12.11.10

Informe do Consello de Contas: os ingresos da Arousa



[Manuel Suárez Nieto] O Consello de Contas de Galiza é o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. O pasado mes de xuño elevou ao Parlamento o último informe, referido ao exercicio 2007. Na Galiza hai 198 concellos con menos de 5.000 habitantes, entre eles, o noso, que rexistrou uns ingresos superiores á media do seu grupo. O informe tamén inclúe a fiscalización das contas das confrarías, corporacións de dereito público dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar. 

A media dos ingresos por habitante dos concellos de menos de 5.000 persoas foi no ano 2007 de 788 euros, lonxe dos 1.215 euros por habitante da media española. Non obstante, o Concello da Arousa ingresou nese exercicio 1.544 euros por habitante, debido fundamentalmente ás transferencias e subvencións que, se por exemplo no 2005 foran de 311 euros, no 2007 foron 1.287 €. Fomos o cuarto concello deste grupo que máis transferencias e subvencións por habitante recibiu.

Hai dados do exercicio cando menos curiosos, como a tardanza do Concello en cumprir cos seus deberes. O informe da comisión de contas do Concello emitiuse con posterioridade ao prazo legal establecido (1 de xuño do ano seguinte), a aprobación da conta xeral polo pleno efectuouse fóra do prazo establecido (1 de outubro do ano seguinte), e a entrada no Consello de Contas non se rendeu con anterioridade ao 31 de decembro do ano seguinte ao do exercicio. Así, tódolos anos ata hoxe, salvo no 2005.

Por outra banda, o Concello tardou 43 días en cobrar e 245 días en pagar. Como dereitos pendentes de cobramento figuran máis de 6 millóns de euros, e como de dubidoso cobramento, cero.

Do informe de Contas tamén se deduce que as confrarías son entidades fortemente subvencionadas, e que sen as axudas da administración non serían viábeis, polo menos tal e como funcionan na actualidade.

56 comentarios :

José Luís do Pico Orjais dixo

Grande, Manuel, a tua achega a esta página. Uma pergunta: Na Voz de hoje disse que a Arousa está a 9 habitantes de conseguir dois vereadores mais na câmara municipal. Segundo a correlação de forças políticas na Arousa, a quem crês que convêm mais este incremento? Achas que pode haver interesses contrários no PSOE e no PP? A minoria do BNG, quiçá decisiva em maio, sai ganhando ou perdendo? Abraços.

manu suárez dixo

Grazas Pepinho. As preguntas que fas non son fáciles. O incremento acho que nos convén fundamentalmente aos veciños, o cambio de categoría implica unha maior participación nos fondos do estado, polo tanto maiores ingresos, ademais de que moitos plans de infraestruturas e servizos que se fan van destinados a concellos de máis de 5000 habitantes. Cando se fala da singularidade no trato ao noso concello, todo o mundo está a pensar na lei de costas, pero a verdade é que tería moitos máis campos. O territorio é unha realidade que debe condicionar a actuación sobre o mesmo. Igual non ten sentido aumentar sen máis o número de persoas que viven na Arousa, e non por elo os veciños teñen que renunciar a certos servizos. Este é o verdadeiro aspecto da singularidade, e non a picaresca para saltarse a lei de costas.

Volvendo ao tema electoral, se pensamos que o cambio de categoría, e polo tanto de concelleiros de 11 a 13, se produce practicamente sen variacións significativas no padrón, estamos a falar dunha ducia de persoas, os cambios políticos no concello dependerían fundamentalmente das variábeis políticas que se veñen dando ata hoxe. Cos datos das pasadas eleccións na man, o psoe pasaría de 6 a 7 conservando a maioría absoluta, o pp pasaría de 4 a 5 e o bloque ficaría con 1. Nas pasadas eleccións sería suficiente que cinco votantes do psoe votasen ao pp para que o psoe perdese a maioría absoluta, no novo escenario terían que mudar o seu voto 8 persoas. Nunha situación tan axustadas, quen se atreve a dicir cal foi o factor decisivo?, pois seguramente todos. Por outro lado, non debemos esquecer que este foi o escenario das pasadas eleccións, fai catro anos, o que vai ocorrer dentro duns meses vaise producir nun escenario diferente. Non sei se os partidos teñen xa nas mans estudos actuais, non me estrañaría, aínda que economicamente as cousas non andan ben. Sinceramente, creo que é unha cortina de fume, non vin iniciativa algunha por parte do pp durante todo este tempo para fomentar o empadroamento.

