, os homes ataviados coas súas mellores galas, saían a tomar os viños e formaban cantareas nas tabernas. Chegaban tarde para comer, pero chegaban e comíase en familia; mesmo nalgunhas casas tamén había cantarea despois de comer. E pola noite, todos ó baile para honrar ó Patrón.
4 de xan. de 2011
O balance anual do Rexistro Civil
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do Rexistro Civil da Illa de Arousa
[Redacción] A Arousa mantén un crecemento de poboación positivo, unha vez pechados os datos do Rexistro Civil correspondentes a 2010. O ano pasado naceron na insua 23 nenas e 20 nenos, o que supuxo un total de 43 novos habitantes, fronte ás 19 defuncións contabilizadas no mesmo período. Aínda así, o número de nacementos foi lixeiramente inferior á media anual dende 1997, situada en 49 nacementos. Por outra banda, o ano pasado casaron na illa 17 parellas, 11 delas optaron polo matrimonio pola Igrexa, e outras seis, polo civil. O número de vodas tamén semella que vai á baixa, posto que a cifra media dos últimos anos é de 24.
As máis comentadas do 2010
[Redacción] Aquí teñen o top ten das entradas máis comentadas o pasado ano. Sen dúbida, a sorpresa no ránking é a información sobre a pérgola, que suscitou un longo fío de debate. Certo é que o titular da información non é necesariamente indicativo dos temas que logo acabaron abordando os comentaristas.
1 Chaves acusa publicamente ao Concello de corrupción 70 comentarios
3 A pérgola que nunca deu sombra 60 comentarios
4 Os usos efémeros da nova estrada do Chufre 58 comentarios
5 Informe do Consello de Contas: os ingresos da Arousa 56 comentarios
6 As famosas letras dos M.D.A. 35 comentarios
7 Arquitectura de vangarda da Illa de Arousa 28 comentarios
8 Noitebús, máis ca un medio de transporte 25 comentarios
9 Un ano do proxecto Talasonimia 23 comentarios
10 Habemus fonte 23 comentarios
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)