Saúde.

José Luís do Pico Orjais dixo

Obrigado. Acho que a tua análise, como sempre, e muito acertada. Eu creio que os votos psoe-pp, são na Arousa quase atávicos, assim que é provável que de haver mais dois vereadores, seja um para cada. Abraços.

Anónimo dixo

Coño, agora correspóndelle ó PP ter iniciativas para fomentar o empadroamento!

Anónimo dixo

Casi prefiero ser menos de cinco mil para non ter dous concejales mais a chupar do bote sen dar pancada.

Anónimo dixo

O do comentario 5 ten toda a razón, xa chejan os que están a chupar o que rouban ó pobo

Anónimo dixo

Neste pais deberia haber unha reestructuración do mapa municipal. Sobre todo fusiónar pequenos concellos, para reducir custos. Porque senon o cidadan de a pe ten que pagar megaestructuras administrativo-caciquis desmesuradas. As listas do paro cheas de rapaces con estudios, e cualificacións elevadas, e ver que os vos chollos son pos amigos dos politicos. Como vamos a ter unha sociedade puxante senon valoramos o traballador, o valido, o emprendedor fronte o pasotismo da administración publica. Con esto non digo que todos os funcionarios sean uns ineptos pero realmente non se lle esixe, e sobran a metade deles. E o sistema de contratación nos axuntamentos, esta viciado, e arbitrario e surrealista. Asi nos vai.

manu suárez dixo

Puro topicaso. As empresas privadas si que son eficientes, colocando aos fillos nos consellos de administración e arruinándose na seguinte xeración. Con isto tampouco estou a defender as posibles corruptelas que haxa na contratación de persoal, en calquera caso sometidas aos principios de mérito e capacidade, e se non é así, podes denuncialo. A técnica do ventilador non é boa cousa. Debemos ser un pouco máis reflexivos para non caer nalgunha trampa que nos van poñendo polo camiño. Vou dar algún dado, por exemplo a porcentaxe da poboación adulta que traballa no sector público:

ESPAÑA 9.69%
SUECIA 23.8%

Ou o dado da poboación empresaria (incluído autónomos):

ESPAÑA 10.62%
SUECIA 7.69%

Igual o elevado desemprego de España cando hai crise ten que ver con isto...

Recoméndovos o libro de Vicenç Navarro "El subdesarrollo social de España. Causas y Consecuencias"

Na rede atoparedes multitude de artigos seus, incluso vídeos no Youtube.

Anónimo dixo

Poñer esa porcentaxe descontextualizada, sin explicar a estructura fiscal e económica dos dous países, é demagoxia barata, e o sabes perfectamente.
Co sistema que temos aquí o número de empregados públicos e totalmente desporporcionado, sobran moitos, e eso o entende calquera.
Deixa de comparar peras con mazás, por favor.

Anónimo dixo

"en calquera caso sometidas aos principios de mérito e capacidade"
Sobre todo na Arousa, donde o mérito principal é ter amigos (ou proxenitores) no concello.

Anónimo dixo

No resto de Europa, o funcionariado é maior, pero non goza de tantos privilexios e, ó mesmo tempo, funciona mellor. A proba é que en Europa ninguén quere ser funcionario, porque se gaña máis en calquera empresa privada. Aquí, en cambio, matámonos por ser funcionarios. Claro, así nos vai.

Anónimo dixo

Manuel Suárez por favor crees o que dis. Que a empresa privada non é eficiente. En España pasou algo moi claro todalas empresas publicas daban perdidas o estado, incluso a Telefonica en situación de monopolio, eso si con grandes xestores a fronte. Por outro lado si eu arruino a empresa de meu pai, que non e o caso, arruino algo que e meu. O problema e que o Axuntamento non e do alcalde, nin dos concelleiros, senon e de todo o pobo. E cando este alcade se vaia, as contratacións que se fixeron a dedo seguiremolas pagando todos os contribuintes. Comparar a España con Suecia e coma comparar pulpos con mazas. Un pais con moitos menos habitantes,case pleno emprego, unha sociedade totalmente distinta, outro tipo de mentalidade, un nivel de renda per capita elevado, con uns impostos altos etc etc etc, como che din por ahi e demagoxía barata.
Un concurso a oposición, e unha estratexía para entregar as plazas publicas os amigos de. A metade da nota por puntos e cursos que xa ten feito o suxeto, e a outra metade cun exame, que evalua un tribunal, cheo de amigos. Hasta facendo mal o exame aprobo, porque o fago a lapis e mo corrixe a boli o meu amiguito do tribunal.
E disme que si estou en contra que o denuncie, o que terian que dicir e que a xente non perda o tempo estudando porque a plaza xa esta dada. Sigoche dicindo que tanto se estan creando megaestructuras administrativas, e burrocracia a montes, perdon burocracia escesiva. E si estas tan dacordo con entes publicos, coa empresa publica, poñoche un exemplo que tamen esta na historia e nos libros, mira cas tuas teorias como se vivia na RDA, e como na RFA. Unha so tiña o de democratica no nome, eso si moita empresa publica que ningun fillo pudo arruinar.

manu suárez dixo

Cando deades algún dado, debatemos. Cando sobran empregados públicos, a que nos referimos, a médicos?, xuíces?, profesores?... Na cola da UE-15. En Europa ninguén quer ser funcionario, por iso hai máis funcionarios que en España, lóxico. Privilexios ou dereitos, a garderías públicas, a compatibilizar a vida familiar coa laboral, á promoción profesional... Menos vísceras e máis dados por favor.

España tiña un PIB por habitante (2006) que era
o 93% do PIB por habitante promedio de la UE-
15. Sen embargo, o seu gasto público social por
habitante (2006) era só o 71% do promedio da UE-15. Hoxe a distancia é bastante menor, e non creo que sexa eu defensor de ninguén. Eses son os dados, se queredes falamos a partir de aí, senón, pois non pasa nada, cada quen é libre de opinar.

Saúde.

Anónimo dixo

Por desgraza, non teño tanto tempo libre como para poñerme a buscar dados, pero existe unha realidade, e é que en Europa, un funcionario, igual que calquera traballador, se non rinde o adecuado, perde o seu traballo. Aquí ser funcionario implica ter un horario de 9 a 14 horas, cando no resto de Europa, se traballa mañá e tarde. Cando se di sobran a metade dos funcionarios, dicímolo porque, literalmente, son moitos os empregados da xunta (por poñer un exemplo), que levan unha oficina de non sei qué, olvidada. E cando chegas alí a informarte de algo, o tipo mírate con cara de susto. Non están acostumados a traballas, porque contestar un teléfono e estar sentado non é un traballo. En fin, son tantos os casos... pero non vou a vir eu agora a descubrir américa. O que sí que semella descubrir américa é manu, porque eses "mundos de yupi", non che sabía eu que existían.

manu suárez dixo

Vólveste confundir, resulta que en Europa trabállanse bastantes menos horas que aquí. É certo que moitas veces se xestionan mal os recursos, eu non dixen o contrario, por exemplo os 30 porteiros que ten a Deputación de Ourense. Por certo, cada quen adica o tempo ao que quere ou pode, non creo que iso sexa criticábel nin lle teña porque interesar a ninguén.

Anónimo dixo

Manuel por favor eu son o do comentario 12 e dinche un dato obxectivo que non che interesa contestar. RDA-RFA quen progresou mais o do emprego publico ou o da empresa privada. Cando xestionas cartos que son de todos faise mal, porque non doen. Exemplos en España, de empresas publicas que daban perdas a montes coma Telefonica, Iberia, os Asteleiros (roubos de electrodos, patentes,etc etc). Todas esas empresas o privatizarse e liberalizarse o mercado, redundaron en mellores prezos para os consumidores, e deixaron de ser un deficit po Estado. ¿canto valia un billete de avion nos anos 80? o tripe ou cuadrupe que agora. Nos mundos de Yupi como che di un compañeiro, si e todo moi bonito idealizado, no mundo real o funcionariado e un lacra para o pais, ou non me falas de todos empregados a dedo creados na Illa, na Deputación, na Xunta, no Estado. Unha lacra.

Anónimo dixo

Hai maetros que só teñen unha hora de clase ó día. Nos tribunais hai xente examinando como Zoila á da Arousa, sobran as palabras. Do Sergas, qué dicir?, E iso o que coñecemos... Hai que lembrar que toda esa casa de p... non se mantén sola, senón que a sostemos nos, os traballadores. Despois, resulta que o funciona mal é a empresa privada. Pois se realmente funcionara tan mal, non se podería manter ese maravilloso emprego público.

ppdeailla dixo

"Nos tribunais hai xente examinando como Zoila á da Arousa, sobran as palabras". Esto é unha falsedade posto que os tribunais de selección solo poden estar compostos por funcionarios, non pode haber ningún representante político.
Por favor, non calumniar nin difamar a ninguén.

Anónimo dixo

Aqui contratan a quen lles da a jana, non sei pa que queren máis presupuesto si total nen sequera fomentan o emprego no pueblo eu tiven que empadronarme en un concello que tivese en conta aos seus propios habitantes antes que a os familiares e aos dos pobos veciños

Anónimo dixo

¿canta xente que participou nos obradoiros de emprego, desempeña hoxe traballos relacionados con ese aprendizaxe? Fomentar o amiguismo con soldos faciles durante un ano, pan para hoxe e fame para mañan.

Anónimo dixo

Joder que nivel, e logo o resto de obradoiros de emprego de galicia teñen mellores resultados. Xa estamos a xustificar as decisions da xunta de non dar cartos pa arousa. Alguns estan en campaña permanente. So e amiguismo cando é na arousa e no fai o pp non?. Despois si vos nombran aos vosos tendes que andar a pedir seriedade, pois a ver si empezamos por nós mesmos.

Anónimo dixo

¿elo cumpleu algunha función o obradoiro? Despilfarro puro e duro. Algunha das mulleres que foi o obradoiro traballa hoxe de albanel. Dadelle mil euros o mes durante un ano os amigos para que nos sigan votando.
PD: Si algun ten a tentación de saltarme coa visita do Papa, porque xa sei como sodes, que si que foi outro despilfarro estou dacordo.

Anónimo dixo

que maneira de enlordar compañeiro. elo se fose asi, onde estan as denuncias da oposición, dos sindicatos, dos afectados, ou a tua.

manu suárez dixo

Comentario 12 e 16, xa que o pides por favor, pois contesto. Resulta curioso como a actual crise froito das políticas neoliberais, desregularizadoras e privatizadoras, mantén o seu discurso e condiciona as políticas dos gobernos, a pesar de os dados aconsellar o contrario. Aqueles que dicían que o poder xa non estaba nos estados senón nas transnacionais e no capital, igual tiñan razón. Canto dano fan algúns medios, dos que se asume o discurso sen ningunha reflexión ou análise, por outro lado moi común en momentos complicados coma o actual no que o populismo ten o campo aboado, de aí o seu perigo.

Ben, despois desta parrafada, contéstoche de verdade. Poderíache poñer exemplos de países capitalistas arruinados, pero en fin, o tema é moito máis complexo. Só che vou poñer un cadro da rendabilidade das empresas públicas antes da súa privatización, por non chamarlle o que foi, un verdadeiro espolio. Non daban "perdas a montes". Quen nolas dera hoxe...

taxa de rendibilidade (Beneficios antes de impostos / Recursos propios)%
Repsol Endesa Argentaria Telefónica
1987 21,2 -16
1988 27,5 17,5
1989 -24, 19,6
1990 27,8 21,4
1991 28,1 -25,0 - 17,0 10,3
1992 24,4 24,8 19,3 7,2
1993 23,2 24,1 -20,0 8,9
1994 26,5 23,9 17,7 12,3
1995 28,7 23,4 15,3 15,5
1996 22,2 30,8 7,5 18,5
1997 13,4

O tema é moito máis complexo, pero penso que isto é suficiente cando menos para reflexionar.

PS Como me temía, non consigo que a táboa se vexa ben, pero penso que é fácil de interpretar, arriba están as catro empresas (Repsol, Endesa, Argentaria e Telefónica) e debaixo os anos e a continuación os resultados, primeira cifra corresponde a Repsol a segunda a Endesa e así ata o final.

Igual vos interesa este artigo de Joaquim Vergés, catedrático de economía financeira da UAB:

http://webs2002.uab.es/jmasson/informacion/Eficiencia-Productiva5.pdf

Saúde.

Anónimo dixo

Ti ponme exemplo de paises capitalistas arruinados, eu poñochos de paises mal chamados "socialistas-comunistas" onde non hai eleccións hai cincuenta anos, teñen cartilla de racionamiento, vas a carcel si non pensas coma eles, cerran medios de comunicación non afins, etc
Casi prefiero vivir en Irlanda que en Cuba ou en Grecia que en Corea do Norte, ou en España antes que en Venezuela.

Que lle saliria o concello da Illa mais barato, ter cinco albañiles en plantilla para facer reformas ou contratar unha empresa do pueblo, ainda que seria Sercoysa, que arreglara unha acera cando fai falta, ou pintara a escola de pau por enriba do limo o dia antes das eleccións. Mais rápido eficiente e barato. O funcionariado desmesurado, e a empresa publica e unha lacra para un pais.

manu suárez dixo

Claro que si, rápido, eficiente e barato, coma as empresas de Díaz Ferrán. Pois nada, a traballar máis e a cobrar menos.

Xa falando en serio, a privatización ou externalización dos servizos non é garantía de mellor servizo nin de máis barato. Por exemplo os hospitais de Esperanza Aguirre, e si queres os dados pois búscalos ti. Total para o caso que lle fas...

Saúde.

Anónimo dixo

Moito falar do goberno de Esperanza Aguirre, debe de ser que o Manuel Suárez visita moito Madríd para falar. Eu teño familia en Madrid e pódeche contestar que están bastante contentos tendo en conta que é unha comunidade receptora de moita inmigración e maltratada polos socialistas (claro, de esto non debes de ter estadísticas). Listas de espera eineficiencia na xestión tamén a hai en Catalonia e Andasulía ou Extremadura, digan o que digan as cifras.


Unha pregunta, de quen ves sendo?

Anónimo dixo

POLÍTICAS SOCIALISTAS PARA SAIR DA CRISE ADMIRADAS POR MANUEL SUAREZ:
1. 2 plans E.....despilfarro
2. Deducción dos 400 €...despilfarro
3. Recorte no soldo dos funcionarios
4. Conxelación das pensións.
5. Reforma laboral con baixa indemnización por despido (e nulos efectos ata o de agora).
6. Impiden inicialmente endebedarse aos concellos e logo dan marcha atrás.
7. Subida de impostos: IVA, IRPF...
8. Recorte de prestacións sociais: CHEQUE BEBÉ.
9. Recorte nas transferencias ás CCAA en materia de DEPENDENCIA.
10. Cálculo chapuceiro dos orzamentos que obliga ás CCAA a devolver cartos: GALICIA 2500 millóns de €.

Pois sí, quen goberna é o PSOE, non os malvados neoliberais.

Anónimo dixo

para o do comentario nº28 , teño dous fillos , de un non cobrei o cheque bebe e gobernaba o PP e españa "iba ben" , para criticar os recortes sociais , antes hay que se favorables a eles....

tes moi ben aprendido o Credo pepero, sigue asi , dentro de nada non teras nin personalidade.

Anónimo dixo

Eu penso que o do cheque bebe que estades a comentar ten un lectura moi clara. O goberno de Zp foi o que creou esa axuda para fomentar a natalidade ou mais ben para axudar os novos pais. Eu creo que foi unha boa iniciativa, pero que deberia reservarse para as rentas medias e baixas e que non fose universal como foi. O problema deste goberno como en outros temas e a falta de previsión, porque dar algo para logo ter que quitalo o pouco porque estas arruinado, non fala moi ben dun. E como eso podemos falar dos 400 euros, das transferencias e promesas a algunhas comunidades autonomas, que crean unha sensacion de improvisación que non e positiva. Hai uns meses o Ministerio de Industria dou axudas para a compra de automoviles, para relanzar a industria o pouco acabanse as axudas e sube o IVE, esto e o problema. Non hai un plan estrategico a medio e longo plazo senon mais ben parches para ir saindo do paso.

Anónimo dixo

E as axudas pola compra de coches computan no IRPF como ganancia, polo que hai que tributar por elas. Lo comido por lo servido. Estes socialistas lévannos como cun pau e unha zanahoria.

Anónimo dixo

Manu outro exemplo da xestion publica. Como Telecinco e Antena 3 teñen beneficios e as televisións publicas teñen debedas multimillonarias. Por esa eficiencia da que ti me falas.

Anónimo dixo

Menos mal, menos mal, menos mal, que aquí goberna freijobeo e nos quitou a crise en 45 días. Grazas berto habichuela, aínda que xa non teñamos dereito ao cheque bebe ou bebé, quero un fillo teu.

manu suárez dixo

33

Para eficiencia a da banca, ou as axudas á industria automobilística, que pagamos todos, aínda que pareza que algúns o esquecen. Privatización dos beneficios e socialización das débedas. O outro ao fin é o déficit do que debería ser un servizo público, mal xestionado, por suposto, non o pon en dúbida ninguén. O que digo é que a súa reforma non ten que pasar necesariamente pola privatización, que é o que están a defender algúns para sacar tallada. Se engadimos as pensións, a sanidade e a educación, témola ecuación do ataque frontal ao estado de benestar e ao seu desmantelamento, do que están a tirar proveito precisamente os causantes da crise.

Saúde.

Anónimo dixo

manu, sinceramente crees que por moito que te mates a debater non e como comulgar con rodas de muiño, non caes na conta de que non fan mais que falar mal de todo , da crisi, da supresion do cheque bebe, e nin conta se dan de que toda esta que esta caindo orxinarona eles coa sua "liberalizacion do suelo" , os mercados han de ser liberais ,etc,etc.
Son como un amplificador, leen e escoitan os seus medios e de ahi non hay quen os saque....

saudos

manu suárez dixo

Poñemos algo de música...

"Sobre todo creo que... no todo está perdido."

http://www.youtube.com/watch?v=yA4bHCozULU

Anónimo dixo

E dalle coa privatización. O único que se externaliza son servizos coma o de catering, cafetería, lavandería ou parking. O mesmo que se fai nas CCAA socialistas, algo que todos sabemos e algúns hipócritas calan. Claro que ao mellor preferían camareros-funcionarios.
Que eu sepa, nin en Madrid nin en Valencia se cobra por ir ao médico. O único que sei é que fai uns meses se sacou o globo sonda por part do Jobierno despaña de introducir o copago na sanidade.
En China e Cuba tamén se socializa, a miseria, para o 99.9 % da poboación. O resto, a vivir de rentas. O paradigma de empobrecemento dun país téndelo ahora en Venezuela.

Anónimo dixo

Esclarecendo as ideias:

http://www.youtube.com/watch?v=Q8lEuSirXXs&feature=fvst

Saude que non falte

manu suárez dixo

Efectivamente, privatizando os servizos rendíbeis parasitando o sistema. 36, o troll este é a excepción que confirma a regra.

manu suárez dixo

Sóanche os hospitais de Povisa (Vigo), Valdemoro (Madrid) ou Alzira, Torrevieja e Denia (Valencia). Os tres son privados e os respectivos servizos autonómicos de saúde teñen concertado con eles a prestación de especialidades médicas fundamentalmente.

Anónimo dixo

Sí, privados co PP e co Bipartito. Pero repito, a ti e a ninguén nunca lles cobraron cando tiveron que asistir a consultas ou a intervencións.
Algo máis?
PD: Estimado Manu, eu aprecio a túa boa vontade pero, polo que estou vendo, limítaste a reproducir as ideas básicas do credo socialista ou, no seu defecto, do pensamento de esquerdas. Vexo en ti moita crítica pero poucas ideas alternativas. Claro que, si os que dirixen o país non as teñen, tampouco hai que esixirche a ti que as amoses.

manu suárez dixo

Pois iso, para a próxima empezamos así e aforrámonos moito do dito, que seguro que están ata alí de nós...

Saúde.

PS. A ver se de agora en diante podemos opinar sen tanto prexuízo e quitar algo en claro. Ao fin é no interese de todos. Xa ten guasa que me digas que reproduzo o credo socialista, pero iso deixámolo para outro día.

Anónimo dixo

jajaja, este ultimo 42 polo menos fixome reir , quen foi a falar de falta de ideas (que seguro que as tendes pero calades como putas) , cal e o voso ideario, botar a un millon de funcionarios?? , volver a regalar empresas estatais aos colegas?? ou quizas eliminar as prestacions sociais .....


todavia se esta esperando que o "voso lider" diga algo , el esta a velas vir, nin fala nin cala, esperando a que o seu enemigo se derrumbe el solo, e iso que lle importa tanto españa, a sua union e a constitucion(que vos non votastedes).

saudos , sigo creendo o das rodas do muiño....

manu suárez dixo

A fin de semana pasada o nacional e o peñarol empataron a ceros... Eu, que non son moi futboleiro, vou co peñarol.

Que teñades un bo día.

http://www.youtube.com/watch?v=HxYDJPVKswI

Anónimo dixo

E mellor roubalas como Rumasa. Que te atrapo leche!! Ide pidindo asilo politico en Cubo que seique ali se vive de puta madre.

Anónimo dixo

Acabo de pasar 20 minutos en leer os 46 comentarios. A verdade e que me sorprende o nivel dos comentaristas. Claro que hai algúns que mellor calados. Felicitar a Manuel por que non fala por falar, sinón que aporta datos cousa que lle faltan a outros. A min gustaríame aclarar alguns comentarios.
1.- Por exemplo os funcionarios traballan de 8 a 15 horas non de 9 a 14
2.- No concello de A Illa non hai empregados a dedo. Todos pasan unhas probas de un tribunal composto por 5 funcionarios, non por políticos que, por Lei non poden estar nos tribunais.
3.- Os concelleiros da Illa cobran 90 euros por pleno, qu se celebra cada 2 meses. Penso que non se fan ricos.
4.- Hai un comentario qu dí " os do concello ,mantémolos os traballadores. Gustaríame saber canto pagou de impostos ese "traballador"
Nada mais.- Pensade antes de escribir.

Anónimo dixo

Dicir que no concello da Illa non hai empregados a dedo xa che delata. Este non e o sitio para dar nomes pero coñecemolos todos. Non crees ti nin o que estas dicindo. Nos concursos a oposición entran sempre a xente que quere quen goberna, non a persoa mais preparada. Felicitas a Manuel e dis que aporta datos, outra xente fala de cousas moi contrastadas como a eficiencia do sector publico nos paises comunistas, ou exemplos no noso pais como as deficitarias televisións publicas, ou outros exemplos de ineficiencia productiva por parte dos entes publicos.
En canto o dos impostos e de risa,elo quen paga os impostos mais que os traballadores, o IBI, o Irpf, os impostos indirectos, tasas portos, de ingeniero, imposto de rodaje, etc etc etc . Elo quen manten a ese monte de parasitos. Pensade antes de escribir burradas.

Anónimo dixo

Despois da ciencia ter demostrado que os comunistas non levan corno nin rabo, hoxe, aos cativos, asústalles máis a nena do exorcista. Por certo, non é concurso a oposición, iso é outra cousa, é concurso-oposición.

Anónimo dixo

Ok non interesa falar do tema, e como non hai mellor cego que o que non quere ver e mellor deixalo hai.

Anónimo dixo

Para os que falan da crise como se fose consecuencia de "políticas socialistas", hai outras visións distintas. O portal financeiro Bloomberg di que Rodrigo Rato é o culpable da crise española:
http://www.xornal.com/artigo/2010/12/02/economia/bloomberg-acusa-rodrigo-rato-crisis-actual-vive-espana/2010120222064701177.html

Anónimo dixo

Pois claro que son consecuencia das políticas socialistas!

Anónimo dixo

Vaia chorrada de artigo, desde que Rato deixou de ser ministro ata que se desencadeou a crise choveu dabondo, cas negacións e ocultación da crise por parte socialista de por medio.
Sobre a débeda de Cajamadríd, algo terían que ver os que xestionaron a entidade nas épocas do boom inmobiliario pois a chegada de Rato é recente.
En fin, sin palabras, creo que o Xornal segue as trazas de Vieiros e A Nosa Terra..., tempo ó tempo.

Anónimo dixo

Este anónimo 53 alucina. Xornal cita o artigo orixinal de Bloomberg. Por algún de vós claro que nen existiría. Tamén lin en Xornal que Aznar animou aos constructores como fauna a proteger. Estes de Xornal chochean, a que si? E seguro que as políticas do ladrillo e en qué basearon a idea económica os do PP non tivo nada que ver coa forma que tomou a crise en España. Se cadra Aznar volve a presentarse, "que no le gusta que conduzcan por él". E con Rato de segundo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...